11-06-08 14:24 | #940188 |
Por:No Registrado | |
camiño xacobeo do ribeiro O CAMIÑO XACOBEO DO RIBEIRO. Co presente traballo preténdese dar algunhas claves da existencia na Idade Media dun camiño xacobeo que atravesaba as terras do Ribeiro. Tal camiño viña do que hoxe é Portugal, arrancando posiblemente de Coimbra. O seu itinerario seguía pola beira do río Miño, percorrendo os actuais concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia ate Castrelo do Miño. Cruzaba o río para ir a Ribadavia, continuando por San Cristobo de Regodeigón, Beade, Berán, Lebosende. Baixaba a Pazos de Arenteiro, subindo a Astureses, para coller para A Estrada, camiño de Compostela. Este camiño sen dúbida constituía unha importante via de comunicación comercial do Ribeiro con Compostela na Idade Media. Os datos que se presentan teñen a base suficiente para xenerar interrogantes con consistencia, que debe animar a un estudo en profundidade e a traballar pola promoción do CAMIÑO XACOBEO DO RIBEIRO. BASES HISTORICAS Os indicios da existencia do camiño baséanse fundamentalmente en tres pontos: A IMPORTANCIA DO RIBEIRO NOS SEC. X- XII AS RELACIONS DO RIBEIRO CON COMPOSTELA NESES ANOS A IMPLANTACION DE ORDES HOSPITALARIAS. | |
Puntos: |
![]() | ![]() | ![]() |