Foro- Ciudad.com

Ganceiros - Orense

Poblacion:
España > Orense > Ganceiros (Lobios)
08-10-09 15:15 #3471395
Por:No Registrado
NOTICIA DE INTERESE
A XUNTA INVISTE PRETO DE 130 MILLÓNS DE EUROS PARA A
CONSTRUCIÓN DO EIXO ENTRE A AUTOVÍA DAS RÍAS BAIXAS (A-52) E A
FRONTEIRA PORTUGUESA
�� A previsión do departamento que dirixe Agustín Hernández é realizar o
levantamento de actas no primeiro trimestre de 2010 e iniciar as obras no segundo
trimestre para rematalas en 2012
�� O proxecto de trazado do eixo de comunicación A-52 - fronteira portuguesa foi
aprobado o pasado martes, 6 de outubro
�� A infraestrutura inclúe unha autovía entre dende a A-52 ata Celanova e ten como
obxectivo dinamizar a comunicación viaria no eixo Ourense-Portugal
�� Esta actuación suporán unha mellora importante da seguranza viaria e a calidade
de vida para máis de 150.000 veciños da provincia de Ourense
O Consello da Xunta na súa reunión de hoxe aprobou o decreto polo que se declara a
utilidade pública desta obra, trámite previo á ocupación dos bens e dereitos precisos
para a execución do trazado Eixo de comunicación A-52 coa fronteira de Portugal.
Trátase dunha infraestrutura divida en dous tramos, na cal a Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas inviste un total de 128 millóns de euros.
A autovía entre a A-52 e Celanova Sur está dotada cun orzamento de 112 millóns de
euros e o segundo tramo, que discorre dende o sur de Celanova ata a fronteira
portuguesa, implica un orzamento de máis de 16 millóns de euros.
Esta infraestrutura xa estaba incluída no Plan Galicia deseñado pola Xunta anterior ao
Goberno bipartito. O contrato de concesión foi adxudicado á empresa Autoestrada
Ourense Celanova, Sociedade Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A. e o proxecto
de trazado foi aprobado o pasado martes, 6 de outubro.
A previsión do departamento que dirixe Agustín Hernández é realizar o levantamento
de actas no primeiro trimestre de 2010 e iniciar as obras no segundo trimestre para
rematalas en 2012.
Autovía Ourense-Celanova
Este eixo de comunicación estará conformado por unha autovía de nova construción
entre a autovía das Rías Baixas e Celanova, que inclúe a variante de Celanova. O
resto da actuación ata o límite con Portugal realizarase mediante a mellora e
acondicionamento da estrada actual, incluíndo a construción da variante de Bande.
Estas obras permitirán reducir a 15 minutos o tempo de percorrido entre Ourense e
Portugal, o que supón un 40% menos que na actualidade.
Gabinete de Comunicación
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41
Correo-e: gabinete@xunta.es
INFORMACIÓN AOS MEDIOS
Consello da Xunta
Treito Lonxitude actuación
A-52 / Celanova Sur 18.7 Km
Celanova Sur- Bande
Norte
7 Km
Variante de Bande 2.6 Km
Bande Sur- Fronteira
portuguesa
3.8 Km
Total lonxitude actuación 32,1 quilómetros
Beneficios
A nova vía de alta capacidade ten como obxectivo dinamizar a comunicación viaria no
eixo Ourense-Portugal e diminuír os tempos de percorrido, o que terá repercusións
directas no aforro dos costos xeneralizados do transporte de persoas e de
mercadorías, así como dos desprazamentos particulares.
Segundo os cálculos do departamento responsable das infraestruturas, aforarrase un
34% de tempo como media nos desprazamentos entre Ourense e Portugal, ao pasar
dos 67 minutos actuais aos aproximadamente 50 minutos que levará o dito traxecto
unha vez rematadas as obras.
O aforro máis notable terá lugar no tramo Ourense-Celanova, que pasará dos 25
minutos actuais a 15 minutos, é dicir, un 40% menos.
Treito Tempo actual Tempo futuro Aforro (%)
Ourense/ Celanova Sur 25 min 15 min 40 %
Celanova Sur/ Bande
Norte
10 min 7.5 min 25 %
Variante de Bande 4.2 min 2.7 min 36 %
Bande Sur/ Fronteira
portuguesa
27.6 min 24.2 min 12 %
Total eixo 67 min 50 min 34 %
As actuacións previstas neste eixo de comunicación contribuirán a mellorar a
estrutura territorial arredor da actual estrada OU-540 (Ourense-fronteira portuguesa) e
Gabinete de Comunicación
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41
Correo-e: gabinete@xunta.es
INFORMACIÓN AOS MEDIOS
Consello da Xunta
suporán unha mellora importante da seguranza viaria e a calidade de vida para máis
de 150.000 veciños, concretamente os de Ourense, Celanova, Cartelle, Allariz, A
Merca, Ramirás, A Bola, Verea, Gomesende, Quintela de Leirado, Pontedeva, Entrimo,
Verea, Bande, Lobios, Lobeira, Muíños e Padrenda.

Un saudo para todas/os. Sigo moi liado, pero de seguida empezo de novo. JOSE LUIS
Puntos:
08-10-09 15:55 #3471923 -> 3471395
Por:No Registrado
RE: NOTICIA DE INTERESE
POR FIN ACORDANSE DESTE RICON DE GALICIA QUE E MOI FERMOSO,PERO QUE ESTÁ BASTANTE MAL COMUNICADO.CANDO ESTÉ REMATADO SERÁ UN PASEO DENDE OURENSE.BICOS PARA TODOS E SEGUIR INFORMANDO DE BOAS NOTICIAS.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
NOTICIA DE INTERESE(PRENSA LOCAL) Por: No Registrado 31-01-10 19:30
oscar vc
7
NOTICIA DE INTERESE( PRENSA LOCAL) Por: No Registrado 19-01-10 12:37
No Registrado
0
NOTICIA DE INTERESE Por: No Registrado 07-09-09 02:03
sujardon
1
NOTICIA DE INTERESE PARA A ZONA Por: No Registrado 05-08-09 14:21
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com