02-10-08 20:11 | #1249652 |
Por:No Registrado | |
65 horas FORA A DIRECTIVA DAS 65 HORAS QUEREN FACERNOS RETROCEDER UN SECULO! QUE A CRISE A PAGUEN OS RICOS E OS BANQUEIROS! O pasado 9 de xuño, os ministros de Traballo da Unión Europea aprobaron, sen ningún voto en contra, unha "proposta de modificación" da actual Directiva sobre o tempo de traballo. Con iso puxeron en marcha un proceso que acabará na votación do Parlamento Europeo, en principio, o próximo 19 de decembro. QUÉ DI A DIRECTIVA? Segundo a nova proposta de Directiva, os estados poderán permitir aumentos da xornada de traballo semanal até as 60-65 horas, que se aplicarían a través de pactos individuais entre o empresario/a e o traballador/a, aínda que os convenios fixen unha xornada inferior. Isto representa a volta a xornadas "legais" de 10 a 12 horas e seis días por semana. A proposta de Directiva establece tamén que os períodos de descanso nas gardas de colectivos como o persoal sanitario ou bombeiros deixarán de considerarse tempo de traballo efectivo. POR QUÉ HAI QUE BOTAR ATRÁS ESTA PROPOSTA INFAME 1. Porque pretenden facernos retroceder un século, invalidando a xornada máxima semanal de 48 horas que a OIT oficializó en 1917, tras unha loita longa, dura e chea de sacrificios do movemento obreiro internacional pola xornada de 8 horas. 2. Porque, ao tratar de impor o aumento de xornada mediante acordos individuais traballador/a-empresa, atacan unha das maiores conquistas da loita sindical: o dereito da clase traballadora á representación e a negociación colectiva, deixando ao traballador a mercé da empresa. 3. Porque, cando están a enviar a miles de traballadores/as ao paro, en lugar de reducir a xornada (empezando polas 35 horas) ou baixar a idade de xubilación aos 60 anos, é dicir, traballar menos para traballar todos/as, pretenden prolongar a xornada, provocando aínda máis desemprego. 4. Porque a Directiva é un instrumento para abaratar uns salarios xa devorados pola carestía da vida. 5. Porque a prolongación da xornada supón un aumento inevitable de fatiga, que leva forzosamente a un grave incremento dos problemas de saúde laboral e da sinistralidade. 6. Porque, mentres os gobernos énchense cínicamente a boca coa conciliación da vida laboral e a vida familiar e persoal, as xornadas de 10 e 12 horas da Directiva convértena nun soño imposible, afectando en primeiro lugar á muller traballadora. 7. Porque a prolongación da xornada é un complemento necesario das políticas de privatización dos servizos públicos, que van da man da súa deterioración e da precarización das condicións laborais. 8. Porque non é verdade que a Directiva sexa algo afastado, que non nos afecta. Se se aproba, o seu impacto será inmediato, aínda que non se trasladou aínda a unha lei española. Para empezar, a patronal poderá subcontratar persoal de países onde a xornada de 60-65 horas sexa legalizada. Nos chantajearán tamén desde o principio con ameazas de deslocalización aos países onde a Directiva estea xa implantada. Os empresarios individuais, ademais, tampouco tardarán moito en aplicala, ao amparo do Tribunal Europeo de Xustiza, aínda que a lei española non se modificou, tal como sucede agora coa Directiva Bolkestein. A pretensión do capitalismo europeo é -se non o impedimos- ben clara: comezar polos países e sectores máis desprotexidos (como os precarios e precarias e as persoas inmigrantes) para acabar, ao cabo dun tempo, xeneralizando a prolongación de xornada ás novas xeracións. 9. Porque a Directiva non é algo illado senón unha peza, sen dúbida fundamental, da ofensiva da Europa do capital. Vén da man da Directiva de retorno contra millóns de inmigrantes (a quen presenta como culpables do desemprego), do plan Bolonia de privatización da universidade, da Directiva Bolkestein para liberalizar e privatizar os servizos públicos ou da permanente presión para alargar a idade de xubilación e recortar e privatizar as pensións públicas. A Unión Europea mostrou o seu carácter de instrumento do capitalismo europeo e o destino que este nos depara. Estamos ante un sistema en que os adiantos tecnolóxicos non serven para mellorar a vida da poboación senón para devolvernos ao peor pasado de explotación. Un sistema que, para sobrevivir, necesita cargar sobre as nosas costas as calamidades da crise que eles mesmos provocan, despois de enriquecerse á nosa costa. XOGAMONOS MOITO, FAI FALTA UNHA FOLGA XERAL EUROPEA DE 24 H. Nada podemos esperar do Parlamento europeo, que aprobou no seu día a Directiva da vergoña e que está en mans dos mesmos gobernos que promoven a Directiva das 65 horas. Entre os promotores están os Berlusconi e Sarkozy, man a man co Partido Laborista británico e a socialdemocracia alemá. O Goberno Zapatero, que afirma estar en contra da Directiva, non votou en contra senón que se abstivo. Unha agresión desta envergadura esixe unha resposta contundente en toda Europa. A proposta da CES (Confederación Europea de Sindicatos, da que forman parte CCOO e UXT) está moi lonxe do que se necesita. Unha barbaridade como esta non se pode parar con presións diplomáticas a eurodiputados e gobernos, nin negociando "melloras" de algo que é innegociable, nin limitando a mobilización a protestas testemuñais. A xornada do 7 de outubro só ten sentido como preparación dunha folga xeral de 24 horas antes de que o Parlamento europeo vote a Directiva. Convocar esta folga xeral é a obrigación de todas as forzas sindicais e en primerísimo lugar da CES, sobre a que recae a principal responsabilidade. Esiximos aos europarlamentarios o rexeitamento directo da Directiva, e ao Goberno Zapatero que, se de verdade se opón, faga un chamamento urxente ao seu repudio e esixa a súa inmediata retirada. NON á DIRECTIVA DAS 65 HORAS! SÍ ás 35 HORAS! NON á EUROPA DO CAPITAL! CAMPAÑA CONTRA A DIRECTIVA DAS 65 HORAS | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
BUSCO PERSONA PARA TRABAJAR CUATRO HORAS POR SEMANA Por: No Registrado | 12-07-08 19:07 No Registrado | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |