Foro- Ciudad.com

Larouco - Orense

Poblacion:
España > Orense > Larouco
30-07-09 16:16 #2828707
Por:o neno dos zoelas

sin .. vivese millor..e mais tempo
Merda por conocer que dous guardias foron asesinados oxe en Mallorca.
Merda por que púdemos morrer calquera de nos.
Merda por a proximidade de Marivent a esa infraestructura asesina.
Merda por ter que protexer cada vez mais a realeza.
Merda por ter que custodialos en continuas vacacions.
Merda por non telas eu..e non saber cando paran eles.
Merda por requerirme impostos pra seguir co seu paripé.
Merda por que non sein si xuntareín a pasta que me piden.
Merda por que esa xente xamais nos tubo en conta..de sempre.
Merda por que soio estan,porque garantizan votos a quen os apoie.
Merda por hipocresia en forma de constitución.(Renovación).
Pódes ter bon cú..pero dudo que superares esta marcas fedentas.
Vixilaremos a maneira de que non nos vixilen,despintaremos o que outros pinten,e resituaremos o que outros desfixeran.Alguén da mais..sin razón algua?.Boas tardes..pensemos en solucions pacíficas.

O Neno
Puntos:
31-07-09 00:44 #2833264 -> 2828707
Por:VALDEORRES

RE: sin .. vivese millor..e mais tempo
Estou totalmente en desacordo Neno.
Responsabilizas o Rey dun atentado de ETA, da banda que o intentou matar, que se crea fai 50 anos pa combatir o réximen de Franco e conseguir a independenza do Pais Vasco, e resulta que Franco morreu fai 34 anos e o Pais Vasco nunca foi unha nación, pertenecía o reino de Navarra.
Eses son os asesinos, xente fascista, que non acepta que a maior parte de España e de Euskadi non está de acordo cas suas ideas.
Hoxe cada un vota o que lle parece, hay partidos republicanos e independentistas, os mais importantes son Izquierda Unida con 963.040 votos e Esquerra Republicana con 296.473. PP e PSOE suman mais de 21 millons de votos, a diferencia e abismal, hay que respetar as reglas do xogo, e eses resultados dicen que este pais quere seguir tendo este modelo, basado na Constitución-
En canto as solucións pacíficas, dudo que ante xente que coloca un coche con 300 kilos de explosivo cerca de residencias donde ademais de Guardias Civiles hay mulleres e nenos, ou a fazaña de hoxe en Mallorca, valgan solucións pacíficas.
No Reino Unido tamén había unha banda terrorista chamada IRA, en Alemania os Baader Meinhof, en Italia as Brigadas Rojas, en Francia Acción Directa, eses grupos prácticamente desapareceron, e as solucións que buscaron eses paises non foro precisamente pacíficas, chamáronse SAS, GSG 9, CARABINIERI e GENDARMERIE, e decir grupos de élite antiterroristas, e por su posto medidas políticas e xudiciais, ata que chega un momento que todos os membros son detidos, ou non lle queda mais remedio que negociar a rendición.
Puntos:
31-07-09 02:07 #2833651 -> 2833264
Por:o neno dos zoelas

Ehh..
Valde..lee ben..,pensa o que escribas..,e non saques conclusions erróneas.O problema seria configurar o pais actual no que queremos vivir.O rey ven coa palmadiña de Franco..proseguindo uná "curiosa dinastia".De todas formas,incrimínasme emín de responsabilizar o Rey de qué?..non entendin con tanta cousa que puxeche..Eu aborrezo que se mate a naide,e o rey dame igual onde se atope..se gasta do seu peto.Cáeme simpático e campechano,pero namais.Non xustifiquein ese atentado..deploreino claramente por contrario.Creo necesario que axa guardias que se xoguen a vida por nos,e sentinme doido por esa sinrazón..como a tua.Un consello..pon en orden o que leas,..e sé conciso nó que digas.Saludos meu.

O Neno
Puntos:
31-07-09 09:39 #2834425 -> 2833651
Por:VALDEORRES

RE: Ehh..
E verdade co Rey ven coa palmadiña de Franco, pero no ano 1978 votouse a actual Constitución, os resultados foron: participación de 17.873.301 votantes, o que supoñía un 67,11%, a favor 15.706.078 (88,54%) e en contra 1.400.505 (7,89%), a cousa quedou mais o menos como o Madrid-Barsa do Bernabeu (je je permiteme unha bromiña).
Ainda encima esa Constitución ou palmadiña, escribirona representantes dos principais partidos, e xa na votación do congreso pediron o voto a favor UCD, PSOE, o PP de entonces, e Partido Comunista(que resulta que despois de participar na elaboración e pedir o voto a favor, hoxe dicen ser un partido Republicano). Pero si seguimos con esta historia, PNV e Esquerra Republicana piden a abstención, o que e pa cagarse, partidos de caracter independentista e republicano. Únicamente piden o voto en contra os batasunos, o BNG e a Falange.
Pasaron xa 31 anos, eleccions unhas cantas, e os partidos que dicen ser republicanos sumarían mais ou menos ese 7,89 % de apoio, o que quero explicar e que esa "palmadiña", que efectivamente existiu, esta mais que aprobada pola gran maioría deste pais. Recorda co abuelo, Alfonso XIII, foise cando nunhas eleccions muncipais nas grandes cidades gañaron os partidos que por entonces eran republicanos.
O mellor entendinche mal responsabilizando o Rey, eu respeto todas as ideas, pero o que está claro que cando hay un atentado, os responsables son os terroristas, que non respetan a democracia, teñen ideais fascistas,queren gañar ca violencia o que non gañan nas eleccions, e teñen os collois de chamarse gudaris(guerrilleiros), cando combaten con bombas lapa con temporizador, coches bomba e outras accions cheas de valentía.
Esta claro que a Corona e un gasto, como e a Presidencia do Goberno, Ministerios, Comunidades Autónomas e Concellos, todos gastan, e se en vez de Rey tiveramos un Presidente de República gastaría o mesmo ou mais, ou que pensas que Sarcozy e Carla Bruni salenlle gratis os franceses, ou o Air Force One de Obama gasta coma un utilitario diésel.
Tamen está claro que para protexer a estes mandatarios gástanse grandes cantidades de diñeiro, pero eso tamén ten unha explicación, a morte por atentado dun xefe de estado, supon unha debacle económica de valor incalculable, a bolsa cairía dunha forma espectacular, o país perdería confianza respecto a outros paises, sen contar as posibles alteracións do orden que aproveitarían grupos extremistas.
Sinto o de ser conciso polo momento non o consigo, ¡UN SALUDO¡ e disfruta dos pementos fritos, que cando chegue o inverno tocan outros menús.
Puntos:
04-08-09 14:54 #2864159 -> 2834425
Por:No Registrado
RE: Ehh..
ten razón o neno o rey veu coa palmadiña de franco,e temolo que respetar pero podemos non estar de acordo con el......
e polo demais trankilo chaval que os pimementos comemoslos asados que para eso os preparamos no vrao.saudos neno..
Puntos:
05-08-09 13:11 #2872128 -> 2864159
Por:o neno dos zoelas

Oubo..quén..
Pimentos en Oimbra,en Herbón,en Padrón..coméronos xente de toda condición...como se fai en Larouco,que ata os Carrabouxo comeu.
De que nos queixamos??..Perdonai si me poño cruel cando vexo telediarios.,que non teño tempo agora.,..si ben digo que onte comimos padronciños,e o dia anterior verdes e roxos..todiños na miña cociña.
Salud..a todos-@s.

O Neno
Puntos:
06-08-09 11:50 #2879976 -> 2864159
Por:VALDEORRES

RE: Ehh..
ten razón o neno o rey veu coa palmadiña de franco,e temolo que respetar pero podemos non estar de acordo con el......

Volvo recoñecer que veu cunha palmadiña, pero non vou a repetir o do referendun de 1978, e as sucesivas eleccións, onde mais do 80% deste pais que a día de hoxe ainda se chama España aprobou esa "palmadiña", e o que non este dacordo co sistema que vote a partidos de caracter: republicano, anarquista ou de extrema esquerda ou dereita, que hay unhos cantos, e todos rexeitan a monarquía, e esi de facil, estamos nunha democraciá.
De todas formas a polémica veu por un atentado de ETA, e ti dis referídote o Rey: "temolo que respetar pero podemos non estar de acordo con el...". Evidentemente pódese criticar os gastos da Casa Real, ou se non se molla cando tiña que mollarse, pero no caso do atentado ¿en que non estas de acordo?.
Eu sigo crendo que os únicos responsables son a ETA e todo o seu entorno, que cometen eses actos inxustificables, porque son unha minoría e nunca gañan nas urnas, que matan veciños porque teñen ideas distintas, que ensinan os nenos unha historia falsa dun Reino Vasco que nunca existiu.
Pódese criticar a quen s equeira, pero todavía non vin por estes lares criticar os verdadeiros asesinos.

Puntos:
07-08-09 01:33 #2887118 -> 2879976
Por:o neno dos zoelas

RE: Ehh..

"Merda por conocer que dous guardias foron asesinados oxe en Mallorca".
(ó primeiro que puxen eu,e NON LEICHES inda).
"Pódese criticar a quen s equeira, pero todavía non vin por estes lares criticar os verdadeiros asesinos".DICES TU.(o último error teu decir que non ves..e reclamar que non viches).Ponte un crespón Valde.
Sigues recortando e pegando pra meterma doblada..pero non sabes cómo,e intentas enredarnos entre as tuas recurrentes estadísticas..pra qué?..
Que defendes tu??..quizais a constitución que ben se acordou no 1978 mereza una revisión tras 31 anos(xa choveu decimos nos).Si recortaras
desde o ano 1931 apareceríache uná República(2ª)en España ata o ano 1936 ano do alzamento,e,a peor equivocación,a guerra fratricida.O rey terémolo que respetar civilizadamente,e creo que é un experto militar muy diplómatico que pode ir o frente do exército en misions humanitarias.Sí pon na constitución que temos xuntanza de realidades multinacional ou multiregional(básicamente culturales)que piden que respetemos,cómo non o fas tí.,por que o verdadeiro obxetivo dos terroristas é confundir a xente como que todos os vascos son desa banda de asesinos que,non actúan por nosos irmaos vascos.Teño o gusto de ter familia agora mismo na casa(Pai andaluz, mai galega e fillos vascos..meus queridos primos..que ata leen en galego este foro,pra entendernos mais.Alí cando vamos comemos marmitaco,e ventresca de bonito pouco feitos,con viño daquí.,e cando vein eles gústanlle muito o pulpo,a empanada e o moza fresca.Un dos primos logrou tocar o armonio(órgano da nosa igrexa,tras muitos anos)..porque é músico e pra mais víctima silenciosa e colateral dese maldito grupo.
Quero que estas notas do armonio nos fagan ver que pódese razonar un posible avance da sociedad,ou conservar sin avance polo contrario.
Depende do color,(crómaticamente todos os colores parten da base azul,amarelo,e bermello)..muitas tonalidades,..muitos pensamentos diferentes con algunas cousas en común.Nada de roxo ou azul,..inda que meus colores políticos sean do mismiño caroteno dos pimentos que me zampo.,e de sangre azul nanai..toda ten o color da propia..VIDA.
A compañeira que replicaches con esas malas formas,(cómo lle pois o texto cortao pra correxila,quizais tamén fales esí.,..va que non??).
Pidelle disculpas..que é uná persona sanísima que aprecio muito as suas opinions,e lle mando un bico,..que nos perdone estos malos modos,que non nos farán perder ó estilo..ehhhh Valde??.Un saludo,e coloquémonos xa as chaquetas que ven a festa.

O Neno
Puntos:
07-08-09 11:54 #2888945 -> 2887118
Por:VALDEORRES

RE: Ehh..
Dende un principio sempre dixen que cada quen opine o que queira, pero si se pode criticar o Xefe do Estado, tamén se poderá criticar as opinións de quen sexa, tanto políticas como deportivas, non te olvides de cando celebramos o famoso triplete e entraches no foro, aquelas o mellor si que eran malas formas, e pola merda do do fútbol.
O de cortar e pegar, non e pa confundir, se non pa contestar cada texto.
Vou reproducir a tua primeira mensaxe:

Merda por conocer que dous guardias foron asesinados oxe en Mallorca.
Fenomenal condennado o asesinato.

Merda por que púdemos morrer calquera de nos.
Igualmente acertado, estas accións non teñen enconta quen pode pasar por eli.

Merda por a proximidade de Marivent a esa infraestructura asesina.
Merda por ter que protexer cada vez mais a realeza.
Merda por ter que custodialos en continuas vacacions.
Merda por non telas eu..e non saber cando paran eles.
Merda por requerirme impostos pra seguir co seu paripé.
Merda por que non sein si xuntareín a pasta que me piden.
Merda por que esa xente xamais nos tubo en conta..de sempre.
Merda por que soio estan,porque garantizan votos a quen os apoie.
Merda por hipocresia en forma de constitución.(Renovación).
Por estes párrafos son polos que intervín, mírelo como o mires xuntas unha condena o atentado con unha crítica a Coroa, ese e o problema que vin, sego decindo e non me cansarei, que a Coroa e criticable en moitos aspectos, pero o que non se pode relacionar cos atentados de ETA, e a primeira vez que o iogo.

Que defendes tu??..quizais a constitución que ben se acordou no 1978 mereza una revisión tras 31 anos(xa choveu decimos nos).
Si defendo esa Constitución, que xuntou a xente despois dunha guerra e unha posguerra, e trouxo paz, por si non o sabes a Constitución ten mecanismos de reforma, un título enteiro pa ser mais preciso, solo se teñen que poñer de acordo os dous partidos mayoritarios que xuntarían os 2/3 necesarios, se non o fan e a maioría deste pais seguen votandoos, o mellor e que a maioría deste pais non pensa como tu, neso consiste a democracia, aceptar os resultados electorais.

Si recortaras
desde o ano 1931 apareceríache uná República(2ª)en España ata o ano 1936 ano do alzamento
E si sumamos o ano escaso da 1ª República sumarían 6 anos, 6 anos de República frente a mais de 500.

Sí pon na constitución que temos xuntanza de realidades multinacional ou multiregional(básicamente culturales)que piden que respetemos,cómo non o fas tí.
Teño amigos en tódalas rexions, vascos, catalais, andaluces, canarios, asturianos, madrileños, manchegos, casteláns, claro que ningún ten eses ideais independentistas dos etarras, que por suposto non respeto.

A compañeira que replicaches con esas malas formas,(cómo lle pois o texto cortao pra correxila,quizais tamén fales esí.,..va que non??
¿Malas formas?, decir que o Rey non ten nada que ver nun atentado, volvo e volvereino decir, a quen hay que condenar son os etarras, e non mezclar a unha institución que prácticamente non ten nin voz nin voto, non me fastidedes si os escoltas do Rey tamen son Guardias Civiles.

Saludos e que teñades boas festas.
Puntos:
07-08-09 12:14 #2889099 -> 2887118
Por:Emigrante Retornado

RE: Ehh..
Realmente, A QUE ESTADES MONTANDO!!!!!!!!!!!!
Sin lugar a dúbida temos que olvidarnos de cortar e pegar historia e simplemente CORTAR E BORRAR A BANDA TERRORISTA ETA.

