Foro- Ciudad.com

A situación xeográfica de Carracedo da Serra

Poblacion:
España > Orense > Carracedo da Serra (A Gudiña)
A situación xeográfica de Carracedo da Serra
Carracedo da Serra está situado na parte suroriental da provincia de Ourense, moi perto da fronteiras con Zamora e Portugal. Pertence á Terra das Frieiras e incluiuse dentro da bisbarra de Viana do Bolo, formando parte do Concello de A Gudiña.

É un asentamento poboacional nun val de gran fermosura e perto de Carracedo da Serra atopamos a "Verea Seca" que é unha das bifurcacións que ten a Vía da Prata do Camiño de Santiago. É por iso que é doado atopar peregrinos na estradas que comunican Carracedo da Serra coas outras aldeas do Concello.

Carracedo da Serra tamén é chamado Carracedo de Santiago por ter unha igrexa adicada a Santiago Apóstolo que é o patrón da aldea. Así que o día 25 de xullo é un día grande e emotivo para os veciños de Carracedo posto que é o día da festa do seu patrón.

En Carracedo da Serra Abundan os regatos como o Rigueiro, o Rebaixosa e o Charco.
A paisaxe é moi fermosa cunha gran variedade de árbores entre os que destacan os castiñeiros que constitúen frondosos soutos, carballos, amieiros bidueiros e salgueiros entre outros.
Enviado por: monicadbarja | Ultima modificacion:25-01-2007 11:47
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:15/01/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com