Foro- Ciudad.com

A Ameixeira - Pontevedra

Poblacion:
España > Pontevedra > A Ameixeira (Crecente)
05-10-08 23:04 #1258958
Por:No Registrado
QUERES TRABALLAR 65 HS?
¿65 HORAS? ¡QUE TRABALLE O REI!
Algunhas Razóns para dicir NON

A semana laboral de 48 foi aprobada no 1917, despois de grandes loitas que custaron a morte de miles de traballadores e traballadoras

1: Porque pretenden facernos retroceder un século!

2: Se hai máis Paro, non se tería que repartir o traballo? 35 HORAS AGORA!!

3:Se imos ter que tratar individualmente cos “xefes” “en privado”, estamos aviados:
A Directiva das 65 horas promociona os acordos privados traballador-empresario, atacando unha das máis grandes conquistas dos traballadores: o dereito á representación e negociación colectiva.

4: Pensas que ao Sector público non lle vai afectar? O aumento de duración da xornada é un complemento necesario das políticas de privatización dos servizos públicos, que van da man da precarización das condicións laborais e a deterioración dos servizos.

5:Coa directiva das 65 horas a conciliación da vida laboral e familiar será imposible. Só imos ir á casa durmir?!.Con consecuencias especialmente graves para a muller traballadora.

6:A Directiva non é algo lonxano. Se se aproba o seu efecto será inmediato. Os empresarios poderán subcontratar persoal de países onde se aplique e o que é máis grave, ameazarannos con deslocalizar as empresas. Tamén haberá empresarios que poderán aplicala en España con axuda do Tribunal Europeo.

7. Porque pinta de negro o futuro da mocidade: A pretensión do capitalismo europeo é -se non o impedimos- ben clara: comezar polos países e sectores máis desprotexidos (como os precarios e precarias e as persoas inmigrantes) para acabar, ao cabo dun
tempo, xeneralizando a prolongación de xornada ás novas xeracións
A Directiva non é algo illado. É unha peza fundamental da ofensiva da Europa do capital. Vén da man da Directiva de retorno contra millóns de inmigrantes (a quen presenta como
culpables do desemprego), do plan Bolonia de privatización da universidade, da Directiva Bolkestein para liberalizar e privatizar os servizos públicos ou da permanente presión para alargar a idade de xubilación e recortar e privatizar as pensións públicas.
A Unión Europea mostrou o seu carácter de instrumento do capitalismo europeo e o destino que este nos depara. Neste sistema, os adiantos tecnolóxicos non serven para mellorar a vida da poboación senón para devolvernos ao peor pasado de explotación. Este sistema, para sobrevivir, necesita cargar sobre as nosas costas as calamidades da crise que eles mesmos provocan, despois de enriquecerse á nosa costa.

XOGAMONOS MOITO, FAI FALTA UNHA FOLGA XERAL EUROPEA DE 24 H..

Podemos parar esta ofensiva do Capital!
A xornada do 7 de outubro só ten sentido como preparación dunha folga
xeral de 24 horas antes de que o Parlamento europeo vote a Directiva
NON á EUROPA DO CAPITAL!
A CRISE CAPITALISTA, QUE A PAGUEN OS RICOS
comunistasdagaliza@gmail.com
Puntos:
15-02-09 20:40 #1784539 -> 1258958
Por:No Registrado
RE: QUERES TRABALLAR 65 HS? el cubanoo
vota partido popular pp
Puntos:
14-10-11 01:22 #8924068 -> 1258958
Por:No Registrado
Borrado por Foro-ciudad.com
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
EL CUBANO Por: No Registrado 28-09-08 15:00
No Registrado
0
REUNIONES PARA SOLAS y SOLOS en GALICIA ! Por: Atrevete en Galicia! 09-08-08 00:27
Atrevete en Galicia!
0
DENUNCIA DE LA ASOCIACION DEL PUEBLO GITANO ANTE DISCRIMINACION LABORAL Por: No Registrado 06-08-08 14:33
No Registrado
0
Att: Jóvenes Artistas Gallegos Por: No Registrado 26-11-07 12:01
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com