NON SE MERECEN PARTICIPAR NESTE FORO
Puntos:
07-08-09 13:08 #2889590 -> 2887118
Por:No Registrado
RE: Ehh..
todo acto terrorista e despreciable.
NAIDE os defende mais ben todos estamos contra eles coa forza da palabra.
pero esa palabra tamen e libre de expresar outras ideasnas que o mellor todos non estamos de acordo pero que deberiamos respetar e non facer como valdeorres que saca as uñas contra o neno ou contra todo que a el non lle guste ou non lle veña ben . a democracia consiste en liberdade e sobor de todo en RESPETO.RESPETO A TODOS-AS PERSOAS DE ESTE FORO.CREO QUE ESTE VALDEORRES PASASE 3 PUEBLOS ...
Puntos:
07-08-09 17:04 #2891676 -> 2887118
Por:o neno dos zoelas

RE: Ehh..
Valdeorres é dos meus..e temos tempo de falar de todo.
Mándolle un abrazo..e a posibilidade de non personalizar.
Festaaaaaa.

O Neno
Puntos:
07-08-09 19:31 #2893086 -> 2887118
Por:No Registrado
RE: Ehh..
viva la republica independiente de mi casa¡¡¡¡ Riendote Chulillo
Puntos:
09-08-09 00:44 #2900849 -> 2887118
Por:VALDEORRES

RE: Ehh..

todo acto terrorista e despreciable.
NAIDE os defende mais ben todos estamos contra eles coa forza da palabra.
pero esa palabra tamen e libre de expresar outras ideasnas que o mellor todos non estamos de acordo pero que deberiamos respetar e non facer como valdeorres que saca as uñas contra o neno ou contra todo que a el non lle guste ou non lle veña ben . a democracia consiste en liberdade e sobor de todo en RESPETO.RESPETO A TODOS-AS PERSOAS DE ESTE FORO.CREO QUE ESTE VALDEORRES PASASE 3 PUEBLOS

O mellor o que pasa e que as ideas que non se respetan son as miñas, contestei a primeira mensaxe do Neno, porque me parecía inapropiado poñer xunto a unha condena dun atentado unha protesta polos gastos da Casa Real as vacacións a seguridade, etc..., e sígueme parecendo inapropiado, pero tanto O Neno coma resto de foreiros podedes decir o que vos pete, efectivamente estamos en Democracia, pero esa misma Democracia tamén me ampara para opinar o respecto, e decir que me parece inapropiado, e deste burro non me baixo que son tan galego coma vos, e por todos os costados, que ata os meus tatarabuelos toda a miña familia e totalmente galega, e os galegos temos fama por os mundos de Deus de ser tozudos cando cremos que temos a razón.
Dicen que non respeto, que saco as uñas, que me paso 3 pueblos, ¿e sacar as uñas contestar con datos estadísticos o da "palmadiña de Franco"?, ¿que credes que si non existira unha rexeita masiva o sistema actual monárquico non o aproveitarían os políticos actuais para apuntarse o tanto e gañar as eleccións? ¿sabedes porque non o fan? Resposta: porque e unha das istitucións mais valoradas polos españoles, concretamente a terceira, tras o exército e a policía, e estos son datos do CIS do ano 2008.
Con esto non quero decir que todo o mundo teña que veneralos e decir que son magníficos, xa dixen noutro mensaxe que hay varios partidos de caracter republicano, nacionalista, independentista, anarquista ou falangista, vexase: IU, ERC, BNG, FALANGE, IZQUIERDA ANTICAPITALISTA, INICIATIVA INTERNACIONALISTA,IZQUIERDA CASTELLANA, ETC..., hay unha morea deles, ¿esto e faltar o respeto, sacar as uñas ou pasarse 3 pueblos?, o xustificar co que non este dacordo co sistema pode plasmalo nunhos resultados electorais.
O mellor o que non gusta e que alguen diga REALIDADES, e unha realidade hoxe en día e que eses partidos teñen poucos votantes, o que non quere decir que dentro dunhos anos sean maioritarios, e si se dese esa situación VALDEORRÉS aceptaría os resultados, igual co fai hoxe, neso consiste o respeto a liberdade e a demoracia.
Houvo unha intervención, e min non me pareceu acertada, e contestei, e decir expresei a miña opinión, ¿eso non e democrático?, ¿que era mais apropiado calar?, ¿a quen lle faltei o respeto por mostrar cifras e datos qe están o alcance de todos?
E o mellor de todo e o de "pasarse 3 pueblos", os únicos que se pasaron 3 pueblos foron os terroristas, pregúntalle os pais dos guardias mortos se me pasei 3 pueblos, ou as familias de Isaias Carrasco, Gregorio Ordoñez, Joseba Pagazaurtundua, Jose Maria Lindon, Fernando Buesa ou os nosos paisanos, os pais de Miguel Angel Blanco, o mellor para o gusto desta xente que sufrirá tanto o que lle queda de existencia quédome corto condenando os verdadeiros asesinos.
Esa e a realidade, morreron dúas personas, e teñen pais, hirmaos, noivas, familias, eu tamen son pai, e cando vexo esas mais rotas polo dolor non aguanto e rompo a chorar, un fillo e sangre da nosa sangre, e morrer desa maneira, cun ataque traicioneiro, sen poder defenderse, ten que ser algo horrible, e encima se vives nalguhas localidades do Pais Vasco eres un apestado, non tes nin as condolencias dos veciños, todo o contrario colocaranche as fotos dos asesinos como heroes na plaza maior.
Alegreime cando vin xuntos o Presidente Zapatero e Mariano Rajoy, dando o pésame as familias, cando foi o funeral o Lehendakari, e todas as mostras de apoio, pero non me alegrei co mensaxe do Neno, pero repito, porque non me pareceu acertado ou apropiado xuntar as dúas condenas, o atentado e a Monarquía, pero e a miña opinión, non ten por que ser válida, eu creo que teño razón e manifestome, si se me limita ese dereito non sería coartarme a miña libertade.
UN SALUDO A TOD@S, e perdede cuidado que mañá nada mais levantarme vou cortarme as uñas, que últimamente teñoas moi largas ¡je je!.
Puntos:
09-08-09 01:45 #2901026 -> 2887118
Por:o neno dos zoelas

