Foro- Ciudad.com

Ganceiros - Orense

Poblacion:
España > Orense > Ganceiros (Lobios)
19-01-10 12:37 #4416481
Por:No Registrado
NOTICIA DE INTERESE( PRENSA LOCAL)
Medio Rural promociona o parque Xurés-Gerês na feira de turismo de Lisboa
17-01-2010 O Parque Transfronteirizo Xurés-Gerês está presente esta fin de semana na edición 2010 da BTLFeria Internacional de Turismo de Lisboa, que se celebra na capital lusa. Trátase dunha actuación conxunta entre a asociación ADERE-Peneda Gerês, en colaboración co Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, dependente da Consellería do Medio Rural, e o Parque Nacional da Peneda Gerês.
A iniciativa está enmarcada dentro do Proxecto Gestión conjunta del Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés-Parque Nacional da Peneda-Gerês, que ten como obxectivo a promoción dunha oferta turística integrada, sostible e de calidade de todo o espazo protexido transfronteirizo.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España Portugal 2007-2013, xunto co proxecto Valorización de los recursos naturales de la cuenca hidrográfica del Miño-Minho liderado tamén pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, coa finalidade de abrir novos espazos de cooperación dunha estratexia marco de actuación conxunta coa Eurrorrexión GaliciaNorte de Portugal.

A BTLFeria Internacional del Turismo de Lisboa é a principal mostra de oferta turística de Portugal, ten unha proxección a nivel mundial coa participación de actores turísticos de destinos internacionais dos principais axentes do mercado nacional portugués.

A participación do Parque Transfronteirizo Xurés-Gerês, que abarca unha superficie total dunhas 21.000 hectáreas, na BTL, convértese nunha gran oportunidade de promoción do espazo como un todo e de forma integrada.
Saudos a todas/os. JOSE LUIS


Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Noticia de interese. Por: No Registrado 08-10-09 19:03
No Registrado
2
NOTICIA DE INTERESE Por: No Registrado 08-10-09 15:55
No Registrado
1
NOTICIA DE INTERESE PARA A ZONA Por: No Registrado 05-08-09 14:21
No Registrado
0
NOTICIA DE INTERESE: "Sobre todo para os que estan lonxe da terriña" Por: No Registrado 02-07-09 00:25
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com