Foro- Ciudad.com

Cualedro - Orense

Poblacion:
España > Orense > Cualedro
30-05-07 21:41 #399014
Por:No Registrado
os que se den por aludidos
Compadezco os do BNG e os do PSG : trasmítolles o meu mais sincero pésame , creo que puxeron as esquelas antes de tempo. Nunca se pode cantar victoria ata o final, o que rí último e o que gaña . e aquí esta a proba delo.
Sinto que non superaran as espectativas que tiñan marcado entre os dos, xa vedes, non todo o que se planea sae como un quere , !POR SORTE ! jejeje .pra outra será , aunque bueno de menudos kinkes nos libramos.
Puntos:
31-05-07 23:22 #400679 -> 399014
Por:No Registrado
RE: os que se den por aludidos
As esquelas non eran para enterrar a ninguen,notase que non as leiches. Pero supoño que che escoceu,para tua informacion nas esquelas intentabase dar a coñecer algo que eu como cidadan que son do municipio de Cualedro se me caeu a cara de bergoña cando mo mandaron,si che interesa podes mirar en el pais.com,o artigo "viaje de teo a cualedro" e moi interesante e si tes un pouco de orgullo xa me contaras,ata logo. elpais.com/articulo/galicia/viaje/teo/cualedro
Puntos:
02-06-07 00:26 #402010 -> 400679
Por:No Registrado
RE: os que se den por aludidos
eu xa lera o artigo e creo que non ten nada que ver iso con que o decoraran con esquelas e ises matizes de tan mal gusto , que casualidade non si? o dia antes das eleccións dedicanse a empapelar o concello pra ver si os parvos dos veciños reacionamos e cambiamos o noso voto , vaia vaia ,saiulles o tiro polo cu ,a metade de nos somos tan analfabetos que non chegara as nosas mans ese fantastico artigo , moitas grazas por ilo.aunque temos que aceptar a cruda realidade gañou o pp , aceptemolo , guste ou non ,claro esta que a maioria da xente foi votar obligada e a outra maioria como alguns definiron non valian para votar ou mellor dito non estaban cualificados para meter na urna o seu voto ...pode ser , quizais deberiamos de preguntar a esa xente e saber a sua opinion o respeto e logo quizais con moita moitaaa sorte igual nas proximas elecions os voten a vos .. quen sabe digo eu .....
un saudiño
Puntos:
06-06-07 11:03 #406415 -> 402010
Por:No Registrado
RE: os que se den por aludidos
Para min e igual quen gañara ou perdera.O que hai que facer e mirar a triste realidade do noso concello,temos que imigrar todos para poder vivir,casi como es que veñen nas pateras dende africa,mentras os señores-as da corporacion estan tan agusto sentados sin facer nada.¿Que pasa?,acaso esta xente non cobra do diñeiro que nos pagamos en impostos.Eu creo que estan para traballar para nos.Pero bueno e millor decir catro mentiras como que si gañan os contrarios quitanlles as pagas a xentiña maior,o autobus para ir a cobrar,etc.O importante e ter a xente engañada para que non vexan a realidade, e asi vamos de cu e marcha atras,temos que loitar poro noso e non enganarnos a nos mismos.Ata logo
Puntos:
16-06-07 22:22 #426589 -> 399014
Por:No Registrado
RE: os que se den por aludidos
Eu senembargo , compadezote a ti.

Ves o teu Concello esmorecer, que se queda sen xente nova , sen servizos, que nos pobos so hai vellos , e moitos deles mal atendidos , que o trasporte escolar ten deficiencias que sufren os meniños a diario. Que a unica empresa que se instalou no Concello nos ultimos 5 anos e a gasoliñeira do teu Cacique , e que non hai nada mais.

E senembargo ti alegraste de que todo sega igual.

Eu senembargo creo que esta situacion se debe os que nos gobernan. E cando digo "os que nos gobernan" refirome a unha familia que nos ven gobernando en liña sucesoria directa dende hai 150 anos. Ti non crees asi? , Ou a que lle votas ti a culpa , as inclemencias metereoloxicas??????

Senembargo ti cantas victoria , pobre victoria , a victoria do que vai seguer na mesma tonica , a victoria que nos leva a derrota mais grande seguer o mesmo camiño.........

Eu non sei se os do BNG ou os do PSOE son moi kinkes , pero para kinkes os que te alegras ti de que gañen. Se non fixate o que teñen , de onde lle ven .......... e despois pensa un pouco. Ainda que se cadra o que a ti che interesa e chegar a ser un kinke como eses dos que te alegras tanto que gañen.

Eu senembargo , loubo a xente que se presenta , tanto polo BNG como polo PSOE ,porque levantan a cabeza e queren sair deste marasmo ,porque se rebelan para buscar un cambio que os saque deste camiño que nos leva cara a deserificacion e o abandono.

Tamen loubo aqueles , que a escondidas , votaron a estes dous partidos. Porque a pesares da intimidacion que supon que o dia das eleccions uns axentes politicos anden indote a buscar a casa por casa para levarte a votar , si, si intimidandote , porque hai se non vas a votar con eles, .........xa nos veremos....... .

Pero ainda asi eu tampouco me alegraria tanto , porque os teus perderon 100 votos nos ultimos 4 anos. E a loita non fixo mais que empezar.

Unha aperta.

Puntos:
19-06-07 21:02 #429622 -> 426589
Por:No Registrado
RE: os que se den por aludidos
Hola de novo. Que pasa e que xa non tes argumentos para seguir a falar do que pasa no noso concello, "os aludidos" estamos a esperar a tua resposta. Por o menos hai unha persoa que ve as cousas como realmente hai que velas, supoño que hai mais pero teñen algo de medo, pero non hai que ter medo pois os tempos de Franco fai moito que remataron, e as medallas xa estan todas repartidas. Por outro lado e moi dificil que a xente se exprese por este medio pois como no noso concello non temos casi cobertura para telefonia mobil,como vamos a ter internet?. Agora resulta que se vai a facer un centro de dia, E todo un negocio! ca media de edade do noso concello,menudo chollo. Ata logo
Puntos:
20-06-07 16:20 #430631 -> 429622
Por:No Registrado
RE: os que se den por aludidos
vexamos estamos ca mesma tonica de que se intimida a xente ..pero vaia eu inda non vin a naide que fora votar obrigado ou con medo, medo a que?? a quen ? nin que se comera alguen .dimo ti , preguntalle a esa xente que supostamente esta intimidada ...e que lebandes este asunto a uns limites casi escesivos o voto e voluntario pero como tamen sabedes a xente se non ten en que ir votar non vai alquilar un taxi pra elo , ou si deberia? os do BNG e os do PSG tamen poderian poñer transporte por que non o fan? e libre non ?..a xente e a que decide por moito que nos guste ou non ,si vos os tedes por satisfeitos con 100 votos que nos perdemos pois alabado sexa .e por suposto que non so se gañou nestas elecions se non que dentro de 4 anos volveremos falar haber se vai resultar que levamos toda a vida cos mesmos gobernantes e resulta que todos somos analfabetos por que non vemos mais aló do que temos diante ...pero tampouco creo que ningun dos que se presentou nos vaia abrir moito os ollos ,..
Puntos:
20-06-07 22:33 #431204 -> 430631
Por:No Registrado
RE: os que se den por aludidos
Vexamos pois:
Intimidacion: Si fillo , intimidación , ou pensas que non vemos como as 9 da mañá, o dia das eleccions, se anda levantando a xente da cama para que vaia a votar......(moitas veces a berro limpo....) (eu non sei onde ti vives pero no meu pobo si). Si eso non e intimidar que veña deus e o vexa.
Segundo , todos ben sabemos como se move o concello de Cualedro, con xente que non se sabe "defender" ou "reclamar os seus dereitos" , levadelo facendo toda a vida.
A existencia de comisarios politicos , asociados o poder , acarrexando xente para votar, do xeito que o facedes ben sabedes que roza a ilegalidade.
Pero ainda asi , ¿porque non funciona o transporte publico electoral?, ou mellor dito , ¿porque interesa tanto que non funcione o transporte publico electoral?
Os espectaculos de "carretaxe" os que nos tedes acostumados non son de recibo en ningunha democaracia occidental , ou pensas que se vota asi en Francia , en Alemania , en Inglaterra ou en Suiza...... So se fai neste noso pais o que vos lle tedes dado "unha longa tradicion democratica".
Porque non o fan os outros partidos?? : Porque si cadra creen que o voto e Libre e Secreto , e que ninguen que te leve no seu coche , (porque ti non o tes) tenche que meter unha papeleta na man para indicarche o que tes que votar.E reclamamos TRANSPORTE PUBLICO ELECTORAL GRATUITO E INDEPENDENTE.
Pero ademais perdoame se che digo que dades un espectaculo autenticamente deprimente cando ides a buscar para votar xente con deficiencias mentais evidentes , vellos con Alzeimer ou demencia senil , (valevos todo) .............

