RETORNO O RURAL Sempre me quedou a esperanza de que algun dia o noso pobo voltaría a ter actividade similar a de principios do século XX. Onte na prensa aparecia unha crónica na que determinaba o futuro do rural galego. penso que a hístoria ten un componente de inercia importante, facendo que determinadas zonas xeográficas sexan puntas de lanza da historia, replicando logo poo resto da xeografía.Vamos algo asi como que os inicios de calquer cambio encetan en Norteamérica, de seguido saltan o vello continente, entrando por Alemania, Inglaterra, Francia para logo seguir a sua traxectoria polos paises latinos ( España, Italia, Grecia, Portugal). Estas correntes que chegan o noso pais extendense dende as grandes urbes Madrid e Barcelona o resto de comunidades, xa finalmente espallase dende a capiatal de provincia hacia os centros das bisbarras para logo chegar o centro do mundo Larouco. Vamos que en definitiva a autopista das costumes e cambios fai un recorrido dende Nova Iorque- Londres-Berlin-Madrid-Ourense-Barco de Valdeorras-LAROUCO. Con todo esto o que vai acontecer podese adiviñar, en certa medida vendo o que pasa en outros lugares. Pois ven que pasara co noso pobo no futuro, creo que sera como todo o rural galego, unha zona poblacional escasa que tera como principal sustento o coidado e protección da natureza( espacios naturais protexidos, coma Serra do Invernadeiro, Caurel, As Medulas,...) apoiada por un turismo de natureza. E a outra pata da economía será unha agricultura-ganderia ecolóxica e natural cun criterios de calidade superiores a gricultura-ganderia extensiva. Vamos en definitiva que dificilmente teremos 2.000 habitantes no noso pobo nas vindeiras decadas. Quedanos a idea de que seremos un pobo tradicional e incluido nunha zona natural importante,mediación entre as bisbarras de Valdeorras e Terras de Trives. Voltarei a votar productos hoticolas no Noguedo, e a ter un rebaño de ovellas e cabras no Couto, vacuno nas Salgueira,olivos hacia o Castrillón, e por suposto viño, licor cafe, aguardente, tostado, purrela e demais pócimas de Cabeza Vella. Esqueciame da ganderia pitas e porcos que nos surtan de ovos,chourizos,androias,xamóns e frebas. Bueno un abrazo a todos e por suposto VIVALAROUCo |