13-05-08 20:57 | #869160 -> 796285 |
Por:No Registrado | |
RE: a festa do Carme -historia A festa do carmen foi en tempos pasados moi popular. Foi a mellor festa relixiosa en toda a redonda, pero non era o que se dí "unha festa de toda a vida". Porque, aínda que a virxen do Carmen é a titular da igre-xa, o patron sempre foi o san Salvador. A virxen non sería tallada ata os derradeiros anos do século XVIII. Esta imaxe estivo prohibida nas igrexas durante varios séculos, ata que no ano 1726 foi autorizada e espallada polas igrexas católicas polo papa cistercense Benedicto VII. Pero quen realmente propagaron a virxen do Carmen e o escapulario por todo o mundo, foron os carmelitas. Suponse que a talla da virxen foi esculpida cando o seu propio retablo, o que está totalmende dedicado a ela e os santos da súa orde, no centro do cal está encastrado un camerín que foi diseñado como un xoieiro para a virxe, no que tan vene-rada foi. O retablo é dun estilo barroco moi tardio, xa de finais do século XVIII. O mestre pintor usou neste retablo unha policromía moi lujosa, utilizando as cores douradas en contraste coas cores chamadas (frías), verdes grises e azules, que son cores sedantes e apacibles para os sentidos e, que convidan á meditación e á oración. É unha mágua que esta obra de arte non sexa restaurada, do contrario acabará corroída pola carcoma. A virxe do carmen é a patroa dos mariñeiros. É a estrela que os guía polas augas turbulentas dos mares, e celébranse nos puertos de mar grandes festa á súa honra. ¿Pero por qué un altar na igrexa da Xironda, nun lugar tan apartado do mar?. Seguramente foi idea dun carmelita descalzo chamado Fray Juan, que naqueles anos moraba na Xironda. El foi quen bautizou na igrexa a primeira nena co nome de María do Carmen no ano 1805. A partir desas datas, o nome de Carmen foi un dos máis populares da parroquia. A virxen do Carmen da Xironda axiña alcanzou gran popularida e comezou a recaudar grandes donativos, tanto en diñeiro como en especies: leira, casas, e ás veces capitais enteiros éranlle entregados. O afan recaudador do clero colocaba no púlpito da igrxa aos grandes oradores, os quelanzaban grandes conferencias para que os fieis acudiran as grandes procesións e deran as súas esmolas á virxen, e para administrar todo este patrimonio crecente da, o bispo de ourense nomeou o cura D. Agustín Ferreiro, o que estivo ao cargo do patrimonio da vixe do Carmen durante os primeiros cincuenta anos. Deses fondos era don se pagaba a festa do carmen e, co que sobraba celebrábase o domingo seguinte o "carmen pequeno". Aínda que maioría do diñeiro iría parar aos señores abades, a acambio de misas cantadas, rezadas, novenas, responso etc, etc. | |
Puntos: |
31-05-08 18:54 | #912351 -> 869160 |
Por:desconegut ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: a festa do Carme -historia para saber la historia de la virgen del Carmen y demás hierbas os voy a dar esta dirección para que podais estar informados tanto los creyente como los no creyentes, pues no olvidemos que si no fuese por la iglesia aun andariamos como los salvajes, sin tener compasión del prójimo. . ![]() | |
Puntos: |
14-05-08 12:45 | #870546 -> 796285 |
Por:No Registrado | |
RE: a festa do Carme -- Á atención do patamelo coxo A festa non ten porque celebrarse, nin na picota, nin en calquer outro lugar. Porque o 80% dos veciños da Xironda, e quizais me quede curto, pagan de mala gana para unha festa na que non participan. Os festeiros contratan orquestras caras e de pouca calidade, cada ano suben as cuotas un 12 ou 15 por cento e a festa cada ano vai sendo peor. ¿Porqué?, si os novos non lle vai esa clase de música, e en vez de bailar andan zarandando de bar en bar e acaban cos ollos avinagrados e mirando de erguello. Os vellos, que é o 75% do persoal, van arrimando as costas ás paredes para mirar para quen baila, e como alí non baila ninguén, cando comezan a zoarlle os oídos de tantos decibelios arrancan para a casiña coa súa cabeza abombada. Xa o di o refran "o que vai a festa e non baila, máis vale que á festa non vaia". Os músicos ao decatrse que a xente non baila e non lle prestan atención, o aburrimento vaise apoderando deles, pinchan música enlatada e tamén se van a beber. É necesario organizar outro tipo de festa onde toda xente se divirta, porque na actual, os únicosque san favorecidos son os donos dos bares; que fan o agosto no xullo. | |
Puntos: |
25-07-08 20:04 | #1036370 -> 870546 |
Por:patamelo veloz ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: a festa do Carme -- Á atención do patamelo coxo Heche ben certo, si,de que os vellos non son animados dabondo como para arrincar a bailar e troulear. Bueno, non se pode xeneralizar. Tal como ti describes a situación, os vellos da Xironda son todos uns aburridos e aborrecedores da carallada. Ainda che baila algún...!!!. O que pasa é que lles levan a troula para a outra banda do pobo, onde cando chega a noite “nin os lobos paran” e ainda por riba non hai paredes onde “arrimarse para ver como bailan os demais aguantando os decibelios”. Penso que non se pode ser tan tráxico. Estas festas pasadas foron absolutamente concorridas, ainda tendo en conta as datas en que nos atopamos, que a mayoría da xenté ainda non está de vacacións, e pola contra das tuas analises folcloricas, a xenté votouse a bailar as pezas cás que ambientaban a praza da Picota as orquestras deste ano. Y é que ahí esta o quiz da cuestión. A ubicación do acontecemento. É doado de analizar. A festa cando se celebra na praza da Picota é moito mais concorrida que cando se fai no Sanbas. É normal. O lugar é moito mais acolledor. ¿Qué fan negocio os bares da vila?, home, é normal, eso pasa aiquí i en tódalas festas do mundo, pois as festas son eso, festas. Dende logo, ahí que diferenciar a celebración litúrxica da misa do Carme e mais as procesións, que son dignos de respectar e admirar , (e por que non, acudir) por todos, da celebración lúdica e pagá que atinxe a celebración, pois non hai festa na que non se dixira alcohol, que o fin e o cabo é o que lle da chispa a vida (con moderación, claro), polo que a mistura de música de orquestra, bares e boa compañía fai unha boa combina para pasar un bon rato de lecer. Saudos a todos e pasaino ben, que xa estamos no verán. | |
Puntos: |
08-08-08 23:58 | #1076006 -> 796285 |
Por:No Registrado | |
RE: a festa do Carme que se haga donde os de la gana mientras se haga y lo pasemos bien me da exactamente igual | |
Puntos: |
17-08-08 23:48 | #1092410 -> 1076006 |
Por:No Registrado | |
RE: a festa do Carme Espero que disfrutarandes das festas da Xirónda,Pedrosa e Cualedro quedabos a de San Millan, que o pasedes ben todos saludos ![]() | |
Puntos: |
26-08-08 14:27 | #1112414 -> 1092410 |
Por:No Registrado | |
RE: a festa do Carme Se terminan las fiestas cón ellas las vacaciones´deseo un buen biale a todos los que tienen que hacer un largo viaje´que todos podais repetir las bacaciones cón alegria para Navidadesbesos de una xirondesa. ![]() | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Foto: Festa do Carmen Por: No Registrado | 04-07-12 21:14 xirondesa1 | 4 | |
festa 2011 Por: No Registrado | 08-07-11 22:22 No Registrado | 0 | |
FIESTA DEL CARMEN Por: xirondesa1 | 11-07-09 21:51 xirondesa1 | 14 | |
Boas Festas Por: No Registrado | 23-12-05 01:57 No Registrado | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |