08-08-10 05:45 | #5867331 |
Por:No Registrado | |
Bubal rock; proxección internacional. Aconteceu o venres, entrada ben a noite encamiñabamos xa a derradeira hora do dia seis de agosto e nos Peares estábamos de festa e para min: festa de primeira. Eu atopábame ó carón do David xunto a mesa de son,e de súpeto achegouse a min unha rapaza que resultaba ser unha anterga compañeira do instituto,o mundo e un pano! Acompañando a esta rapaza estaban uns amigos seus os cales me presentou,teño que recoñecer que a situación me pareceu do mais pintoresca; xente de Holanda de Londres de Uruguay e mesmo de USA(para mais sinal;Philadefia).Distintos paises,distintas culturas pero todos coincidian no mesmo: o magnífico lugar no que se atopaban;?Incredible?,?So beautiful?,?Very very nice? e esto foi o que me superou para ben posto que ata agora non escoitara gabar dese xeito tan unánime as belezas do noso pobo.Pensar que cecais dende este dia, o són,as verbas ?Peares? poida que resoen por algunha rúa de Philadelfia,por Ansterdam ou mesmo en Chelsea pareceme sublime. Por todo esto, debemos celebrar o éxito promocional que supón este ano o Bubal rock para o noso pobo. Asimesmo,dar a noraboa os rapazes e a todos aqueles que participaron coa sua axuda nesta laboura,e animar a todos á participar,a ver se para vindeiras edicións podemos dar un pasiño mais nesta festa de TODO e para TODO o pobo. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Bubal Rock Por: No Registrado | 31-05-11 18:30 No Registrado | 1 | |
Foto: Acea do Bubal Por: No Registrado | 20-09-09 16:24 No Registrado | 1 |
![]() | ![]() | ![]() |