Escribir de Valde,,
Significa que o tema xa non interesa,penso eu.
Aséate como dices,e sale dar uná volta..Fora cantan as rás,os grilos saltibanquean,e quizás vexas alguná luciernaga que che de un chisco de claridad.
Saludos,e non rasques as sábanas.

Teu Neno Muy Feliz
Puntos:
09-08-09 11:44 #2901974 -> 2887118
Por:VALDEORRES

RE: Escribir de Valde,,
O tema interesa e moito,desgraciadamente estes actos van seguir repetíndose, e volvera a dor. Pero acércanse as festas e hay que disfrutar un pouco.
En canto os dos "3 pobos" respetar que eu sempre respetarei, a salsa da democacia que nombrades e poder expoñer civilizadamente as opinions de cada un.
De cando en vez haberá ideas que non coincidan, tanto a política coma no fútbol, se non esto sería un pouco aburrido.
Por certo teño a muller de morros, di que ou coso as sábanas ou toca comprar unhas novas.
Puntos:
11-08-09 16:18 #2919796 -> 2887118
Por:o neno dos zoelas

RE: Escribir de Valde,,
Uná crítica-moralexa a este sinfín de elucubracions seria decir que "pasarse tres pobos"..únicamente significa que entre Nos fixemos exportable a outros pobos esta maneira de expresarnos "tan" nosa,no foro de Larouco con libertade de opinión.Asique non oubo mal que nos viñera millor pra quitarnos o medo de enriba.Pódese estar en muitas das circunstancias que vivamos e asomalas eiqui..por si tales apetecen ser leidas.(Penso eu).

O Neno Remolon
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Foto: Outra fonte mais Por: o neno dos zoelas 23-04-14 03:41
No Registrado
1
Chistes Larouqueños de todos os tempos.. Por: o neno dos zoelas 18-12-11 18:54
VALDEORRES
37
Encuesta:..Que che parece mais risueño..? Por: o neno dos zoelas 12-03-11 20:54
VIVALAROUCO
8
Mais retratos Por: Dionisio Yañez Mondelo 29-03-08 19:50
Dionisio Yañez Mondelo
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com