Entroido Larouqueño A derradeira lembranza que teño do entroido en Larouco foi unha probocación dunha rubia cun truco ( o Paco do Mimito) disfrazado de rubia explosiva atacando o Tolin no bar do Mondelo. A influencia do viño fixo o resto e as embestidas do Tolin foron cada vez mais fortes e provocativas, sempre axudadas pola iniciativa da rubia. Precisaba saber si este ano saliu o folion dos sachos e bombos? Algun reporteiro pode comentar si o estruendo oiuse en Chandoiro. Pasou o entroido e solo quedan cuarenta dias para voltar a Larouco. Semana Santa xa queda mais cerca e polo tanto estou mais cerca de voltar a Larouco outra vez. VIVALAROUCO |