Foro- Ciudad.com

San Martín de Trevejo - Caceres

Poblacion:
España > Caceres > San Martín de Trevejo
25-04-06 18:57 #217843
Por:jl

O que pensan os galegus.
A vicepresidencia pide a Ibarra educación cos galegos e respecto para o galego

Relacións Institucionais considera que o presidente estremeño lle debe unha desculpa ao Goberno galego e se dirixirá por carta para solicitarlla

Santiago, 23 de abril de 2006.- Vicepresidencia lamentou hoxe profundamente o ton despreciativo e carente do esixible sentido institucional da Junta de Estremadura, polas súas valoracións sobre a lingua galega e os comentarios feitos públicos nun comunicado oficial referíndose ao Goberno galego. Vicepresidencia, a través da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais, considera que con estas manifestacións, se ten faltado gravemente ao respecto ao Goberno galego e estima que o máximo mandatario estremeño debería pedir desculpas aos galegos e ao Goberno galego, polo que se dirixirá por carta á Junta de Estremadura para pedir estas desculpas.

Dende o reiterado compromiso da Vicepresidencia coa defensa do dereito de todos os galegos a expresar as súas opinións libremente e a ser tratados con educación e respecto cando o fagan, a Administración galega pide á Junta de Extremadura, e concretamente ao seu presidente, que retire estas graves descalificacións carentes da educación e respecto coa que a democracia esixe tratar as propostas de todos.

Sen entrar a valorar a proposta presentada lexítimamente no ámbito da soberanía do Parlamento galego por unha forza política, neste caso o BNG, a Vicepresidencia reitera o seu compromiso con todas as iniciativas que dende o respecto ás diferentes culturas e institucións, pretenden fomentar e profundizar no uso da nosa lingua nos territorios onde se fala tal e como determina a lei de normalización lingüística e o plano aprobados por unanimidade no Parlamento galego. O galego é patrimonio de todos e a todos nos corresponde defendelo. Por iso Vicepresidencia lembra a política sostida e reiterada da Xunta de Galicia de chegar a todo tipo de acordos e convenios para preservar o galego e o patrimonio cultural e mellorar o coñecemento e as boas relacións entre os pobos veciños que comparten boa parte dese patrimonio. Ademais dende a Vicepresidencia se recomenda á Junta de Estremadura que sempre se acorde da máxima de que “o saber non ocupa lugar”.

A que entendi ven en galegu??
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Otra ve os galegus... . Por: chitu 26-11-07 06:51
alfena
1
De novo os galegus. Por: jl 28-06-07 13:18
Chenchu
15
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com