22-11-07 13:48 | #573204 |
Por:No Registrado | |
A canción de Francelos. Francelos é un dos pobos máis bonitos que temos no Ribeiro e polo arredor. Un val acariñado polo Miño, inspiran ó poeta mailo pintor. Desde o alto do Campiño ere-lo pobo máis lindo entre montañas e ríos. Ereeeeeeeeeeeeeeeeeesssssssssssss......... FRAN...CEEEE.LOSSSSSS. Por tradición...un pobo alegre de simpatía. A túa xente non ten igual para animar festas e romerías... As mozas máis "lindas" de toda a rexión...(tararará) son as do Cerello sen comparación. Ven e verás...ven e verás...que non hai pobo coma Francelos para farrear... NOTA: A canción continúa, mais esta é a parte máis importante da mesma. Foi creada por Anita...unha das mulleres que máis fixo polo Entroido no Ribeiro, canción que se acabaría convertendo no hinno dos Mueghas: un grupo de rapaces da mesma aldea, que nun tempo se caracterizaron por ser eternamente virxes e por andar as máis das veces bévedos como cubas polas rúas en tempos de festa. Hoxe en día o grupo disolveuse, mais o espírito Muegha aínda perdura polas corredoiras desta pequena aldea do Ribeiro. NOTA: Por certo...aínda queda un virxe no grupo: O PRIMO. jajaja. FIRMA: JRR. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Xente de francelos en madrid Por: No Registrado | 13-04-10 20:07 No Registrado | 0 | |
francelos e a ostia Por: No Registrado | 02-03-09 20:06 No Registrado | 13 | |
Francelos Por: No Registrado | 21-01-08 03:45 No Registrado | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |