Foro- Ciudad.com

Figueiroá (San Xillao) - Orense

Poblacion:
España > Orense > Figueiroá (San Xillao) (Paderne de Allariz)
20-04-05 21:21 #60413
Por:No Registrado
Figueiroa de Cameixa
Quizais haxa máis Figueiroas, pero eu refírome unicamente a Figueiroa de Cameixa (Boborás), onde vivín hai moitísimos anos. Este lugar estaba atravesado por un camiño que comezaba perto de Cameixa e ía saír a unha estrada que baixaba cara Leiro por Laxas, Pazos de Arenteiro, etc.. Esta Estrada abeiraba tamén o lugar de Figueiroa, polo Norte. Figueiroa era un lugar moi quequeniño, cáseque sen vida. Había alí un barbeiro que se chamaba Pepe. Taberna non había ningunha; pero borrachos, moitos. Embebedábanse en Cameixa e logo víñana dormir a Figueiroa. Eu vivía na casa da señora Esperanza (unha muller magnífica, moi boa) e do señor Valentín, que era carpinteiro. Un verdadeiro artista. ¡Que ben dominaba a técnica do seu oficio! Agora xa non hai xentes así.
Había algunhas mozas, non moitas. O Pepe, o barbeiro, ás veces prestábame unha bicicleta e entón eu trasladábame deica o Carballiño para regresar pola tarde, entre lusco e fusco, sendo xa máis fusco ca lusco. Alí pasei un inverno. O mellor recordo de todos é o da señora Esperanza, tan boa muller, e o do señor Valentín, tan bo home e tan bo carpinteiro. Da demais xente case que non me acordo. Penso que xa morrerían moitos, por non dicir todos. Pero se vive algún e se recorda daquela época (estou a falar da época da posguerra), pódeme contestar. E se non se acorda, tamén. Gustaríame saber quen vive agora en Figueiroa e que foi daquela xente. Xan
Puntos:
03-02-08 23:03 #671358 -> 60413
Por:No Registrado
RE: Figueiroa de Cameixa
Daqueles tempos xa non queda xente. Pero debese acordar da boa auga da fonte, debaixo da casa do Sr. Valentín e da Sra. Esperanza. Tamén as casas dos Carabuñeiros, dos Soutelos, Faragullas, o Pelado ...
Quén mais?
Puntos:
25-02-08 13:07 #710699 -> 671358
Por:No Registrado
RE: Figueiroa de Cameixa
VAMOS A RECORRER ESTA ALDEA DO RURAL GALEGO-FIGUEIROA- .DENDE O SUR PISTA QUE ENTRA DE LAXAS CO A CASA DE PEPE INCRUSTADA NA PENA DA LAXA DENDE PODEMOS VER O LEXOS O CARBALLIÑO,PENA CORNEIRA,ALBARELLOS,BOBORAS CAPITAL DO MUNICIPIO.TAMEN VEMOS DENDE AQUI OS MONTES O LEXOS DO PARAÑO ,OS DE MACEDA,IRIXO E PENA CORNEIRA.SEGIMOS O RECORRIDO DEBAIXO DA PENA DA LAXA ESTA A CASA DE DAVID E CELSA DE SEGUIDO ACASA DO LUIS O RUBIO E MAIS EDI ACARON DO RUBIO VIVE A SUA IRMAN OFIR,DE SEGIDO VEN A CASA DE PACO QUE ESTA POLO CARBALLIÑO.XA NO MEDIO DO PUEBLO VIVI LURDES ,DETRAS NICOLAS E DE SEGUIDO JUAN E MARILO,ACARON A 100MTROS A CASA DE MARUJA A CONTINUACIO A CASA DA DIVILA QUE NESTE MOMENTO ESTA EN RECONSTRUCCION,A CONTINUACION A CASA DE ANGEL E ROSA ACARON DA DE VISITACION QUE VIVE CA NORA EN PONTEVEDRA,TAMEN A DE ALICIA E PEPE NA SALIDA DO POBO XA NA SUBIDA A CAMEIXA ESTA ANTONIO E MAIS ELVIRA E XA NA CARRETERA QUE VEN DE LAXAS ESTA PASTOR ,ESPERANZA, JLUIS E VITORIA,LAURA,PEPE,JESUS,PEPE SOTELO.
Puntos:
25-05-08 22:15 #897134 -> 710699
Por:No Registrado
RE: Figueiroa de Cameixa
pódeme vostede dicir de quen e fillo?
Puntos:
19-05-08 11:47 #880921 -> 60413
Por:No Registrado
RE: Figueiroa de Cameixa
Hola, Xan!

Eu son de Cameixa, ainda que por motivos laborais non vivo alí. E un dia "navegando por internet", como din os entendidos, deume por buscar información da miña terra, e atopeime con este foro. E vin, ademais, que o abrira vostede. Resultoume moi curioso que, precisamente alguén que non é de Cameixa, abrira un foro sobre este lugar, e se interesara por cómo é na actualidade. E ainda me sorprendeu máis cando falaba de Figueiroa, e a describía con tanto detalle. Cando lembraba a todas aquelas xentes, vin que o facía con cariño, e sobretodo, con moita nostalxia.

É por iso que me decidín a indagar sobre os nomes dos que fala no foro, sobre se alguén que aínda vive puidera lembrarse de quen era vostede, do seu paso pola nosa aldea..., de quenes eran as persoas das que vostede falaba...

