11-06-08 20:38 | #941330 |
Por:No Registrado | |
Foto: o forno Esta fotografía traeralle a moitos xirondinos que andan espallados polo mundo fóra, recordos doutros tempos moito máis difíciles, cando roían a bica quente a caron do tendal do forno. A casa do forno é un símbolo que forma parte da nosa Historia, era a casa de todos, era o braseiro público e a súa porta sempre estaba aberta. Era a fábrica do pan onde se cocía día e noite sen apenas folgar, a masa feita coa fariña de centeo para alimentar a numerosa poboación en tempos de miseria e razonamento. Ó forno ían parar todos os pobres que chegaban á vila procedentes doutros lares moito máis míseros en busca de refuxio, alí durmían quentes e sempre había xente caritativa que lle daba un anaco de pan para sacia-la fame. A carón da borralleira do forno xuntábanse os homes nas noites dos frios invernos, para quenta-las canelas e espreita-las derradeiras noticias. Alí podíanse escoita-las historias máis arrepiantes e as aventuras máis sorprendentes dos emigrantes que voltaran da América e dos soldados que estiveran na guerra, era o punto da información máis quente, e nunca mellor dito. Xa o dicía o refran: "Quen queira sabe-las cousas, pase pola forxa do ferreiro, escoite os contos do forno, e vaia polo fiadeiro." Un xirondino. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Foto: Festa do Carmen Por: No Registrado | 04-07-12 21:14 xirondesa1 | 4 | |
Foto: na xironda, que alguen diga onde é! Por: No Registrado | 25-01-09 16:37 No Registrado | 0 | |
Foto: unha xoia histórica Por: No Registrado | 14-12-08 21:32 No Registrado | 0 | |
Foto: unha xoia histórica Por: No Registrado | 09-05-08 15:34 No Registrado | 1 |
![]() | ![]() | ![]() |