De todolos xeitos , ti , que posiblemente sexas unha persoa do seculo XXI , gustariame que te miraras no espello , no espello deste video, que podes ver nesta direccion:

https://ww.youtube.com/watch?v=ABzJ6yvyEb4

Non sei se funcionará.


Gobernantes de toda a vida e abrir os ollos: Dende logo tes que entender que en moi pucas democracias deste mundo gobernou sempre o mesmo partido (xa non digo a mesma familia). (Bueno, si, na democracia de Franco , de Pinochet , de Castro e na do PRI). A alternancia no poder (Palabra que lle gustaba moito o teu ben querido Fraga , cando gobernaban os do PSOE), e un elemento basico en todas as democracias que se presten. (Se non probas outra cousa , nen sequera sabes o que sabe), o mesmo tempo que demostra o que se chama "saude democratica".

Pero bueno , de todolos xeitos , eu ben sei que a ti importache ben pouco a dialectica politica. Que o que en realidade che importa e seguirte aproveitando do poder, xa sexa en forma de "Parque empresarial" oredor da miña gasoliñeira , para que asi con fondos publicos a ver se fago unha bonita area de servizo oredor da miña propiedade , ou de "postiño vitalicio o cargo dos orzamentos publicos" do Concello ou da Deputacion , a traves dunhas oposicions de transparencia mais que dudosa .............. ,ou sacarlle "tallada as obras" con fondos publicos a base de facer obras nas que se lle escaquea materiais e medios........... e, evidentemente neso os demais no che imos a "abrir os ollos" mais do que xa os tes abertos.

Puntos:
22-06-07 16:13 #432992 -> 431204
Por:No Registrado
RE: os que se den por aludidos
Bueno ante todo teño que recoñecer que ti expresar, expresaste moi moi ben, co cal serias un bo opositor a alcaldia ,igual tiñas que plantearte para as próximas eleccións presentar a tua candidatura igual probariamos ese novo cambio que tanto anhelas. non estou cego neses casos puntuais que ti ´dís , agora ben ,no que non estou dacordo ,e que insinues que a xente maior vellos con alzeimer ou algunha demencia van votar obligados eu non sei de ningun caso ,penso que esa xente como ti dis non esta tan mal posto que vai votar igual tiñas que refrescarme a memoria e decirme algunha persoa ou caso concreto quizais che dea a razon ,de ser asi polo contrario creo que esto entrou nunha dinamica influenciada non sei por quen o polo que , pero o caso e cuestionar todo o que se fai no concello ou ben criticar que e a forma mais rápida e efectiva de facer as cousas , non estou dacordo e poderíache poñer unha serie de exemplos para que me entenderas mellor , deixemos que goberne ben ou mal tera 4 anos para demostrar o que vale so que vos estades empeñados en crucificar alguen faga o que gafa diga o que diga ou decida o que decida e non e asi ,gañou co cal non lle busquedes 5 pes o gato que so ten 4 .algo que non entendo e por que ese empeño en descalificar alguen so por ser quen e,, eu non vexo que as cousas esten tan mal que e o que se pide ? con quen se compara cualedro ? con teo ? menuda comparacion mais absurda meu colega iso e como comparar un panda cun mercedes , podemos falar de comparacion cuando estamos falamos da mesma cousa polo demais todo o que se diga o respeto esta fora de lugar non crees?
unha aperta.
Puntos:
26-06-07 01:08 #435428 -> 432992
Por:No Registrado
RE: os que se den por aludidos
Ola de novo:

En canto o carretaxe , eu repito , que ese non e xeito de exercer o voto , recoñecerasme que as peroas que carretan influen decisivamente sobre o votante , e que e unha maneira de controlar quen vai votar e quen non , nun pobo, e con quen vai e con quen non.(e eso tamen intimida!!!!!).

No resto da mensaxe a verdade e que te liache un pouco e non entendin moi ben o que querias dicir.

Dende logo que tera(s) 4 anos para demostrar o que vale(s) , pero un non e un só , e un equipo e uns obxetivos , unha filosofia , unha forma de traballar e de velas cousas. Neso , ainda que cambiaramos de xente, ainda que esta sexa un pouco mais nova, pareceme que cambiamos ben pouco, ou nada. (Sorprenderiame se fose o contrario).

Por exemplo: "Teo no e Cualedro , Teo e un mercedes, e Cualedro e un panda" (Por certo o periodista o que trataba de expresar era a Galicia do progreso e a Galicia do retroceso): Cada concello ten as suas posibilidades , o que hai e que explotalas , aproveitalas , cada un as suas , sen complexos, buscando futuro e progreso de forma incesante. Se de entrada pensamos que somos un Panda , e fagamos o que fagamos nunca sairemos de Panda , o final acabamos sendo un Panda con 600.000 Km. e aboiado por todolos lados. E como somos un Panda nunca levaremos os cuidados, e mimos que leva un mercedes, e polo tanto non sairemos de Panda.

Baixemonos o concreto: [b]"REPARACION DOS MUIÑOS ANTIGOS NO CONCELLO DE CUALEDRO": Como somos un Panda; Para reparar os nosos pequenos muiños , chega con que lle reparemos o tellado , de calquer maneira; se as tellas rematan no muro de pedra e filtran a auga para adentro do muro , e acaban por tirar as paredes , como somos un panda non merecemos mais. Que caian as paredes,e asi seremos un panda con 600.0000 KM.
Se reparamos os muiños de Cualedro e por dentro seguen cheos de merda ,e escombro , e a empresa adxudicataria non so non os limpa por dentro senon que ademais mais acumulalle o escombroda obra no interior..... "total somos un panda , que mais da!!!!!!.
Se os arredores dos muiños seguen igual de mal, sen desbrozar , sen ter acceso, sen indicacions.... como somos un panda que mais da!!!!. Os que queiran velo muiño xa o buscaran..... , total para o que ten que ver , esta cheo de merda.
No fondo , para que queremos o panda,"para aproveitarnos del, que no futuro xa mercaremos un coche mellor", e os muiños , posis tamen, a ver se lle sacamos unha talladiña as subvencions dos LIDER ou os PRODER,e invertila noutro lado.

Como ves , as cousa deberan cambiar moito, pero sobretodo na forma de velas, na sua propia filosofia , senon , non hai cambio posible.

Tes razon que tera(s) 4 anos , para demostrar o que vale(s). Ti pides o "beneficio da dubida" eu nembargantes non me queda mais remedio que "dubidar do beneficio".

Unha aperta.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Presupuesto detallado del Ayuntamiento de Cualedro - 2016 Por: Foro-ciudad.com 10-10-16 11:07
Foro-ciudad.com
0
Elecciones Generales 2015 - Resultados electorales en Cualedro Por: Foro-Ciudad.com 21-12-15 00:24
Foro-Ciudad.com
0
Elecciones Locales 2015 - Resultados electorales Ayuntamiento de Cualedro Por: Foro-Ciudad.com 24-05-15 22:25
Foro-Ciudad.com
0
O ALCALDE COBRA 2700 € O MES Por: No Registrado 30-08-11 04:51
No Registrado
9
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com