Foro- Ciudad.com

O Barco de Valdeorras - Orense

Poblacion:
España > Orense > O Barco de Valdeorras
16-11-09 23:59 #3872820
Por:No Registrado
No Barco: Exposición de fotos sobre o Camiño de Santiago
Do 16 ao 30 de novembro de 2009, no Barco de Valdeorras, na SALA DE EXPOSICIÓNS DE CAIXANOVA, hai unha moi boa exposición de fotos sobre o Camiño de Santiago. Horario de 19:00 a 21:00.



EXPOSICIÓN: “CAMIÑO, FOTO E PALABRA”

O Camiño de Santiago é un camiño exterior e interior. Pés, corazón e alma. A compañía, a soidade, a música, o silencio, o frío, a calor, a auga, a sede, a fame, a fartura, a dor, a ledicia, a sombra, a luz, os soños, as pedras, o lusco fusco, o amencer, as caricias do vento, o arrecendo da lúa chea... no Camiño cada momento é diferente. Pero vívense todos con intensidade.
Alí hai tempo para rir e para chorar, para morrer e para renacer, para sementar soños e para velos medrar... Para mirar, para escoitar, para falar... E para estar calados, en silencio, aprendendo a convivir con un mesmo.
A foto, a palabra, e sobre todo o latido que non se ve na foto e o silencio que non se reflexa na palabra... todos forman parte do Camiño...
O Camiño, como a vida, é tamén un tobogán de estrelas e soños, de olladas e abrazos, de encontros e despedidas... Por iso remato cunha frase que me escribiu en maorí Bárbara, unha muller de Nova Zelanda: "Haere mae, haere ra, kia ora". Dito en castelán: "Nos encontramos, nos saludamos, nos decimos adios”. E en galego: “Atopámonos, saudámonos, despedímonos”.


Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Elecciones Europeas 2014 - Resultados electorales O Barco de Valdeorras Por: Foro-Ciudad.com 26-05-14 02:42
Foro-Ciudad.com
0
Venta de miel on-line Por: No Registrado 03-09-13 14:13
No Registrado
0
Foto: Casa de Concello Por: No Registrado 20-04-13 20:56
No Registrado
0
Mantenimiento de Guardería Por: Foro-Ciudad.com 23-02-10 00:24
Foro-Ciudad.com
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com