Foro- Ciudad.com

VILAGARCIA DE AROUSA Programa de Fiestas 2013 - San Roque

Poblacion:
España > Pontevedra > Vilagarcía de Arousa
08-08-13 15:08 #11489778
Por:Foro-Ciudad.com

VILAGARCIA DE AROUSA Programa de Fiestas 2013 - San Roque
XOVES 8 DE AGOSTO 14:00-16:00 | 20:30-24:00 Oktoberfest – Festa da Cervexa Rúa García de Caamaño (Vistalegre)20:00 Trofeo San Roque de Fútbol: Arosa SC (3ª División)– CD Lugo (2ª División). Estadio Municipal da Lomba Entrada: Socios, gratuíto. Non socios, 10 euros. 21:00-00:00 Ás nove na praia - Xornadas chillout Praia da Concha VENRES 9 DE AGOSTO 14:00-16:00 | 20:30-24:00 Oktoberfest – Festa da Cervexa Rúa García de Caamaño (Vistalegre)21:00 Presentación da Festa da Auga e venda de camisetas Rúa da Baldosa 21:00 XXIX Mesa das Verbas Rúa Xeneral Pardiñas 21:00-00:00 Ás nove na praia - Xornadas chillout Praia da Concha 21:00 ViñaGarcía – Salón Gastronómico de Arousa Acto de inauguración Praza da Peixería Coa actuación do grupo folclórico O Souto, de Rubiáns. SÁBADO 10 DE AGOSTO 11:00 -14:00 Actividades infantís Festa da Auga 2013 12:00 Pasarrúas do grupo de gaitas Mocidade da Torre 12:00-15:00 | 20:00-24:00 Praza da Peixería VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. 14:00-16:00 | 20:30-24:00 Oktoberfest – Festa da Cervexa Rúa García de Caamaño (Vistalegre)16:00-00:00 Concentración Moteira 36.600 Fexdega 16:00-20:00. Inchables para os máis pequenos e touro mecánico. 18:00. Competición de motos lentas e escape máis ruidoso. 19:00. Exhibición de taekwondo do ximnasio Olimpic. 21:00. Exhibición acrobática de Nelson Pinha e Jake Stunt. 00:00. Gran Festa Nocturna con Jamar Audio. Entrada libre. 21:00-00:00 Ás nove na praia - Xornadas chillout Praia da Concha 21:00 Pregón: Jacobo Pérez Paz, vilagarcián, xornalista, humorista e fundador e coordinador xeral da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Praza Ravella 21:30 Ofrenda floral ao santo Praza de España Logo da lectura do pregón, agrupacións sociais, culturais e musicais participarán nun desfile que culminará diante da igrexa parroquial, onde farán a súa ofrenda floral ao patrón da cidade,xunto cos membros da Corporación municipal. 22:00 III Longa Noite de Pedras Petroglifos de Os Ballotes (Vilar-Bamio)Organizado polo Ateneo de Arousa, en colaboración co Concello, unha arqueóloga explicará,xunto aos petroglifos iluminados, o significado desta arte milenaria. 24:00 Sesión Nocturna Duendeneta Alameda La Duendeneta é un concepto absolutamente novo e orixinal de discoteca móvil. Todo a bordo dunha orixinal furgoneta Avia de 1974 estilo vintage. DOMINGO 11 DE AGOSTO 11:30 Concentración Moteira 36.600 Fexdega Ruta mototurística ata o pazo de Baión, con cata de viño albariño. Ás 14:00, almorzo moteiro en Fexdega e a continuación, entrega de premios. 12:00 Pasarrúas do grupo de gaitas e baile A Nosa Sra. da Xunqueira 12:00-15:00 | 20:00-24:00 Praza da Peixería VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. 13:00 / 20:30 Actuación infantil: Musicoloco A Baldosa Musicoloco é un sin fin de notas con harmonía propia, cun carro e personaxe totalmente anacrónico, chegado desde a máis profunda inocencia excéntrica. Notas de humor, cor,habilidade, técnica e beleza visual comparten escena en todo momento. O antigo mestúrase co moderno recordándonos o sin fin de posibilidades. Zapatóns, bocinas,campás, tixolas, tambores, sereas, pratiños, cencerros, rodas que xiran transportando vida e lembrándonos que entre o clown e o seu público, o sorriso é o camiño máis corto. 