Foro- Ciudad.com

Larouco - Orense

Poblacion:
España > Orense > Larouco
19-12-09 01:44 #4213834
Por:No Registrado
Voltou Xuvencio
Xuvencio, farto de estouzar, nas viñas e nas hortas; voltaba pra a casa, e o chegar o alto da Ermida, xuntousa con un arrieiro que viña de Vigo. Ate que chegaron o Baloiro non pararon de falar, e o arrieiro lle contaba como saian barcos de vapor, con rumbo a Cuba, a Panamá a Brasil e a Arxentina. Quedou, que cando voltara se marcharia pra Vigo con el. Ninguen sabe como fizo, pero embarcouse pra Arxentina nun barco de vapor. Alo chego; pero tivo mala sorte, pegou del a policia, e o voltou pra o barco con rumbo a Vigo outra vez. O chegar procurou polho arrieiro, e virse de volta pra casa. Sin un can no peto, colleo camiño pra Larouco el soliño, coma un cadelo. Baixando Castro Caldelas, alo no cima do monte, ivan uns homes con unhos bombos; era o Folion de o Burgo,con direucion a Vilamaior. Empezaron a tocar aqueles bombos, e este homiño so escoitaba: Larouco PAN POUCO,Larouco PAN POUCO, Larouco PAN POUCO. Empezou a correr, e os bombos, cada vez lle soaban mais cerca. Levaban a misma direucion, so que el corria no fondo,e os do folion no cima da serra do Burgo. O chegar a Cerdeira, botouse a descansar un anaco, non podia co macuto. Cando baixando, cara a Navea, salian os de Penafolenche co folion, direucion Coba. Empezan a tocar; e aquelas gaitas grileiras decian: Ninho araron, ninho sementaron; ninho araron, ninho sementaron; ninho araron, ninho sementaron. A quel home pensou que co-a fame, se estaba voltando tolo; corria polhos atallos coma un raposo. Chegou a Mendoia, e os do folion de Langullo, que voltaban de Borruga, biñan-lle dando forte a os bombos, que resoaban nos caborcos do rio Tintin, embocando cara o Caneiro, e parecia que se fundian aqueles montes, e beña, dalle, BUM bum BUM bum BUM,eieieiei,BUM bum BUM bum, eieieiei. A quel home soiño, e ainda encima arroupado so co ruxir do rio Bibei, no alto de os Cobedos, e sin forza casi, escoitou o funguido de un burro, que oliscara a Xuvencio. ¿Quen anda ahi?-contestou un home-. Son eu señor Onorato. Xa se coñeceron polha voz. Era Martes de Carnabal,casi noite pecha, e o Señor Onorato, traia pra corte o burro, que estivera pacendo no prao do Medo. Xuntaronse os tres, e Xuvencio contoulle o que fora del,e do seo recorrido. Onorato que era home de prestixio aló na Ermida, xuntou a os oito veciños da aldea, e ficeron unha festa na lareira; pois era Martes de Carnabal, e voltara Xuvencio. Comeron sopas de allo con torresmos, e beberon argalla. Cadaun dos outros veciños, foise a dormir, Quedaron solos,Xuvencio e o Señor onotato, contandose cousas. Pero aquel: Larouco pan pouco, ninho araron ninho sementaron, eieieiei, bum bum bum bum, non lle saia da cachola a Xuvencio. Outro trago, equedaron-se dormidos.Empezou o galo, quiquiriquiiiii, entrou na lareira, a Señora Dorinda. Ale Onorato, que eu bou ate O Poulo; e non te esquezas, leva o burro pra o prao do Medo.
Puntos:
19-12-09 02:49 #4213955 -> 4213834
Por:o neno dos zoelas

RE: Voltou Xuvencio
Salvou o conto o canto do galo,porque vaia pesadelo ó de Xuvencio nésa cruda ficción.,por algo lle teño eu llullu ao tremor désos bombos carnavaleiros,pero mais inquedanza me da non saber nada do arrieiro de Vigo..,estimo que foi el quén lle delatou a poli a clandestinidad de Xuvencio.Dispois de escutar aquel estribillo do pan..aberr quén leva o burro ata o Prao do "Medo".Clas-clas..clas-clas..

Confundido Neno
Puntos:
20-12-09 19:52 #4225627 -> 4213955
Por:o neno dos zoelas

RE: Voltou Xuvencio
Por certo que quixera que foras tí con quén me aventure ná "Fonte Macha".,polo camiño escutábate de bon agrao..amigo de Xuvencio.

O Neno
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Presupuesto detallado del Ayuntamiento de Larouco - 2016 Por: Foro-ciudad.com 10-10-16 11:07
Foro-ciudad.com
0
Votacions 20 N Por: VIVALAROUCO 25-11-11 23:50
VIVALAROUCO
4
KIKO_ISA Por: No Registrado 12-09-10 16:39
mariajesuscarmen
1
Resultado Elecciones Locales 2007 en Larouco. Por: Locales2007 25-03-09 01:45
No Registrado
1
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com