28-08-12 10:10 | #10465056 |
Por:No Registrado | |
Bandos do alcalde Esta ben actualizar os prezos dos servizos que "mal presta o concello", pero mellor esta prestar uns servizos decentes. Basta dicir que somos uns cantos os que pagamos unha recollida do lixo diaria e os contedores so se vacian dúas veces a semana, non temos contedores de reciclaxe e o barrendeiro pásanos pola porta de pascuas en ramos. ¿E a suba da urbana? esta moi ben subila pero mellor estaría se as beirarrúas se arranxasen e se o concello fose a repor as lámpadas fundidas, que é unha vergonza que teñan que ser os propios veciños dos pobos os que teñen que pagar dúas veces polo mesmo: unha a través de impostos e outra mercando as lámpadas. ¿E que dicir do uso dos bandos para informar? ¿Pensouse en por bandos cada vez que hai que cubrir un posto no concello e non meter a xente a dedo? Porque creo que a lei de réxime local di que cando hai que contratar persoal ten que anunciarse debidamente para que todos teñan a oportunidade de presentarse o posto, coma as empresas para as obras, e non ir polas casas sacando a xente. | |
Puntos: |
09-09-13 01:14 | #11549194 -> 10465056 |
Por:No Registrado | |
RE: Bandos do alcalde Para que o PP gañe eleccios tras elecciós, non se pode dar a oportunidade a que todos opten en igualdade de condiciós os postos de traballo. Hai que ter de mao os fieles votantes de toda a vida e as suas familias. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Falta de respeto institucional del señor alcalde Andrés Montesinos Por: No Registrado | 28-05-15 19:36 No Registrado | 21 |
![]() | ![]() | ![]() |