Foro- Ciudad.com

Larouco - Orense

Poblacion:
España > Orense > Larouco
14-01-12 16:45 #9431907
Por:o neno dos zoelas

Larouco terra de xigantes
Estandes todos buscando as proporciois fantásticas que acompañan a
este relato.O primeiro pensar na nosa igrexa e o tamaño comparativo
de tales veciños., pero a suxestión trasládanos a oscuridade dun recinto
onde dous nenos comen roxóns o carón da estufa, e fán amagos de metelos
naquel lume.Dados o bon acomodo, aperecían nò televisor dos 70 series
tales como " Viaxe o fondo mariño" e "Terra de XIGANTES".Este feito
estirou tanto o noso pensar que puxémonos a recordar cantos logros
enormes de larouqueños, e o perfil de aquelas persoas con tal voluntad.
Pensamos primeiriño no atrio, e as suas portas rasbar., pois sabiámos
que en tempos a porta mais longa púdose saltar., que pernas entón mais
longas que montaban llantas de 28" nàs bicicletas, e que nos facían
imposible..casi, permanecer nélas.
Aquelas viñas, aqueles muros,aquelas zanxas..todiño feito por eles.
Pan con viño pra desaiunar, licor e augardente pra esperguizar, e o almorzo sin tardanza, levánllo cún azato o pé dònde está.
Implacable as oito pra cear, sube as escaleiras canso pero realizado.
Pénsa na súa gran labor,como quen oradou unha montaña e agarda que a choiva caiga a favor.Non falarlle pra que non se volva, solo
recibes o recado da gaseosa..que levar unha botella tampouco e gran cousa.

PD.Agradecido escribo, por todo ó que deí recibín.,incluso grandeza.
Puntos:
14-01-12 20:21 #9432926 -> 9431907
Por:No Registrado
RE: Larouco terra de xigantes
Dende logo que si é terra de xigantes.
Agradecidos todo los foreros polas añoranzas prestadas.
Casi non me lembraba dos cascos das gaseosa
Vivalarouco
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Foto: Ourense terra da Chissspa Por: o neno dos zoelas 06-09-10 11:05
No Registrado
1
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:08/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com