16-06-12 07:11 | #10208700 -> 10204898 |
Por:Iris Mateluna ![]() ![]() | ![]() ![]() |
Ortigueira ultima os preparativos do certame máis multitudinario do verán galego Ortigueira ultima os preparativos do certame máis multitudinario do verán galego noticiasgalicia.- O alcalde de Ortigueira, Rafael Girón; José Cabanas, director de marketing de Estrella Galicia, principal empresa patrocinadora, e o coordinador do evento, Alberto Balboa, presentaron esta na Coruña XXVIII Festival Ortigueira, que se celebrará do 12 ao 15 de xullo. Apoiados por representantes doutras firmas colaboradoras, como o director de comunicación de Gadisa, debullaron as novidades do certame, que ofertará un total de 15 concertos e seguirá sendo totalmente gratuíto. Entre os cabezas de cartel, os poderosos Blazin´fiddles e Electric céilí e os animadísimos Jamie Smith¹s Mabón. Ortigueira ultima os preparativos do certame máis multitudinario do verán galego. A localidade disponse para a ³invasión² por parte das miles de persoas que se achegarán para gozar da mellor festa do país. Non en balde, o Festival do Mundo Celta está declarado Festa de Interese Turístico Internacional. Serán catro días de convivencia e música que multiplicarán por dez a poboación da vila mariñeira, de apenas 7.000 veciños, e converterán a Ortigueira nun espazo multicultural único. ESCENARIO ESTRELLA GALICIA En 2012, proponse tres noites de concertos e unha xornada de peche, co tradicional desfile que hermanará a gaiteiros do o noso país, Bretaña e Escocia. A programación artística apostará pola variedade, a inclusión de contidos exclusivos, debuts de exitosas bandas internacionais e o apoio aos grupos noveis, a través do "Proxecto Runas". Entre os grandes reclamos do cartel, Alberto Balboa subliñou a potencia dos escoceses Blazin' fiddles, que descargarán toda a súa furia nos violíns para levantar ao público do Escenario Estrella Galicia, o grupo irlandés Electric céilí e a aclamada mestura de world music e sones celtas de Jamie Smith¹s Mabon (Gales). Os tres estréanse no certame. Ademais, o coordinador destacou o espectáculo no que a Escola de gaitas de Ortigueira presentará aos folkies ³Ortigueira suite², obra de Ernesto Campos dedicada ao certame folk; a proposta mestiza dos galegos Crema de gaita e o virtuosismo do violinista Rua Macmillan. A oferta de lecer completarase con actividades paralelas como unha exposición sobre a gaita e as orixes do Festival, a tradicional feira de artesanía e a estrea do documental "defol XXI". ACAMPADA Aínda que as novidades non se esgotan no plano artístico. O alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, anunciou medidas para devolver un pouco de tranquilidade á zona de acampada libre, situada no impresionante piñeiral da praia de Morouzos. Neste sentido, e co ánimo de recuperar a maxia de outrora, confirmou que se dará a batalla ás polémicas carpas dance. AXUSTES Ademais, e como consecuencia da drástica redución do orzamento, que estará por baixo dos 400.000 euros, cifra semellante á manexada fai unha década e situada a anos luz das que manexan outros macrofestivales do estado, os buses gratuítos entre os principais puntos neurálxicos do Festival funcionarán exclusivamente nas horas punta de chegada de folkies. GRATUIDADE Este pequeno sacrificio permitirá, segundo apuntou Girón, garantir os principais servizos ao visitante e, por suposto, manter a gratuidade do evento. "Nun ano no que todo costa máis, o Festival de Ortigueira manterase, sen competencia, como a alternativa de lecer máis económica do verán", recalcou o rexedor. DESPREGAMENTO ORGANIZATIVO Cabe recordar que o desenvolvemento da cita folk esixe redobrar a dotación de aseos e duchas, activar amplos operativos de seguridade e limpeza, habilitar un parking vixiado de pago, zonas de restauración, puntos de información turísticaŠ Este esforzo, tal e como remarcou o mandatario local, sería imposible sen o apoio dos patrocinadores (Deputación da Coruña, Secretaría Xeral de Turismo, AGADIC, Ministerio de Cultura, Estrella Galicia, Begano e Gadisa), aos que Girón agradeceu a súa permanente colaboración. Non en balde, a celebración do evento ten un impacto directo na economía da comarca, sendo clave para a hostalería, o comercio local e o transporte, ademais de para a promoción turística do Ortegal. Finalmente, o alcalde recordou que gran parte do éxito do certame débese á hospitalidade dos veciños da localidade cos miles de mozos de todo o mundo, que cada ano "toman" o pobo, e animou a todos a participar nunha experiencia única. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Galicia seguirá atendiendo a inmigrantes irregulares que acrediten escasez de recursos Por: Iris Mateluna | 31-08-12 00:13 Iris Mateluna | 0 | |
Galicia tendrá un límite de deuda del 15,4% en 2013 y 2014 Por: No Registrado | 01-08-12 05:03 No Registrado | 0 | |
Pachi Vázquez exige el saneamiento de Novagalicia Banco con deuda pública Por: Iris Mateluna | 22-06-12 18:21 Iris Mateluna | 0 | |
Pachi Vázquez exige el saneamiento de Novagalicia Banco con deuda pública Por: Iris Mateluna | 07-06-12 00:37 Iris Mateluna | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |