08-10-09 15:15 | #3471395 |
Por:No Registrado | |
NOTICIA DE INTERESE A XUNTA INVISTE PRETO DE 130 MILLÓNS DE EUROS PARA A CONSTRUCIÓN DO EIXO ENTRE A AUTOVÍA DAS RÍAS BAIXAS (A-52) E A FRONTEIRA PORTUGUESA A previsión do departamento que dirixe Agustín Hernández é realizar o levantamento de actas no primeiro trimestre de 2010 e iniciar as obras no segundo trimestre para rematalas en 2012 O proxecto de trazado do eixo de comunicación A-52 - fronteira portuguesa foi aprobado o pasado martes, 6 de outubro A infraestrutura inclúe unha autovía entre dende a A-52 ata Celanova e ten como obxectivo dinamizar a comunicación viaria no eixo Ourense-Portugal Esta actuación suporán unha mellora importante da seguranza viaria e a calidade de vida para máis de 150.000 veciños da provincia de Ourense O Consello da Xunta na súa reunión de hoxe aprobou o decreto polo que se declara a utilidade pública desta obra, trámite previo á ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución do trazado Eixo de comunicación A-52 coa fronteira de Portugal. Trátase dunha infraestrutura divida en dous tramos, na cal a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inviste un total de 128 millóns de euros. A autovía entre a A-52 e Celanova Sur está dotada cun orzamento de 112 millóns de euros e o segundo tramo, que discorre dende o sur de Celanova ata a fronteira portuguesa, implica un orzamento de máis de 16 millóns de euros. Esta infraestrutura xa estaba incluída no Plan Galicia deseñado pola Xunta anterior ao Goberno bipartito. O contrato de concesión foi adxudicado á empresa Autoestrada Ourense Celanova, Sociedade Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A. e o proxecto de trazado foi aprobado o pasado martes, 6 de outubro. A previsión do departamento que dirixe Agustín Hernández é realizar o levantamento de actas no primeiro trimestre de 2010 e iniciar as obras no segundo trimestre para rematalas en 2012. Autovía Ourense-Celanova Este eixo de comunicación estará conformado por unha autovía de nova construción entre a autovía das Rías Baixas e Celanova, que inclúe a variante de Celanova. O resto da actuación ata o límite con Portugal realizarase mediante a mellora e acondicionamento da estrada actual, incluíndo a construción da variante de Bande. Estas obras permitirán reducir a 15 minutos o tempo de percorrido entre Ourense e Portugal, o que supón un 40% menos que na actualidade. Gabinete de Comunicación San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: gabinete@xunta.es INFORMACIÓN AOS MEDIOS Consello da Xunta Treito Lonxitude actuación A-52 / Celanova Sur 18.7 Km Celanova Sur- Bande Norte 7 Km Variante de Bande 2.6 Km Bande Sur- Fronteira portuguesa 3.8 Km Total lonxitude actuación 32,1 quilómetros Beneficios A nova vía de alta capacidade ten como obxectivo dinamizar a comunicación viaria no eixo Ourense-Portugal e diminuír os tempos de percorrido, o que terá repercusións directas no aforro dos costos xeneralizados do transporte de persoas e de mercadorías, así como dos desprazamentos particulares. Segundo os cálculos do departamento responsable das infraestruturas, aforarrase un 34% de tempo como media nos desprazamentos entre Ourense e Portugal, ao pasar dos 67 minutos actuais aos aproximadamente 50 minutos que levará o dito traxecto unha vez rematadas as obras. O aforro máis notable terá lugar no tramo Ourense-Celanova, que pasará dos 25 minutos actuais a 15 minutos, é dicir, un 40% menos. Treito Tempo actual Tempo futuro Aforro (%) Ourense/ Celanova Sur 25 min 15 min 40 % Celanova Sur/ Bande Norte 10 min 7.5 min 25 % Variante de Bande 4.2 min 2.7 min 36 % Bande Sur/ Fronteira portuguesa 27.6 min 24.2 min 12 % Total eixo 67 min 50 min 34 % As actuacións previstas neste eixo de comunicación contribuirán a mellorar a estrutura territorial arredor da actual estrada OU-540 (Ourense-fronteira portuguesa) e Gabinete de Comunicación San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: gabinete@xunta.es INFORMACIÓN AOS MEDIOS Consello da Xunta suporán unha mellora importante da seguranza viaria e a calidade de vida para máis de 150.000 veciños, concretamente os de Ourense, Celanova, Cartelle, Allariz, A Merca, Ramirás, A Bola, Verea, Gomesende, Quintela de Leirado, Pontedeva, Entrimo, Verea, Bande, Lobios, Lobeira, Muíños e Padrenda. Un saudo para todas/os. Sigo moi liado, pero de seguida empezo de novo. JOSE LUIS | |
Puntos: |
08-10-09 15:55 | #3471923 -> 3471395 |
Por:No Registrado | |
RE: NOTICIA DE INTERESE POR FIN ACORDANSE DESTE RICON DE GALICIA QUE E MOI FERMOSO,PERO QUE ESTÁ BASTANTE MAL COMUNICADO.CANDO ESTÉ REMATADO SERÁ UN PASEO DENDE OURENSE.BICOS PARA TODOS E SEGUIR INFORMANDO DE BOAS NOTICIAS. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
NOTICIA DE INTERESE(PRENSA LOCAL) Por: No Registrado | 31-01-10 19:30 oscar vc | 7 | |
NOTICIA DE INTERESE( PRENSA LOCAL) Por: No Registrado | 19-01-10 12:37 No Registrado | 0 | |
NOTICIA DE INTERESE Por: No Registrado | 07-09-09 02:03 sujardon | 1 | |
NOTICIA DE INTERESE PARA A ZONA Por: No Registrado | 05-08-09 14:21 No Registrado | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |