Foro- Ciudad.com

Lodoselo - Orense

Poblacion:
España > Orense > Lodoselo (Sarreaus)
25-11-06 22:48 #285742
Por:MANU

Civitas Limicorum
'Civitas Limicorum'
No tempo dos romanos 'Civitas Limicorum' e o pobo máis importante do contorno da limia e nil tamen se atopa o xacemento prehistórico de Roufeiro

Datan de finais do neolítico os máis antigos como o amosan os achados de frechas de sílex. Tamén se documenta a existencia de poboación nos comezos da Idade do Bronce cos vestixios atopados no xacemento de Roufeiro.

Coa chegada e o asentamento dos romanos produciuse a romanización de toda a zona e dos habitantes indíxenas. Crese que estes, coñecidos coma os Límicos, tiñan a súa capital no mesmo lugar no que os romanos asentaron a ' Civitas Limicorum'. Hoxe este lugar é coñecido co nome de 'A Cidade' situado no monte do Viso. E non en Xinzo por ser terra inundable na quela época. E só hai que ver onde se asentan todos os pobos vellos da comarca e todos estan nas ladeiras dos montes, os poboados fortificados onde habitaban galaicos. O pobo galaico Limici viviu nos castros da Cidade (Civitas Limicorum), a Gándara, Tarrrazo e a Rocha, entre outros

Por moito que se queira agora levar para Xinzo a Istoria non se pode trocar de golpe o caron dunha festa.
Xa no ano 1777 o cura de Chamosiños home moi sabido di: " En un alto que se llama Do Viso, hay un llano , como dos millas de circunferencia, que nombran la Cidade. En medio de este plano está una ermita...e nas suas visitas na cidade, dí que naquel recinto hay varias covas, fornos de ladrillo e moitas tumbas de pedra. Tamen fai lembranza de unha torre ben feita que derrumbaron os sedentos de ouro.
No século XVIII M. Murgia e F. Lopez Cuevillas din tamén que Civitas a patria do bispo Idacio foi A Cibdá do Monte do Viso, Idacio e o istoriador dos suevos e bispo de Chaves.
No século XIX di Barros Sibelo que o limicorum forum está no monte O Viso e que acharon tumbas que tiñan inscritas " a cidade dos límicos" encontranse no museo de Ourense.

HIDACIO DE CHAVES
«Natus in Lemica Civitate». A finais do século IV, cando o Baixo Imperio romano
cristianizouse e está a punto de ver como as súas fronteiras e terras son atravesadas
polos pobos bárbaros, nace na Gallaecia hispana Hidacio. Non sabemos se tal lugar
era unha cidade «na planicie do Monte Viso, xunto ós pobos de Lodoselo e Nocelo
dá Pena...» como afirmaba o noso gran Marcelo Macías (1899), ou ben a maneira de
nomearse como membro da comunidade étnica dos límicos. En todo caso, «un fillo
desta terra» que o ano 427 será consagrado bispo da veciña Aquae Flaviae, actual
Chaves.
Probablemente pertencía a unha familia cristiá da aristocracia galaicorromana, o
cal lle permite, sendo neno, realizar unha interesante viaxe a Oriente onde permanece
uns tres anos e coñece a importantes persoeiros do cristianismo antigo como Xoán de
Xerusalén, Teófilo de Alexandría ou ó mesmo san Xerome, que nestes momentos
vive como monxe en Belén os derradeiros anos da súa vida.
O seu labor episcopal desenvólvese en circunstancias conflictivas.
Puntos:
01-11-12 23:00 #10723695 -> 285742
Por:No Registrado
RE: Civitas Limicorum

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
lodoselo Civitas Limicorum Por: MANU 02-12-06 12:43
MANU
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com