16-11-09 14:15 | #3865287 |
Por:No Registrado | |
Foto: festa do marquelo 2009 | |
Puntos: |
24-01-10 19:28 | #4467461 -> 3865287 |
Por:No Registrado | |
RE: Foto: festa do marquelo 2009 que e eso da festa do marquelo? e a festa de reunion dos veciños... e nova non? | |
Puntos: |
25-01-10 16:12 | #4473762 -> 4467461 |
Por:santisax ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: Foto: festa do marquelo 2009 A festa do Marquelo é quizais a festa etnográfica máis antiga da Baixa Limia, xa que se ven celebrando dende aproximadamente 12 anos (ano arriba, ano abaixo). Celébrase na praza de Xendive que está no medio do pobo tódolos 14 de Agosto. A idea desta festa xurdiu como unha xuntanza da xente do pobo cos turistas que veñen no verán a pasar as vacacións, polo que nos primeiros anos chamóuselle "Festa do Turista" e na cal se facía unha cea na praza na que participaban os veciños que quixesen. Aos poucos anos engadíronselle nesa data unha serie de actividades que tiñan lugar no campo de fútbol: turra á corda, partido de fútbol, carreira de sacos, ... e especialmente o xogo do Marquelo (xogo que se practicaba antigamente cando a xente ía co gando). Debido á importancia que colleu o xogo do Marquelo a festa pasou a chamarse con dito nome. Ademáis dos xogos no campo de fútbol, seguiuse facendo a tradicional cea na praza e tamén se contrataron grupos músicais para bailar un pouco despois da cea. Cada ano fóronse facendo melloras na festa como, por exemplo, no último ano que houbo dous días de xogos. O día 13 houbo actividades para os máis pequenos (marquelo, turra á corda, carreira de sacos e aros)e o día 14 para os maiores (homes e mulleres). Tamén, o día 14 pola mañá, veu unha muller que lles ensinou tanto a nenos como a maiores a elaboración artesanal de cestas. Por último, cando rematou a cea houbo trofeos para os campións e subcampións do marquelo masculino e feminino, medallas e libros para os nenos e nenas que participaron na festa, etc. Ademáis, nos últimos anos, cos avances tecnolóxicos existentes sacáronse numerosas fotos, fixéronse vídeos,... que algúns deles están colgados en internet para que quen queira os poida ver (sobre todo a xente que non puido asistir). As fotos están colgadas neste foro e os vídeos na páxina de youtube (sinto que non teñan mellor calidade). Incluso no último ano a Radio Galega se interesou por esta festa facéndolle unha entrevista a un dos organizadores da festa. A verdade é que a xente que ten participado nesta festa soe repetir e incluso planifica as vacacións en función desta festa, polo que animo á xente que non tivo ocasión de participar que se anime aínda que só sexa por probar unha vez. O prezo é de 15 euros xa que hai que pagar a comida e o grupo musical. Xa por último dicir que na parroquia ademais desta festa hai o magosto, o San Gregorio (9 de maio), o Pilar, o San Xoán, a sardiñada de San Xoán que tivo moito éxito o ano pasado, o San Ramón, ... | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Foto: Undia en xendive Por: No Registrado | 01-03-11 18:17 No Registrado | 0 | |
FESTA DO MARQUELO 2010 3/8 Por: santisax | 20-10-10 19:52 santisax | 0 | |
Foto: Festa do marquelo 2007 Por: No Registrado | 12-05-09 10:20 No Registrado | 0 | |
Foto: veciños de xendive Por: No Registrado | 30-03-09 20:39 No Registrado | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |