Foro- Ciudad.com

Ganceiros - Orense

Poblacion:
España > Orense > Ganceiros (Lobios)
08-11-09 22:33 #3786024
Por:No Registrado
NOTICIA DE INTERESE
Ante todo quero felicitar publicamente(porque persoalmente xa o fixen) a esta veciña de Ganceiros, polo premio acadado.Sta. Doña. Carolina Borges Veloso, xente coma tí e coma moitos mais do pobo(cada cal no seu campo e na sua faceta)é a que precisa a zona para traballar, loitar e presumir de esta zona tan maravillosa chamada "A BAIXA LIMIA" Espero que este sexa sólo o principio dunha gran carreira persoal e profesional, e sobre todo unha loita polo pobo que te viu nacer. Un consello, Carolina: "adiante, sempre adiante" e como din na TV: "Tu si que vales, tu si que vales...". !Ah, por certo! se algún días necesitas un becario, xa sabes......
De seguido colgovós a noticia publicada na no diario La Voz de Galicia(edición Ourense) de data 04/11/09.Un saudo a todas/os.JOSÉ LUIS.

NOTICIA:

Unha universitaria ourensá gañou o primeiro premio do Certame de Recolla da Tradición Oral
Autor:
J. M. G.
Fecha de publicación:
4/11/2009
A alumna de doutoramento da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, Carolina Borges Veloso gañou o primeiro premio do terceiro Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa do programa Ponte nas Ondas, que nesta edición vai dedicado aos tesouros humanos vivos. Borges presentou o traballo O patrimonio cultural inmaterial da Baixa Limia. Concellos de Lobios e Entrimo , coordinado por José Manuel Cid. O xurado viu neste proxecto unha «correcta identificación dos tesouros humanos vivos e a descrición de varias manifestacións culturas específicas como os bailes, cantigas e oficios e a literatura oral, sinaladamente as fábulas ou contos de animais».
«O premio consiste en mil euros e un trofeo e vaise publicar na Revista Oral dos Tesouros Humanos Vivos» , sinala a gañadora. Neste traballo de Carolina aparecen gravacións de contos como o do Mouchiño e a raposa , de Ganceiros; a testemuña dunha veciña que foi carboeira ou o de outro que traballou de carreteiro. Hai testemuñas orais sobre modos de bailar en Olelas, desde a cana verde ata o ese , a chula , o vira ou a chula do sestelo . En Ganceiros, Carolina rexistrou cantigas. O segundo premio na modalidade universitaria levouno unha estudante do Instituto Superior de Engenheria do Porto sobre ritos e festas.
Na categoría de ensino primario e básico o segundo premio foi para o CRA Amencer de Ribadavia, polo proxecto Ca


PTA.: "Dádesvos de conta que cada vez temos mais xente do mundo da cultura no pobo"(escultores,estudiosos da cultura popular,musicos,cantareiras,gaiteiras,pandereteiras/os, etc, etc)
Puntos:
09-11-09 17:58 #3792157 -> 3786024
Por:No Registrado
RE: NOTICIA DE INTERESE
QUERO SUMARME A FELICITACION QUE FAI J.L ,ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DE TER XENTE NO NOSO POBO QUE TIRA POR A ZONA E QUE FAN QUE NOS SINTAMOS ORGULLOSOS DAS NOSAS RAICES PORQUE ISTO NOS ENGRANDECE A TODOS .BICOS PARA TODOS.
Puntos:
16-11-09 09:35 #3862864 -> 3792157
Por:No Registrado
RE: NOTICIA DE INTERESE
Moitas felicidades é moitos animos para seguir traballando.Saiches moi guapa na fotografía da prensa.Moitos bicos para todos.
Puntos:
23-11-09 11:12 #3935108 -> 3862864
Por:No Registrado
RE: NOTICIA DE INTERESE
MOITAS FELICIDADES A CAROLINA É A TODOS AQUELES QUE FAN COUSAS POR O SEU POBO E QUE SE SINTEN MOI ORGULLOSOS DAS SUAS RAICES.NON OLVIDEMOS QUE O FUTURO DOS POBOS ESTÁ NOS MOZOS E MOZAS.OS NOSOS ANTEPASADOS ESTARAN MOI ORGULLOSOS DOS SEUS DESCENDENTES.MOITOS BICOS.
Puntos:
25-11-09 11:49 #3957573 -> 3935108
Por:No Registrado
RE: NOTICIA DE INTERESE
POR CERTO ¿ONDE TE METICHES, CANDO FIXERON AS FOTOS DO MAGOSTO? NON SAICHES EN NINGUNHA,TEMOS QUE RIFAR COS FOTOGRAFOS POR ESE DESPISTE,PORQUE QUE NON SALGA EU NON TEN IMPORTANCIA JAJA.. ESTOU FEITA UNHA CARCA ,PERO A XENTE XOVEN HAI QUE MIMALA MOITO O FUTURO É PARA VOSOUTROS.MOITOS BICOS PARA TODOS OS MOZOS/ZAS .
Puntos:
02-12-09 12:27 #4022475 -> 3957573
Por:No Registrado
RE: NOTICIA DE INTERESE

Pois eu alá estuven, dende principio ata o fin!!!!
Puntos:
02-12-09 12:25 #4022451 -> 3786024
Por:No Registrado
RE: NOTICIA DE INTERESE
Ola!! Son Carolina

Pois moitas gracias a todas e todos polo interese!!! Muy Feliz

As vosas felicitacións son, sen dúbida, o mellor regalo.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Noticia de interese. Por: No Registrado 08-10-09 19:03
No Registrado
2
NOTICIA DE INTERESE Por: No Registrado 08-10-09 15:55
No Registrado
1
NOTICIA DE INTERESE PARA A ZONA Por: No Registrado 05-08-09 14:21
No Registrado
0
noticia de interese Por: No Registrado 29-07-09 09:41
No Registrado
4
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com