31-01-12 19:49 | #9539530 |
Por:No Registrado | |
Correr o Morrión. O Folión de Larouco era impresionante: Por casualidade me lembro que pasaba este, i eu detras da parede do atrio, o puden obsevar. Pra darse unha idea, cando a cabeza presidida por un animado grupo, pasaba enfrente a zapateria do "Cabra", os outros inda pasaban mesmo na esquina do atrio. Era espectacular, tanto polha sua vistosidade, como polha coreografia. Moitisimos disfraces e moitos carros engalanados, incluso os bois i os burros, xa que daquela otra cousa non habia. Eran grandes personaxes e organizadores, O Gitano, O Maní, O Cotas, A Enrriqueta, O Nabor; o millorciño po pobo. Lastima que O Cotas e O Maní, se dedicaran a trafega do viño. Todo esto se perdeo, pois a emigración tamen atrouxo o Gitano, y el parece ser era dos millores. Logo baile a rachár no salón de o Ferreioro i no do Chachelas. Pasado o Mercores, radio Valello informaba a rachár, sobre todo de aqueles que se atrevian a pasar As Alcantarillas e chegaban a Pena dos Namorados. Tempos que nunca voltarán, os nenos remendados e con galochas, e as calles, unhas embarradas e outras con quintairos, mentres unhes seis rebaños de cabras e ovellas, roian todo. O Couto e o Castrillón, solo tiñan que pedras. Grandes grupos de xornaleiros, de As Arriveiras ie de Chandoiro escavaban as viñas, onde nin por asomos podian entrar burros e bois; sufrindo os mas avanzados as vurlas, dos cosecheiros cando empezaron a arar, sobre todo O "Tolín", que comprara unha mula. E cando un se atreveo a meter o Piva, Algun decia: "mira ese ca cucaracha saltarina". Tempos. | |
Puntos: |
01-02-12 00:52 | #9541545 -> 9539530 |
Por:o neno dos zoelas ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: Correr o Morrión. Menudo Folión, e vaia achegamento fixeches de aquel tempo millor. Gracias por recordarnos aqueles episodios non tan lonxanos, e que tu viviche en tan primeira persona o pé dèlo,como un pura cepa. O Neno | |
Puntos: |
05-02-12 11:50 | #9564873 -> 9541545 |
Por:vivalarouco ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: Correr o Morrión. A verdade que non me pode creer que eso sucedera no meu pobo. Algo de verdade e impresionante o do folion, non o de pasar fame. Por outra banda creo que o Cotas e o Mani o que facian e engalanarse co viño novo e como é un placer tan exquisito, calquera di que non. Penso que foron unhos dias de ensono, gostariame vivir épocas pasadas pero cas comodidades e servicios de hoxe en día( medicina,alimentación,...). Porque para que vale unha gaiola de ouro si non hai páxaros?. Por eso sempre penso que VIVALAROUCO | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
¿Qué facédes..pechacancelas?? Por: o neno dos zoelas | 05-02-12 11:52 vivalarouco | 2 | |
Uná pequena mala noticia Por: o neno dos zoelas | 09-01-11 17:46 VIVALAROUCO | 4 | |
CONGRATULACIONES.............. Por: No Registrado | 13-07-10 00:50 o neno dos zoelas | 1 | |
Foto: Larouco en otros tiempos. Por: No Registrado | 25-03-09 00:55 No Registrado | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |