Foro- Ciudad.com

Centro Penitenciario de Lugo -monterroso - Lugo

Poblacion:
España > Lugo > Centro Penitenciario de Lugo -monterroso (Monterroso)
07-06-12 18:28 #10153706
Por:Iris Mateluna

Galicia convértese nunha das primeiras comunidades que regula as apostas deportivas
Galicia convértese nunha das primeiras comunidades que regula as apostas deportivas


noticiasgalicia.- O Consello da Xunta deu o visto e prace ao decreto polo que se aproba o regulamento de apostas na Comunidade Autónoma Galega, que garante a organización e comercialización desta actividade de xeito que se protexan os dereitos dos xogadores e a seguridade e transparencia do desenvolvemento das apostas na nosa Comunidade. O presente regulamento ten por obxecto a regulación das apostas realizadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia baseadas en actividades deportivas ou de competición, incluídas tamén as apostas hípicas.

O Goberno galego estima que coa implantación deste decreto Galicia acadará uns ingresos tributarios no primeiro ano de dous millóns de euros, cunha previsión de incremento de ata cinco millóns a medida que se vaia avanzando na súa implantación.

Este novo decreto regula a autorización, organización e explotación das apostas e a súa comercialización, calquera que sexa o medio ou o soporte. Tamén regula os lugares, locais e establecementos en que se practiquen apostas, así como os sistemas, materiais e instalacións utilizadas. Os establecementos en que se poderán formalizar apostas serán tendas específicas de apostas, espazos habilitados en casinos, bingos, salóns de xogo, recintos deportivos e locais de hostalaría. Por outra banda, as empresas que pretendan comercializar apostas deberán previamente inscribirse no Rexistro de Apostas de Galicia e obter a autorización para desenvolver a actividade. O decreto establece a creación do Rexistro de Apostas en que deberán inscribirse todas as empresas comercializadoras e organizadores desta actividade, así como o procedemento de inscrición, os distintos tipos de empresas que poderán intervir neste negocio e os requisitos que estas deben cumprir, ademais das autorizacións que poden obter. Nas tendas de apostas poderán instalarse un máximo de doce terminais, nos casinos, bingos e salas de xogo o número máximo de terminais que se poderán instalar será de cinco e nos establecementos de hostalaría só poderá haber un terminal de xogo.

As empresas de apostas que desexen obter unha autorización para operar en Galicia estarán obrigadas a abrir como mínimo unha tenda específica de apostas e outra por cada 100 máquinas de apostas que instalen en establecementos de hostalaría, e terán un máximo de 600 terminais.

O decreto tamén regula, entre outras cousas, a prohibición de apostar dos menores de idade, daqueles que voluntariamente o soliciten e das persoas con síntomas de embriaguez, ademais de establecer o réxime de prohibicións e incompatibilidades do persoal das empresas, dos dereitos das persoas usuarias, o control e a inspección da actividade de apostas e do réxime de infraccións e sancións.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Por otra parte, la Unión de Consumidores de Galicia Por: No Registrado 01-08-12 05:07
No Registrado
0
¿Qué ocurre si aún no se ha regularizado al empleado del hogar? Por: Iris Mateluna 29-06-12 07:36
Iris Mateluna
0
Pachi Vázquez exige el saneamiento de Novagalicia Banco con deuda pública Por: Iris Mateluna 22-06-12 18:21
Iris Mateluna
0
Inaugurada la Semana Verde de Galicia con 667 firmas expositoras Por: Iris Mateluna 16-06-12 07:11
Iris Mateluna
1
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:08/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com