Foro- Ciudad.com

Ganceiros - Orense

Poblacion:
España > Orense > Ganceiros (Lobios)
24-10-08 22:29 #1331648
Por:No Registrado
" O MAGOSTO EN AGOSTO"
Non,non, o vindeiro sabado 8 de novembro. Hola forofos, que tal pasou a semana, espero que ven, eu a tope como sempre. Ben en principio queremos informarvos que xa estan postos os carteis do magosto nos lugares mais concurridos e visibles do pobo, foi obra do Alverto Movilla que e un dos colaboradores.Mais ou menos xa temos moitas cousas organizadas, pero este domingo vámonos a reunir para acabar de precisar e puntualizar algunhos puntos que ainda nos quedan(como o lugar, hora, etc....) xa vos iremos informando, pero tranquilos que o da comida xa esta amañado, que o fin e o cabo é o máis importante,bueno aínda faltan as castañas,pero como Natalia dixo que tiña moitos kilos non temos problemas ¿non e así, señorita.....?. En principio o menú seria:
- Chourizos
- Costela
- Empanadas
- Postres
- Pan,viño,refrescos,
- Castañas
- Licores,
- Queimada
- Panderetadas, cantigas e o que surxa
E todo isto por o módico prezo de 6€ (SEIS EUROS), eu sei que en época de crise todo custa, pero tamén creo que non é moi caro ¿non vos parece?. Tamén e verdade que podemos pasar fame, pero como a xente da bisbarra e moi fanturenta e as bodegas estan cheas de xamóns e chourizos non teremos problemas, e senón roubamoslle o meu sogro un porco,que a verdade e que xa estan ben cebadiños,jajajaaaaaaaaaaa.
Tamen queremos envitan a todos os veciños de Xendive e Torno para que se apunten. En principio os lugares para inscribirse van a ser: O Bar do Remixio, a casa do Alberto e maila da Carmen(a muller de Benito Amorín). ¡ah! en principio o lugar de celebración iva a ser na praza do pobo, pero debido a acontecementos recentes, consideramos que non é o lugar axeitado, por iso vamos a intentar que o a Rosa (do Fogueteiro)nos dé permiso para facelo no seu solar que ten no "Alto de Penela", e en caso de choiva a Corona ofertou o seu patio na Verea. O prazo para quitar as entradas xa vo lo diremos nos próximos días. Ben espero que vos anotedes todos-as porque seguro que o vamos a pasar moi ben e seguro que o vamos a consolidar para anos vindeiros. Ben, vamos a cear. Bicos de José Luis e Maricarmen. Esperamos tamen as vosas ideas e e suxerencias, e por certo si alguen por calquera circunstancia non poidese saca-las entradasn(porque temos tikes)se poña en contacto conosco.
Puntos:
25-10-08 00:18 #1332054 -> 1331648
Por:natalia_1979

RE:bueno, bueno.....con tickes e todo¡¡¡¡
si señor, pareceme xenial, por certo o domingo baixo a Ganceiros....asi que onde os reunides??? na casa do Alberto???? eu entro por ali e...pista¡¡¡¡ jajaja¡¡¡¡ o jose marchou xa cara ahi fai un anaquiño, asi que se o vedes mañá por ahi dádelle o recado da reunión q asi vémonos o domingo, de todas formas mañá cara á noitiña entro no foro para ver se deixachedes o recado; ok??? que boa pinta ten o negocio iste do Magosto¡¡¡¡¡ as castañas lévoas eu...non hai problema ningún¡¡¡ faltaría máis, se xa me tratades coma unha veciña máis...eu... de Ganceiros de toda a vida, vamos¡¡¡¡ da gusto con vós, si señor¡¡¡se a xente do resto do mundo fora asi....cantos problemas aforrábamos¡¡¡¡¡¡
Unha aperta para todos, VECIÑOOOOOOSSSS¡¡¡¡¡
Puntos:
25-10-08 00:55 #1332164 -> 1332054
Por:No Registrado
RE QUE BIEN


Hola a todos alegrome moito de que fagandes cousas como estas pa xuntar a xente do pobo e pasar un bo rato .

Os que non estamos hei himos sentir moita envidia pero sana por que indelo pasar moi ben ojala que faga un bo dia e cuidado cas castañas .


Haber si no veran facendes outra xuntanza pa que estemos os que estamos fora ,vale esi estamos mais cerca dos veciños que aunque estemos lexos acordamonós de vós.

Pois eu ise dia o 8 de noviembre teño unha boda en Jaen xa vendes que lexos teño que ir un amigo que se casa .

Bueno deixovós asta outro ratiño un bico pa todos .

A que me olvidaba que son Sara .
Puntos:
25-10-08 09:47 #1332479 -> 1332164
Por:No Registrado
RE: Hola Sara
Que tal Sara, perdoa por non contestarche antes as tuas mensaxes, pero entre estudos, cursos, panderetas e gaitas e o magosto, temos andado moi liado, pero Maricarmen e eu acordamonos moito de tí, ainda que e u persoalmente son o que menos te coñezco, pero seguro que este veran vamos a empatizar moito mais ¿verdade?. Non vos preocupedes os que estades mais lonxe que seguro que no veran vamos a organizar unha merendota especial só para os "forofos" e para que non sintades tanta morriña tamen vamos a asa-las castañas que sobren do magosto, porque seguro que ca calar do agosto seguro que non fai falta nin asalas,jajajaaaaaaaaa. Ben, cuidate moito e recordos a tuá irman, Bicos de José Luis e Maricarmen. Dixome o teu pai que no no chames tan tande que as veces xa esta na cama.
Puntos:
25-10-08 09:54 #1332492 -> 1332164
Por:No Registrado
RE: Hola Eva
Tamen che pedimos perdon por non contestarche ante, pero coma xa lle dixen a Sara con tanta actividade non hai tempo para mais. Nos tamen nos vamos a acordar de todos vos, pero seguro que se nos ocorre algo e facemosvos algunha homenaxe. Ademais como xa lle dixen a Sara no veran seguro que a cabeza nos da para pensar algo, porque como di o dito: "comer e rascar todo é empezar". Ademaís si queredes apuntarvos, podedes, que vos mandamos as chourizas, castañas.... en papel Albal, quentiñas e por Seur, jijijiiiiiiiii. Ben un bico e bo fin de semá. Recordos para o teu home. José e Mari.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
MAGOSTO 2010 2/8 Por: santisax 25-11-10 20:06
santisax
0
MAGOSTO 2010 4/8 Por: santisax 25-11-10 20:04
santisax
0
AGRADECEMENTO PERSOAL "MAGOSTO 2009" Por: No Registrado 16-11-09 09:39
No Registrado
7
SOBRE MAGOSTO Por: No Registrado 05-11-08 23:48
No Registrado
5
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com