14:00-16:00 | 20:30-24:00 Oktoberfest – Festa da Cervexa Rúa García de Caamaño (Vistalegre)21:00-00:00 Ás nove na praia - Xornadas chillout Praia da Concha 22:30 Concerto: Miguel Bosé Recinto feiral de Fexdega Prezo de entrada: 15,00€ en venda anticipada e 20€ o mesmo día do concerto. Venda anticipada: ata o día 9, no auditorio municipal (de 9:00 a 13:00 horas) e en www.servinova.com. Despois do abraiante éxito da súa xira Papito, con máis de 21 discos de platino en todo o mundo, con máis de dous millóns e medio de persoas nos seus concertos e logo de recibir numerosos premios nacionais e internacionais, Miguel Bosé volve coa que el mesmo define como “cantada” segunda parte da espectacular xira, o Papitwo. Unha nova edición na que se fai un repaso a 35 anos de carreira e de éxitos e na que se tenta unir, de novo, a tres xeracións distintas de espectadores. No concerto, según explica o propio Bosé, o público poderá disfrutar de ingredientes espectaculares, novidosos, sorprendentes. En canto se apaguen as luces, o esforzo de pagar unha entrada ou encontrar aparcamento xa está amortizado; será o momento de voar”. “Amiga”, “Linda”, “Partisano”, “Te digo amor”… serán algunhas das pezas que quen asista ao concerto de Fexdega poderá compartir cos seus amigos e o propio Bosé, ao que acompañan 70 persoas para converter Papitwo nun espectáculo único. LUNS 12 DE AGOSTO 10:30 -13:30 O Club dos Superroquiños Explanada Auditorio Un ano máis, os máis pequenos poden gozar das actividades ao aire libre que lle ofrecen os monitores do Club dos Superroquiños. Hoxe haberá inchables, taller de chapas, música ambiente e unha gymkana do Centenario. 12:00 Pasarrúas do drupo de gaitas Malveiras 12:00-15:00 | 20:00-24:00 Praza da Peixería VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. Esta noite, actuación do grupo folclórico Santa Plácida de Rubiáns. 13:00 Concerto de acordeóns Asociación Cultural Amigos do Acordeón Rías Baixas Rúa da Baldosa 21:00 Concerto da Banda de Música de Vilagarcía - X Aniversario Rúa Rey Daviña A Banda de Música celebra o décimo aniversario da súa reconstitución –foi presentada precisamente un 12 de agosto, pero de 2003- e para iso fará un repaso das obras que representaron un fito nesta nova andaina, desde a súa presenza en concursos, a gravación dun disco, os contos musicados, etcétera. O concerto acompañarase dunha pequena exposición de carteis, vídeos e outras lembranzas desta década. 23:00 Concerto: Alexandra Carrera Rúa da Baldosa Estudiante de interpretación na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, bailarina e cantante, a vilagarciá Alexandra Carrera é a representante de Arousa e Salnés Norte no concurso Recantos de Luar, da Televisión de Galicia. Participou en diversos concursos e programas de televisión para novos talentos, incluído o coñecido “Tú sí que vales”, de TeleCinco. MARTES 13 DE AGOSTO 10:30 -13:30 O Club dos Superroquiños Explanada Auditorio Unha nova xornada de xogos e divertimento para os máis pequenos. 12:00 Pasarrúas grupo de gaitas e baile Embruxo de Guillán 12:00-15:00 | 20:00-24:00 Praza da Peixería VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. Esta noite, actuación do Dúo Chocolate. 22:00 -23:00 Exhibición/Master Class de Zumba Fitness Praza de Galicia 23:00 Comando Katana Méndez Núñez Comando Katana é un grupo musical de Santiago de Compostela. Aínda que formado no 2003,os seus compoñentes xa tiñan unha traxectoria musical en solitario. Comando Katana leva soando case unha década e sendo a clara referencia do rap de rúa na capital galega. Este conxunto non se considera un grupo da nova xeración xa que se iniciou nun período de transición no cal esta música rap aínda non estaba asentada, por iso absorbeu a esencia da vella escola combinándoa coas gañas de innovar dando paso así a unha longa lista de proxectos. MÉRCORES 14 DE AGOSTO 10:30 -13:30 O Club dos Superroquiños Explanada Auditorio Terceira e última xornada de actividades do Club, que nesta ocasión inclúe un mini-golf e un Taller do Centenario. 10:00 Pasarrúas de Os Terribles de Arousa Barrio de San Roque 12:00-15:00 | 20:00-24:00 Praza da Peixería VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. Esta noite, actuación do grupo folclórico Nós de Sobradelo. 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 18:00 Verbena dos maiores Rúa Arcebispo Lago Por segundo ano consecutivo, San Roque inclúe unha verbena especialmente pensada para os maiores. Estará amenizada polo grupo “Los Tres Latinos” e, ademais de música e baile, haberá unha gran chocolatada. 21:00 Concerto Banda de Música de Vilagarcía (Os músicos de Bremen)Rúa Alcalde Rey Daviña Concerto incluído na serie de “Contos musicados” realizada pola Banda e a Escola municipais de Música de Vilagarcía 21:00 Exhibición de kenpo Praza de Galicia Exhibición desta vella arte marcial polos compoñentes do Club Kenpo Vilagarcía. 21:30 Pasarrúas do Grupo de gaitas Os Xirifeiros 23:00 Concerto: Miss Caffeína Parque da Xunqueira Gratuíto Miss Caffeina son Alberto Rodriguez (voz), Sergio Sastre (guitarra e coros), Álvaro Navarro (guitarra), Antonio Poza (bajo) e Román Méndez (batería). O seu primeiro EP, "Destrucción Creativa", en 2007, tivo unha boa acollida na escena musical madrileña. Dende entonces a súa popularidade foi en aumento, ata participar en diversos festivais por votación do público. A identidade del Miss Caffeina é sinxela: melodías pop, letras elaboradas, imaxe con carácter e un potente directo. Todas as canción do seu último EP, “Carrusel”, poden descargarse gratuitamente na súa web www.misscaffeina.com, así como en plataformas dixitais de música online como myspace ou Last FM XOVES 15 DE AGOSTO Celebración de San Roquiño o Pequeno Barrio de San Roque 10:00 Pasarrúas de Os Terribles de Arousa Barrio de San Roque 11:30 Misa de San Roquiño Cantada pola Coral Sta. Eulalia 12:00-15:00 | 20:00-24:00 Praza da Peixería VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. 12:30 Procesión San Roquiño Acompañada da Banda de Música de Vilagarcía e grupo de gaitas Os Terribles de Arousa. Ao final, e como é tradicional, haberá reparto de viño e empanada. 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 21:00 – 04:00 Discoteca Móbil Explanada Tir 22:00 Verbena popular Os Tres Latinos e Dúo Caramelo Barrio de San Roque VENRES 16 DE AGOSTO 11:45 Traslado de San Roque Dende a igrexa parroquial (Praza de España) á capela de San Roque 12:00 Festa da Auga 11 Logo do pregón, nunha grúa e caldeiro en man, comeza a multitudinaria Festa da Auga 20:00-24:00 Praza da Peixería VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. 20:30 Procesión de San Roque 22:00 Concerto de Supersingles Parque da Xunqueira Gratuíto Supersingles é un grupo de exconcursantes de Operación Triunfo, entre 2005 e 2009, que se deu a coñecer a través do programa de televisión “Qué tiempo tan feliz”. Nel, Fran Dieli,Mercedes Durán, Anabel Dueñas, Jon Allende e Samuel Cuenda interpretan cancións que foron número 1 na década dos sesenta e setenta. Neste mesmo ano acaban de sacar ao mercado o seu primeiro CD, no que cantan a dúo con recoñecidos artistas. “Help, ayúdame”, “Quisiera ser”, “Mis manos en tu cintura” ou “Black is black” son algúns dos coñecidísimos éxitos que pasarán polo escenario da Xunqueira da man de Supersingles. SÁBADO 17 DE AGOSTO 12:00-15:00 | 20:00-24:00 VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. 12:30 Pasarrúas do grupo de gaitas Froallo 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 17:00 XVIII Concurso de Ameixa Cociñada Alameda de Carril 17:30-20:30 I Aberto de Billarda de Vilagarcía de Arousa Praia da Concha 12 Presentado polo Club Gaharaboto e patrocinado pola Liga Nacional de Billarda 20:30 Exhibición de esgrima artística Rúa Xeneral Pardiñas Actividade organizada polo Club de Esgrima Vilagarcía. 22:30 Verbena popular Praza de Galicia Amenizada pola orquestra Magos de España A verbena continúa despois do Combate Naval 24:00 Combate Naval Peirao do Ramal e praias da Concha e Compostela Pirotecnia Penide DOMINGO 18 DE AGOSTO 11:30 XXXI Travesía a nado do Porto de Vilagarcía Peirao de Pasaxeiros Englobado no Campionato Galego de Natación en Augas Abertas, o Concello celebra esta nova Travesía a Nado do Porto de Vilagarcía, baixo a organización do Club Natación Vilagarcía, e a colaboración da Autoridade Portuaria e o Club de Mar-Liceo Casino. 12:00-15:00 | 20:00-24:00 Praza da Peixería VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. 12:00 Festa da Ameixa do Carril Alameda e contorno da lonxa A Festa da Ameixa volverá a demostrar o seu poder de convocatoria, como o vén facendo dende a primeira edición, en 1992, hai xa vinte anos. Despois da lectura do pregón (12:00 horas) e do nomeamento de novas damas e cabaleiros da “Orde da Ameixa”, comezará a degustación popular do prezado bivalvo que tanta fama dá a Carril. Como sempre, haberá mesas ao aire libre e baixo una gran carpa, con prezos axeitados aos tempos que corren. Tamén haberá vendade camisetas, cataviños e pratos conmemorativos. 12:30 Pasarrúas do grupo de gaitas Treboada de Guillán 22:30 Fantasio na rúa – Cine: “Locos por el surf” Xénero: animación fantástico. Ano: 2008. Duración: 85 min. Xardín de Ravella Os pingüinos, inventores do surf, fan fronte á Copa Mundial de Surf de Pingüinos. Unha aventura de superación dun surfero que se adentra na súa primeira competición a nivel profesional. De camiño á proba, emprenderá unha viaxe na que coñecerá a outros surferos, e vivirá experiencias que cambiarán radicalmente á súa forma de concibir ó deporte. LUNS 19 DE AGOSTO 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 22:00 Versión bandas sonoras Flip-Flop-Five A Baldosa O grupo FLIP FLOP FIVE nace da unión de cinco músicos que traballan actualmente no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa. A súa idea básica: versionar e adaptar temas da música pop/rock, bandas sonoras, música étnica, éxitos comerciais actuais, e interpretalos en público cun formato musical orixinal e atractivo que enganche aos espectadores dende a primeira nota. A parte de traballar xuntos, teñen en común a idea de que con instrumentos clásicos pódese abordar todo tipo de repertorio, achegar a música a todo tipo de públicos e facer de cada una das súas actuacións unha “performance” inesquecible que combine música e espectáculo. E tamén, e quizás o máis importante, unha tentación irresistible no verán, as terrazas e as chancletas (flip flops en inglés) que lle dá nome ao grupo. MARTES 20 DE AGOSTO 12:30 Pasarrúas do grupo de gaitas Airiños do Carril 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 22:00 Concerto: Efecto Pasillo Parque da Xunqueira Gratuito Efecto Pasillo, un dos grupos revelación do ano 2012, especialmente a raíz da súa canción “Pan y mantequilla”, está formado por Iván Torres (vocalista), Javier Moreno (batería), Nau Barreto (guitarra) e Arturo Sosa (baixo). O grupo canario naceu en 2007 e dende entón non parou de medrar, ata o punto de Hombres G o escolleu como teloneiro da súa xira por España. Na actualidade, Efecto Pasillo está de xira presentado o seu segundo álbum de estudio, "El misterioso caso de...", no que destaca especialmente “Pan y mantequilla”, unha canción fresca e divertida que promete levar o acento e o bo facer en directo destes catro canarios a todos os recunchos. 23:00 La Duendeneta O Castro Festa “revival” con música dos anos 70 e 80. MÉRCORES 21 DE AGOSTO 10:00 – 24:00 Mercado Pirata 12:30 Pasarrúas do grupo de gaitas Mar de Arousa 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 21:00 Festival Perla de Arosa Parque da Xunqueira Participan o Ballet Perla de Arosa, de Vilagarcía, e o Ballet Aires de Dorna da Asociación de Amas de Casa de Ribeira. 22:30 Fantasio na rúa – Cine: “Las aventuras de Tintín” Xénero: Aventuras. Ano: 2012. Duración: 91 min. Xardín de Ravella Tintín, un novo periodista dotado dunha curiosidade insaciable, e mailo seu leal can, Milú,descObren ca maqueta dun barco contén un enigmático e secular segredo o cal deben investigar. Mentres, verase acosado por Ivan Ivanovitch Sakharine, un diabólico tirano que pensa que o rapaz roubou o valioso tesouro pertencente ao cruel pirata chamado Rackham O Roxo. XOVES 22 DE AGOSTO 10:00 – 24:00 Mercado Pirata 12:30 Pasarrúas do grupo de gaitas e baile Xeada de Cornazo 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 21:00 Exhibición de Capoeira. Grupo Vadeia Praza de Galicia 23:00 Fiesta Ibicenca La Duendeneta Explanada Auditorio A Duendeneta propón unha experiencia que trata de revivir o ambiente ibicenco, tanto en música (chill out, ambient) coma en decoración (hamacas, pufs,”jaimas”). Todos aqueles que acudan vestidos ao xeito de Ibiza (de branco ou con estética hippie) recibirán vales desconto para os principais pubs da cidade. VENRES 23 DE AGOSTO Horario por determinar “La etapa de la Vuelta” Vilanova | Monte Lobeira | Vilagarcía Participe nunha experiencia única: correr polos mesmos escenarios que o farán os ciclistas profesionais da Volta Ciclista a España. Un percorrido de 130 quilómetros con saída en Vilanova e chegada no monte Lobeira, en Vilagarcía. A hora e punto de saída está aínda por concretar. Os interesados poden obter máis información en www.etapadelavuelta.com 10:00 – 24:00 Mercado Pirata 12:30 Pasarrúas do grupo de gaitas Nós de Sobradelo 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 20:00 Torneo de Xadrez Avenida da Mariña esquina Castor Sánchez Actividade organizada polo Club Xadrez Fontecarmoa e aberta a todo aquel que queira participar. 22:00 Concerto: Turboláser. Paseo García de Caamaño, xunto á praza de abastos. 22:30 Fantasio na rúa – Cine: “La isla de los recuerdos y el espejo mágico” Xénero: aventura. Ano: 2011. Duración: 91 min. Xardín de Ravella Unha rapaza de nome Haruka disponse a descubrir os segredos e tesouros da súa infancia,adentrándose nunha viaxe inesperada na illa dos recordos esquecidos. Un mundo invisible para o ser humano, formado cos obxectos que deixamos apartados coa transición dos nenos á adultos. 23:30 Actuación Dj’s The Bay View Rúa Méndez Núñez SÁBADO 24 DE AGOSTO 10:00 – 24:00 Mercado Pirata 15:30 Regatas de Vela - XLV Trofeo San Roque – Clase Snipe Saída do porto deportivo Organizado polo Real Club de Regatas Galicia e a Federación Galega de Vela, en colaboración co Concello de Vilagarcía e o Liceo Casino 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 20:00 XVIII Encontro de Baile Tradicional Malveiras Praza da Peixería Coa participación do Rancho Típico de San Madede de Infesta (Portugal), Grupo de Música e Baile Tradicional Brincadeira, de Santiago; e o Grupo de Música e Baile Tradicional Malveiras,de Carril. 22:30 ás 02.00 Noite das Meigas Distintas rúas e prazas da cidade Inclúe a queima da meiga, acompañada de fogos artificiais. DOMINGO 25 DE AGOSTO 10:00 – 24:00 Mercado Pirata 11:30 Regatas de Vela - XLV Trofeo San Roque – Clase Snipe Saída do porto deportivo. Entrega de premios ás 17:30. 12:00 Desfile de calesas Principais rúas da cidade Arredor de 25 calesas, tiradas por dous ou catro cabalos, participan nun singular paseo que discorrerá polas principais rúas peonís da cidade. Estes mesmos vehículos ofrecerán unha exhibición de doma no aparcamento de Fexdega, a partir das cinco da tarde. Actividade organizada polo Club de Enganches de Galicia. 12:30 Sesión vermú - La Duendeneta Rúa da Baldosa 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty 17:00-19:00 Exhibición de calesas Aparcamento de Fexdega 20:00 Desfile de carrozas Carrozas, bandas de música, agrupacións folclóricas e grupos de animación de rúa compoñen o espectacular desfile que pon o broche a dúas semanas de festas. O percorrido comeza na estación do ferrocarril, baixa por Moreira Casal e continúa pola praza da Constitución, rúa Rey Daviña, praza de Galicia, arcebispo Lago, Alejandro Cerecedo, Castelao, xeral Pardiñas,Covadonga, praza de España, Vicente Risco, Alejandro Cerecedo, doutor Tourón e por fin praza de España, onde remata. 22:00 Exhibición Olympic de taekwondo Explanada do Auditorio 22:00 Concerto de 7 Setenta Praza de Galicia 7 Setenta naceu como grupo en 1997, ao xuntarse varios músicos que formaran parte de distintos grupos nos anos setenta. Hoxe xa non sete, senón dez os seus membros, cun repertorio composto por de versións de músicos como Pink Floyd, Eric Clapton, Deep Purple,Rosendo ou M Clan. O obxectivo de 7 Setenta é recuperar temas lendarios do rock e gozar da súa amizade e paixón pola música. LUNS 26 DE AGOSTO 15:30 Volta Ciclista a España – Final de Etapa Vilagarcía - Vilaxoán – Monte Lobeira Por segundo ano consecutivo, o Concello de Vilagarcía é protagonista dunha etapa da Volta Ciclista a España, nesta caso da meta. A “serpe multicolor” pasará dúas veces pola cidade. A primeira, arredor das 15,30, entrando pola estrada de Pontevedra, pasando por Juan Carlos I e dando a volta na rotonda do Ramal para, pola vía de beiramar, chegar a Vilaxoán e saír cara A Illa polo Preguntoiro. A segunda, arredor das 16:30, entrando dende a avenida de Cambados para chegar á Glorieta da Mariña Española e encarar a avenida de Agustín Romero para dirixirse ao mirador de Lobeira, onde rematará a etapa. 21:00 Semana do Voluntariado Praza de Galicia Ciclo de Cine “Educando en valores”. Proxección: “Azur e Asmar” (Dir: Michel Ocelot, 2006. 95 minutos). MARTES 27 DE AGOSTO 21:00 Semana do Voluntariado Praza de Galicia Ciclo de Cine “Educando en valores”. Proxección: “Kirikú e as bestas salvaxes” (Dir: Michel Ocelot e Benédicte Galup, 2006. 74 minutos). MÉRCORES 28 DE AGOSTO 21:00 Semana do Voluntariado Praza de Galicia Ciclo de Cine “Educando en valores”. Proxección: “James e o melocotón xigante” (Dir: Henry Selik, 1996. 80 minutos). XOVES 29 DE AGOSTO 21:00 Semana do Voluntariado Praza de Galicia Ciclo de Cine “Educando en valores”. Proxección: “Happy feet” (Dir: George Miller, 2006. 108 minutos). VENRES 30 DE AGOSTO 12:00-16:00 e 20:30-24:00 Feira das tapas - “O sabor do mar” Parque de Miguel Hernández Horario 12:00 – 20:00 Semana do Voluntariado I EDICIÓN DO “PERRATÓN SOLIDARIO” da Protectora de Animais de Vilagarcía de Arousa” Parque do Castriño SÁBADO 31 DE AGOSTO 11:30-20:00 Semana do Voluntariado Festa do Voluntariado Praza de Galicia Unha vintena de asociacións e ONGs expoñen nas súas correspondentes casetas a labor que desenvolven en pro de diversos colectivos. Ademais, a carpa Xplora Xuventude ofrece información e asesoramento sobre diversos programas como a Iniciativa Xove, Xuventude en Acción, Voluntario xuvenil e ambiental, axudas para obter o carné de conducir etcétera. Ao longo do día haberá tamén obradoiros de manualidades para nenos e nenas, xogos populares,exhibición de zumba, un desfile de voluntarios da Protectora con cans en adopción e unha exhibición dos voluntarios de Protección Civil. 12:00-16:00 e 20:30-24:00 Feira das tapas - “O sabor do mar” Parque de Miguel Hernández 21:00 Semana do Voluntariado Gala Solidaria Auditorio municipal Teatro. Grupo de teatro Banco de Tempo de Valladares (patrocina: Reas Galicia). As Cantadeiras Bulideiras de Fontecarmoa (pat: Asociación Por Dereito). Grupo de acordeóns “Arosa Bay” (pat: Proxecto Home). Contacontos (pat: Protectora de Animais). Gonzalo Arca, cantautor. (pat: Areva). Xabreu Orfeón (pat: Liga Reumatolóxica Galega). DOMINGO 1 DE SETEMBRO 12:00-16:00 e 20:30-24:00 Feira das tapas - “O sabor do mar” Parque de Miguel Hernández DO 5 AO 11 DE AGOSTO 21:00-00:00 Ás nove na praia - Xornadas chillout Praia da Concha “As nove na praia” ten por obxecto con vocar a quen o desexe a sentarse na praia da Concha e disfrutar da solpor do sol mentres soa todo tipo de música chill out (lounge, brazilectro, afro sound, acid jazz, easylistening,groove...). Todo iso acompañado, se se desexa, por unha “caipirinha”, un “mojito” ou un cóctel “margarita”, aínda que hai outras moitas combinacións ó gusto do consumidor, incluso sen alcohol. DO 7 AO 11 DE AGOSTO 14:00-16:00 | 20:30-24:00 Oktoberfest – Festa da Cervexa Rúa García de Caamaño (Vistalegre)A Festa da Cervexa, ou Oktoberfest, é unha das máis coñecidas festas alemanas. Con douscentos anos de tradición, chega agora a Vilagarcía da man do club de rugby Os Ingleses,que deste xeito pretende recadar fondos para o mantemento dos seus equipos. Ao longo de catro días, o público, ademais de poder degustar as típicas especialidades culinarias xermanas e distintos tipos de cervexa, tamén poderá disfrutar de música tradicional, xogos de animación,como corte de madeira ou carreiras de barrís, pallasos ou contacontos para os máis cativos. DO 9 AO 11 DE AGOSTO Concentración Moteira 36.600 Fexdega A Concentración do Motoclub 36600 chega a súa 13ª edición. Nesta ocasión, tanto a acampada como todas as actividades teñen como escenario a parte dianteira do recinto feiral de Fexdega. DO 9 AO 18 DE AGOSTO 12:00-15:00 | 20:00-24:00 Praza da Peixería VIÑAGARCÍA. Salón gastronómico de Arousa. Praza da Peixería. Organizado polo Arosa SC, co obxecto de recadar fondos para os distintos equipos do club, en colaboración co Concello, Viñagarcía, o Salón Gastronómico de Arousa, retoma a senda de Albarousa, a mostra do albariño artesanal, pero baixo un novo enfoque. Viños da D.O. Rías Baixas, principalmente elaborados no termo municipal de Vilagarcía, receitas tradicionais e música compoñen o menú desta cita gastronómica. Os días 9, 12, 13 e 14, actuación musical a partir das 22:00 horas. DO 14 AO 25 DE AGOSTO 16:00 – 18:00 Campionato de Dominó por parellas Liceo Casino | Club de Mar | Cafetería Maty DO 20 AO 31 DE AGOSTO 09:00 – 21:00 Exposicións de fotografía da Semana do Voluntariado Auditorio municipal En colaboración co Fondo Galego de Cooperación, a sala de exposicións do Auditorio acolle as mostras “Imaxes con fondo” e “Influír no global dende o local”. E, así mesmo, a exposición do concurso de fotografía organizado pola Asociación Reumatolóxica. DO 21 AO 25 DE AGOSTO 10:00 – 24:00 Mercado Pirata Seguindo a liña do mercado de época de Santa Rita, as rúas volven a encherse de cor, esta vez cun mercado temático dos piratas. Postos de artesanía, talleres de oficios, animación de rúa,música en directo, e talleres e zona lúdica para os máis pequenos conforman a oferta do mercado pirata, que permanecerá aberto durante seis días. DO 26 DE AGOSTO AO 1 DE SETEMBRO Semana do Voluntariado Praza de Galicia / Auditorio / Parque do Castriño A Semana do Voluntariado é un lugar para a promoción do voluntariado social e para o encontro, a reflexión, o intercambio de experiencias e a consolidación de propostas de voluntariado. Stands das principais ONGs que actúan na cidade, obradoiros, paneis con experiencias, animación de rúa, gala solidaria e ciclo de cine conforman o programa desta Semana do Voluntariado. DO 30 DE AGOSTO AO 1 DE SETEMBRO 12:00-16:00 e 20:30-24:00 Feira das tapas - “O sabor do mar” Coñecidos hostaleiros da cidade reúnense arredor dun singular recinto de casetas no parque Miguel Hernández para ofrecer as súas mellores tapas, acompañadas dos caldos da D.O. Rías Baixas. As mellores serán premiadas por un xurado. Despois de catro anos de experiencia, a Feira das Tapas é xa un referente do verán en Vilagarcía e na comarca. TODOS OS VENRES E SÁBADOS Concertos na praza do Castro
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
FIESTAS Por: No Registrado 15-08-11 13:26
No Registrado
0
Programa de apoyo a la conciliación de la vida familiar y laboral (Conciliatardes con la infancia) Por: Foro-Ciudad.com 17-03-10 15:28
Foro-Ciudad.com
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:08/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com