Foro- Ciudad.com

A Xironda - Orense

Poblacion:
España > Orense > A Xironda (Cualedro)
16-12-14 21:14 #12380802
Por:xirondesa1

Cantigas Galegas
Alá van as Tres Marías
de noite polo lunar
en busca de Jesucristo
queno puidera encontrar.
Puntos:
17-12-14 20:37 #12381710 -> 12380802
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
O carro
Fuxan Os Ventos

Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa
Puntos:
20-12-14 16:06 #12384002 -> 12381710
Por:plutarco

RE: Cantigas Galegas
Todos quisieran tener
la novia que tengo yo
para poderla vender
y comprar otra mejor.

El que quiera tener novia
que la traiga de Granada
que de alli la traje yo
tuerta,manca,escalabrada
de estatura regular
la nariz un poco enana
y le pega la enfermedad
todos los dias dela semana.

El lunes,el moquillo.
El martes,la viruela.
El mièrcoles,el sarampiòm.
El jueves,dolor de muelas.
El viernes,el garrotillo.
El sàbado,las tarcianas.
Y el domingo supercauciòn
Tambien le pican las almorranas.

Saludos.
Puntos:
27-12-14 19:15 #12399569 -> 12384002
Por:plutarco

RE: Cantigas Galegas
O paragoas do Xosè
è un paragoas moi malo
si le caen cuatro gotas....
ya se le humedece el palo.
Y por eso una mulata
por muy mojada que estè
no se pondrìa debajo.....
do paragoas do Xosè.
E o que è meu è meu
e o que è meu è meu è teu.
Que non quero que andes dicindo
que tumba que dalle
que tal que sei eu.
Puntos:
28-12-14 21:38 #12400415 -> 12399569
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
¿Qué ten teu sol?,
¿qué ten teu ceo azul?,
¿qué ten teu ser que garda tanta luz?,
¿qué tes no teu corazón miña terra galega
qué cando a alba chega
síntome preso do teu esplendor?

¿Quén foi o pintor que uniu co seu pincel
toda unha cor verde sobre a túa pel?,
¿quén dibuxou as rías da túa paisaxe?
¿quén puxo na túa liñaxe a vida errante do afiador?

Soio Deus poido crear o que ten esta terra que me veu nacer,
soio Deus poido poñer a cor e a luz que en Galicia se ve.

Inda que me atope moi lonxe,
miña terra querida
ben sei que xamáis
te esquecerei.

(Solo)

Soio Deus poido crear o que ten esta terra que me veu nacer,
soio Deus poido poñer a cor e a luz que en Galicia se ve.

Inda que me atope moi lonxe,
miña terra querida

ben sei que xamáis
te esquecerei. (3 veces)




Fuente: musica.com
Letra añadida por sami(:
Puntos:
28-12-14 22:14 #12400438 -> 12400415
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
UNHA NOITE NO MUÍÑO

Unha noite no muíño, unha noite non é nada
unha semaniña enteira, esa si que é muiñada.

Deus cho pague churrusqueira,
téñocho que agradecer,
cando vou ao teu muíño
sempre me deixas moer. BIS
Deus cho pague churrusqueira

Túa nai por me casar, teu pai por me dar o dote
armaron unha porfía, rompéronlle os pés ó pote
Puntos:
29-12-14 20:27 #12401216 -> 12400438
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
O ESTRAPERLO

Que levas en esa saia
que tanto valor lle dás?
Levo garavanzos e fabas
para ir estraperlar.

Con isto do estraperlo,
con isto de estraperlar;
con isto do estraperlo,
nin Deus quere traballar.

Que levas nesas alforxas,
que tanto valor lle dás?
Levo café e azúcar
da raia de Portugal.

Con istu de estraperlo,
con isto de estraperlas;
con isto do estraperlo,
nin Deus quere traballar.
Puntos:
27-01-15 21:25 #12447020 -> 12401216
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón».
Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.
Dempois que si me dixeches,
en proba de teu amor
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais a pasar polo río,
¡o caravel afondou!...
Tan bo camiño ti leves
como o caravel levou.
Puntos:
27-01-15 22:08 #12447076 -> 12401216
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
A Castilla ván os homes,
á Castilla por ganar;
Castilla queda n-a terra
pra quên quêre traballar.

Uns corren para Castilla,
outros corren para acá,
é solo Dios ê quên sabe
en donde á fortuna está.

A raiz d’un toxo verde
ê muy mala d’arrincar;
os amoriños primeiros
son muy malos d’olvidar

 raíz d’un toxo seco
heche malo d’arrincar;
fai com’os amores vêllos
que son malos d’olvidar.

A sardiña y-ó xurél,
como brincan n-o panél;
redondiña é bên feitiña,
asi ha de ser á miña meniña.
Puntos:
27-01-15 22:17 #12447090 -> 12401216
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
si quêres c’ó amor me entre
non me poñas mala cara.

Si quêres qu’auga corra,
quitall’o terron á presa;
olvideite, queridiño,
olvideite, non me pesa.

O gaiteiro, sin á gaita,
non tên donaire nin sal;
fai com’á muller sin roca
que maldita cousa val.

Almendrillas n-as orellas
maldita gala vos ê;
unha voa camisiña,
un vó zapato no pê.

Todol-os que dán son vós,
miña Virxen d’á Lanzada;
todol-os que dán son vós
menos os que non dán nada.

O zapato quêr á media,
á media quêr ó zapato;
á meniña qu’ê bonita
tamen qu’êr ó mozo guapo.

A sardiña cabezuda
tên un corte n-a cabeza,
os homes qu’agora hay
non quêren sinon riqueza.
Puntos:
27-01-15 22:28 #12447107 -> 12401216
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
Nin muiño sin rodicio;
nunca vín rapaz cativo
que non fóse alabadizo.

Anda vêllo, dam’á filla,
no-n á deixes envellecer,
que non son verzas d’á horta
que volvan á enverdecer.

Non te namores, meniña,
meniña, non te namores;
non te namores, meniña
d’as palabriñas d’os homes.35

O zapato que m’apreta,
tamen’ ó sei alargar;
tamen sei tomar amores
tamen-os sei olvidar.

A lua cando se pôn
sempre deixa craridá;
anque teñas amor firme
non ll’e contes á verdá!

O que tên amores lonxe
é regueiros que pasar,
fai falta ponte de pedra
que de pau ha de quebrar.
Puntos:
27-01-15 22:37 #12447125 -> 12401216
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
Namoreime de tí, miniña
por que t’oin cantar bên,
agora morro de fame
y-ó cantar non me mantên.

Non teño ganas de rir,
nin de rir, nin de chorar;
teño ganas de durmir,
de durmir é descansar.

Cantai mozas, eiqui todas,
cantai, que non quede unha;
c’o cantar y-ó bailar
non he deshonra ningunha.

O que non canta nin baila,
¿qué vai buscar ó serán?
Vai buscar catro mentiras
por tér que contar mañan.

Axudádem’á cantar
qu’estou en terriña’ allea,
axudádem’á cantar,
mociñas d’á miña aldea.

Si quêres á boa vara,
vai-n-a buscar ó salgueiro;
si quêres á boa moza,
chíscall’ó ôllo primeiro. Riendote
Puntos:
27-01-15 22:47 #12447152 -> 12401216
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
Vénte sentar ô mêu lado
tí n’unha pedra, êu n’outra,
así chorarémos xuntos
á nôsa fortuna pôuca.

Namoreime d’unha Rosa,
piquêime n-os seus piquiños;
¡non s’habia de picar
quên con Rosa tên brinquiños!

Maruxiña d’á forneira,
hoxe tua mai coceu,
dam’un pedazo de bola
pol-á may que te parêu.

Tanto teño d’ir é vír,
Maruxiña, ô têu lugar;
tanto teño d’ir ê vir,
que d’unha t’hêi de levar.

Moito teño que dicirche,
moito teño que contare;
d’aquelas palabras tristes
que me fixêron chorar.

Pol-á mar abaixo vai,
pol-á mar de Redondela,
pol-á mar abaixo vai
quên n-ó corazon me lêva.
Puntos:
10-02-15 23:50 #12471317 -> 12401216
Por:No Registrado
RE: Cantigas Galegas
Solo Dios poido crear a
miña terra querida que me
viu nacer Chulillo Sonriente Remolon Sorprendido
Puntos:
23-04-15 12:05 #12581876 -> 12401216
Por:xirondesa1

RE: Cantigas Galegas
En el crepúsculo
pasa un gaitero.
No se si de mar
o de viento.
Canta y llora
a un tiempo,
lamentos en el roncón,
trinos en el punteiro.
Lleva la tierra con él,
sin él saberlo.
Esperanzas y miedos.
Largas noches
de sufrimiento.
En el ocaso hay un gaitero.
No sé si es ave o si es grito.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017 Por: xirondesa1 17-05-17 14:27
xirondesa1
3
DIA DAS LETRAS GALEGAS Por: xirondesa1 16-05-14 23:54
xirondesa1
8
CANTIGAS Por: No Registrado 19-01-13 15:05
No Registrado
6
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:08/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com