E un familiar meu, que é de Figueiroa, díxome que vostede debía ser ( pode que se equivoque ), un mestre que substituiu a Don Tomás ( mestre de Cameixa naquel momento ), cando él estaba enfermo.Este familiar meu lembra que viviu vostede co Sr. Valentin e coa Sra. Esperanza unha tempada, un inverno.

Evidentemente, nin a Sra. Esperanza nin o Sr. Valentín viven. Polo que me contaron, fai xa máis de 40 anos que morreron. Nin tampouco este mestre, Don Tomás, nin a súa muller Dona Nieves. Os dous faleceron fai tempo.
Quen ainda vive é Pepe "o barbeiro", o que lle prestaba a bicicleta para ir ó Carballiño. Saiba que despois, fíxose fogueteiro. Tivo unha pirotecnia durante moitos anos. E de Pepe "o barbeiro", pasou a ser coñecido coma Pepe "o fogueteiro". Andará polos 80 anos, e vive alí en Cameixa, coa súa muller Alicia. Tivo unha filla, que está en México, e xa é bisabuelo.
Sei que o Sr. Valentín e a Sra. Esperanza, tiveron 3 fillos, algún ainda vive ( pero xa é moi maior ). Chámanlle Luis "o da funeraria". Non sei se vostede chegou a coñecer a algún deles.
Don Tomás e Dona Nieves, como xa lle comentei antes, xa non viven. Tiveron dous fillos, un cura, que xa morreu. Chamábase coma seu pai: Don Tomás; e o outro pintor, un gran artista: Antón Vila. Ó mellor ten oido falar del. Por desgracia, tamén faleceu. Viven a súa muller, mestra xubilada, e os seus 4 fillos.

Tabernas segue habendo ( en Cameixa ). Hai dúas, ainda que agora cos "tempos modernos",chámanlle bares.
Unha pertence a unha cuñada de Pepe " o barbeiro", filla do Sr. Bernardo e da Sra. Clotilde, que eran os que tiñan a taberna nesa época. E a outra é dos herdeiros do Sr. Adolfo e da Sra. Carmiña.Chamábanlle daquela "os do comerciante".
Na casa na que viviu vostede, viviu Lourdes e a súa familia, un matrimonio con 4 fillos. Agora so vive a muller, con dous dos fillos. Segue existindo a fonte debaixo desta casa, pero a auga xa ninguen a usa para beber, porque está abandoada.

En fin, non sei se con estas liñas ( un pouco extensas ), lle puiden servir de axuda para lembrar aqueles tempos. Saiba que todo o que lle conto ( do pasado ), é segundo información de familiares meus, que agora andan polos 70 anos. Eu son demasiado nova para lembralo. Cando vostede estivo en Cameixa, nin nacera eu, porsuposto, nin sequera os meus pais. Calculo que haberá desto entre 50 e 60 anos.
Tamén vin que dende fai 3 anos, non volveu escribir neste foro.
Gustaríame saber que foi de vostede, e se realmente é ese mestre que substituiu a Don Tomás, ou se, pola contra, me equivoco.

En fin, vou ir cortando, porque esto en vez dun foro, parece unha novela. Xa ve, a vostede gústalle saber do presente de Cameixa, e a min encántame indagar sobre o pasado...

Un saúdo.

P.D.: Saúdos tamén, para todos os veciños de Cameixa, e en especial, para os que participan neste foro.





Puntos:
25-05-08 22:07 #897118 -> 60413
Por:No Registrado
RE: Figueiroa de Cameixa
No lugar que vostede está mencinando vive Cepe o caravel, Amelia a de Jesus, Luis o Miandreiras e Victoria (a Filla dado Señor Rogelio Sotelo),e mais os fillos da señora Leontina. Pola parte da baixo de Figueroa vive o señor David e a señora Celsa (un encantadora muller que coitaba en fermedades, e as curaba),e a xente de da señora Encarnacion e o señor valentín, ademais da señora Alicía(filla do señor Bernardo que tiña o Bar en Cameixa e mais da señora Clotilde) e Pepe o Fogeteiro (que era barbeiro). Querolle recordar que esta zona ahora mismo esta en pleno auge, xa que diversa xente esta interesada en diversas casas vellas que alí había, e que se estan restaurando. Se desexa mais información acerca desta zona, non dubide en ponerse en contacto con nós atraves do E-mail www.crisvi@hotmail.com, querese poñer de manifesto que o que suscribe e bisneto da señora Aurelia a costureira do Mourouzón e mais do señor Roxelio que traballaba no ferrocarril, e da señora Rosa (unha muller moito boa que vostedce seguro que tuvo o gusto de coñecela)
--Gustaríame moito saber da sua identidade para comentarlle os meus abos e así falarlle de vostede, a ver si se acorda de vostede.
Sen mais xa me despido esperando encarecidamente a sua resposta.
Puntos:
19-12-08 18:35 #1556482 -> 897118
Por:No Registrado
RE: Figueiroa de Cameixa
Riendote Son PEPE a ver si te podes pasar o foro de Cameixa en google que asi temos fotos do Morouzon me imaxino que eres Jose.un saudo.
Puntos:
22-10-09 14:33 #3603482 -> 1556482
Por:No Registrado
RE: Figueiroa de Cameixa
Esa señora aun cura hoy las emfermedades(soriosis y huesos)gracias.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Foto: Foto de Cameixa Por: No Registrado 16-10-09 14:24
No Registrado
2
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com