Foro- Ciudad.com

Xendive - Orense

Poblacion:
España > Orense > Xendive (Boborás)
13-10-09 22:28 #3515965
Por:santisax

VIDEOS YOUTUBE
Hola a todos os foreiros e foreiras. Un saúdo para todos. Dicirvos que xa están colgados algúns vídeos en youtube da festa do marquelo deste ano por si os queredes ver. Aínda faltan uns cantos e esperon que vos gusten. Neles refléxase o ben que se pasou este ano (tódolos anos se pasa ben) xa que este ano considero que se superou. Houbo moita máis xente e melloráronse algunhas cousas como por exemplo as actividades para os máis cativos do día anterior:marquelo infantil, turra á corda, carreira de sacos, aros, etc. Tamén foi un éxito a elaboración das cestas na cal participaron desde os máis cativos ata persoas máis maiores.
Por todo esto, pola miña parte darlle as gracias a toda a xente que participou na festa e, en especial, aos que levaron quizais un pouco máis de traballo para que todo saise tan ben como son o José Benito e o Paco. Tamén darlle as gracias á xente que colaborou axudando a servir nas mesas, a buscar sillas, a recoller todo,...

Para rematar, quero animar a toda a xente que entra no foro de Xendive (e que está polo pobo) a que se anime a ir este ano ao magosto que seguramente se vai a celebrar no mes que ven. O ano pasado houbo moita xente e tamén se pasou de marabilla. Pola miña parte darlle todo o meu apoio aos que organicen o magosto porque sei o traballo que se leva para que todo saia o mellor posible e ás veces non se valora.

Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
videos youtube Por: santisax 11-05-09 22:10
santisax
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com