01-12-08 22:33 | #1475989 |
Por:No Registrado | |
Blanca y pura Pa que logo digan que xa non queda nada virxen no mundo, jaja, riome eu deses comentarios, xa que o sabado estaba na Fraga de matanza na casa dos meus sogros e caiu unha nevada que pra que. Estivemos separados do mundo hasta case que as ultimas horas da tarde que viñeron limpiarnos un pouco a neve da carretera. Despois estiven co meu fillo xogando na neve, fixemos un boneco, tiramonos bolas e por ultimo fixemos unhos anxos deitados na neve, facia moitos anos que non o pasaba tan ben, e foi a la polo 80-82 que caiu unha nevada en Ganceiros que estivemos tres dias sen ir o colexio, daquela era unha un neno e o sabado xogando co meu fillo recordei aqueles tempos, e paseino de vicio, digovolo de verdade e unha gran cura contra o estres. Bueno despois de isto non teño nada mais que vos contar polo momento. unha apertiña. ![]() | |
Puntos: |
01-12-08 22:57 | #1476112 -> 1475989 |
Por:No Registrado | |
RE: Blanca y pura Que envexa, Alberto, digoch de todo corazón, eu non sain o fin de semana do piso, dende o venrres que sain da Academia as 10 ata o luns que fun a traballar, nada de nada, bueno, só fun o domingo a mediodia a Pontón a levarlle a miña nai uhas receitas,e polo resto como che digo, piso 10O X 100, pero a verdade e que non daban ganas de sair, por iso che digo que me das envexa, porqe recordo cando os meus cativos eran pequenos e mais de unha ver nos puxemos a xogar coa neve no Alto do Vieiro, outras veces en Manzanda, e foi inolvidable cando fomos a Andorra, aquelo e outro mundo e a verdade e que creo que non o van a esquecer nunca mais.Eu a verdade e que en alguns momentos paseino moi mal, porque como descoñezco este mundo da neve, ali como todo e impresionante todo me daba medo e pánico(a ignorancia do descoñecido) pero a verdade e que todo esta moi controlado e hai moita seguridade. Albero, se algun día podes leva-los cativos, non o dubides, porque seguro que nunca cho van a esquecer e agradecercho sempre, pero un poiquiño máis adiante, porque hoxe ainda son moi pequerechos.Pero, como ti ven dices, seguro que o diá do sábado vano a lembrar durante toda a vida, porque esas cousas son as que nos quedan na mente para sempre. Ben, un bico para Carmen e os pequenos, e ti "outro" pero nos MORROS. José Luis. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Blanca e pura Por: ARMA73 | 25-01-09 21:34 No Registrado | 4 |
![]() | ![]() | ![]() |