Foro- Ciudad.com

San Millao - Orense

Poblacion:
España > Orense > San Millao (Cualedro)
07-03-09 19:22 #1904602
Por:plutarco

Breve historia de San Millao
Sitúase una ladeira ben orientadad ó sur,dando a impresión as súas construccións de estaren sempre bastante espalladas.En calquera caso conserva edificacións moi típicas de pasados séculos,así como praciñas tradicionais de excelente estampa.Conta tamén con duas fontes/alxibe,unha delas porticada e de noble feitura e a outra,á entrada da aldea,toscamente fermosa.Igrexa de boa fábrica,con escalinata de ascenso,o adro de moi boa traza e forno do concello sen mérito especial.San Millao conta no seu termo con terras áridas e trrreos bos,pero a fama dos seus productos agrícolas específicos correspondeu sempre ó viño.San Millao foi tradicionalmente a ribeira da metade occidental do concello,onde algúns labradores con certo desafogo económico,incluidas labranzas podentes,como a dos da Casa Grande de Niñodaiga,posuían bacelos,e seus viños,brancos e tintos,sempre foron moi apreciados,sobre todo no verán.Caldos delgadiños,afrutados,de bon beber,sobre todo os que proceden das viñas máis próximas á Santa Mariña,aló onde se xuntan o Búbal e o Azureira.En San Millao non se pode ir tomar unha cunca de viño a un bar calquera,que cho poñen "xoven do ribeiro"Tendes que obrigar ós taberneiros a que vos leven á adega.Xa veredes cómo muda o conto.Seguindo algúns autores,como Olga gallego e Fariña jamardo,San Millao pertencera,na administración do Antigo Rexime,o couto da Xironda.Nembargantes,tanto evaristo rivera,aducindo xa testemuños do século XVI,como implicitamente Cid Rumbao falan da súa pertenza clara ó señorío de Monterrei,por canto San Millao foi en tempos anexo de Flariz,xunto con Lucenza e Videferre.A poboación evolucionou sempre ó compás da dos demais lugares,contabilizándose ata hai pouco,máis de setenta veciños.Na actualidade áchase en proceso de minguar,como acontece nas demais aldeas próximas.Pero San Millao é sobre todo famoso por mor dun xacemento arqueológico,o seu castro,ó que tamén aquí se chama cidá.Aínda que pertencente ó termo de San Millao,áchase en realidade case equidistante de Xironda,San Millao,pedrosa e A Madanela,e emprazado nun outeiriño exento,delimitado a poñente,polo leito do rio Castro,que deseña a esta altura unha das paisaxes máis fascinantes de toda a redonda,paisaxe na que se funden ecoloxía,arqueoloxía e etnografía,pois existen ó longo do cañón varios muiños fariñeiros de bastante antiguedade ¡Que gran parque natural se se repoboase con bidos,amieiros,freixos e carballos,árbores autóctonos daquela paraxe.No castro fixera excavacións Taboada,o seu principal estudioso,nos anos cicuenta.Eu mesmo realicei achegas posteriores puntualizando algunhas inexactitudes e,posteriormente,membros do museo de Ourense levaron a cabo no lugar unha curta campaña de excavación sen resultados de bulto.Entre ós objetos accidentalmente atopados alífigura como principal o dunha falera ou condecoración militar en forma de placa arredondada,da que o motivo principal representado é unha faciana de medusa,que está perforada nas catro esquinas por outras tantas ventaiñas de perfíl ultrasemicircular,o que nos leva a datar a condecoración militar no Baixo Imperio (séculos IV e V).Isto quere dicir que,ou seu propietario serviu en frontes lonxanos e veu morrer ó seu berce, ou no lugar houbo no Baixo Imperio un destacamento militar romano con calquera motivo.Agora ben,o que mais que sobrancea e sobranceou sempre no castro de San Millao foron as súas imponentes defensas,ainda moi erguidas e de excelente execución,a base de pedras,en ocasións ciclópeas,perfectamente encaixadas segundo unha técnica chamada "opus poligonale".Tratase de dúas murallas imperfectamente concéntricas,que posúen,a treitos,paredes trarversais de unión que partillan aínda máis,con finalidade defensiva,o espacio coutado.Son recoñocibles,alomenos,dúas importantes entradas.A máis occidental delas áchase protexida no seu acceso exterior por unha nova muralla duns corenta metros de lonxitude.A oriental era servida por unha calzada que aínda hoxe se olla serpentear polas ladeiras surorientais do Morro.Non facía falla foxo pola beira do rio,onde existe un agudo escarpe.En cambio habíao,e profundo,pola parte noreste,dada a accesibilidade do terreo.Taboada descubrirá no seu momento algunhas plantas de cabana de varias formas,existindo xa unhs construcción complicada en estancias á moda romana,Todos estes datos lévanos a pensar que o castro de San Millao,máis que un representante típico da cultura castrexa xenuínaé un forte romano,construido á moda do país ou que aproveitou algunha fortaleza anterior,que xogou un grande papel nas loitas e avatares bélicos dos últimos tempos do Imperio e,incluso,da época suévica.Afalera alí achada,ó mesmo tempo que a feitura do recinto mesmo,onde as construccións permanentes,nunha prospección superficial,non parecen ser abundantes,parecen abonar esta mesma idea.De tódolos xeitos,interesa suliñar que a relación entre o poboado ou vila do viduedo e castro de San Millao parece clara,atendendo á proximidade entre ámbolos xacementos.Pero matinamos que tal relación estenderíase en intres difíciles a tódolos establecimentos periféricos asentados na chaira,que procurarían o seu refuxio momentáneo tras dos aneis defensivos do castro arriba descrito.
Puntos:
07-08-09 14:05 #2890192 -> 1904602
Por:No Registrado
RE: Breve historia de San Millao
aquí dejo este en enlace de San Millan.

https://ww.mispueblos.es/galicia/orense/san_millan/
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
historia de un voto Por: No Registrado 03-09-08 00:01
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com