17-05-10 23:33 | #5332077 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
DIA DAS LETRAS GALEGAS Nosas letras galegas, Cos nosos acentos, lla nosa forma de falar, todas diferentes pero cos mismos sentimentos | |
Puntos: |
18-05-10 01:41 | #5332771 -> 5332077 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: DIA DAS LETRAS GALEGAS ¡ARRIBA POBO GALEGO, ARRIBA LINGUA GALEGA, QUE SE MORRE A NOSA FALA NON HAI POBO NIN HAI TERRA! Texto do libro da Exposicion "Historia da Língua Galega". | |
Puntos: |
17-05-11 13:34 | #7829831 -> 5332771 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
Re: dia das letras galegas Galicia ten tantas cousas k ofrecernos, Tanta riqueza, k temos k aprender a balorar. Viva galicia e viva a nosa lengua. Pramin a miÑa lengua galega e A k aprendin dos meus pais. Feliz dia. Un abrazo. | |
Puntos: |
17-05-12 08:42 | #10067693 -> 7829831 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: Re: dia das letras galegas Buenos dias. Feliz dia, a todos os galegos, Os que recorremos mundo, E os que estan na nosa querida Galicia. MiÑa terra queridiÑa. Un saludo. | |
Puntos: |
17-05-13 20:41 | #11313432 -> 10067693 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: Re: dia das letras galegas I Miñas donas e señores, nenos, vellos e medianos, esta historia verdadeira xa comeza cos romanos. Era unha vez unha terra que Gallaecia era chamada, onde había moitas tribos nunha idade antepasada. Fabricaban xoias de ouro de fina ourivesería, mais. II Asentáronse os romanos en cidades que fixeron, os antigos poboadores dos seus castros descenderon. Mesturáronse os dous pobos, vencidos em vencedores, e ó cabo dun certo tempo non quedaron máis rancores. Os romanos posuían unha avanzada cultura, e adiantaron moito as artes, o comercio, a agricultura. Falaban estes romanos, a ilustre lingua latina, e ó cabo de pouco tempo, Galicia por súa a tiña. | |
Puntos: |
17-05-13 20:53 | #11313458 -> 11313432 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: Re: dia das letras galegas III Media Europa e máis aínda falaba latín daquela coma Horacio e coma Ovidio, coma Plauto e Columela. Mais é de todos sabido que a lingua que se falaba non era o latín escrito, anque moito lle imitaba. Latín vulgar era a fala na que entonces se entendía desde o Miño ata o Danubio canta xente alí vivía. Desfeito o Imperio Romano polas armas dos xermanos, a lingua foise rompendo, porque todo vai mudando. IV Neste extremo de occidente xa o falar se diferencia do que falan en Italia en Romenia e en Provenza. Xa non podemos chamarlle lingua latina a esta fala, e chamámoslle galego pra poder diferenciala. Toda a xente desta terra sen ningunha distinción fala nesta nova lingua que é o idioma da nación. Os clérigos inda escriben na antiga lingua romana, pero o pobo non a entende, pois xa queda ben lonxana. | |
Puntos: |
17-05-13 21:11 | #11313506 -> 11313458 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: Re: dia das letras galegas V Alá polo mil douscentos a lingua que hoxe falamos escomenza a ser escrita por poetas e notarios. Falan en lingua galega eis,labregos e señores, e os abades dos mosteiros e os soldados e os doutores. Unha grande poesía cántase ó son das violas polas prazas de Santiago, por Toledo e por Lisboa. Agres cántigas de escarño, doces cántigas de amores resplendían coma xemas no cantar dos trobadores. VI Rei Afonso de Castela cantaba a Santa María coas palabras máis fermosas que na nosa terra había. Rei Denís de Portugal, o amigo da agricultura, na nosa língua cantaba con extremos de dozura. Martín Codax o de Vigo, Airas Nunes e Mendiño, dicían os seus cantares nas terras que baña o Miño. Pero Meogo trobaba do cervo que a auga volvía con tan belidos dicires que os sentidos suspendía. XIII E tantas altas empresas e tantos feitos honrosos que en Galicia procuraban un abrente esplendoroso. Castelao e Vilar Ponte Bóveda, Otero Pedrayo, ¡Que gran xente aquela xente, que esplendor extraordinario! No trinteseis o Estatuto fixo un pouco de xusticia recoñecendo o galego como lingua de Galicia. Pero a guerra fratricida desfixo toda esperanza e a vida de moita xente de imborrable relembranza. VII A luz máis bela de Europa resplendía en Compostela como en terras de Occitania de onde viña tanta estrela. Historias de cabaleiros e miragres de Santiago en galego se contaban, e as fazañas dos troianos. E ordenanzas se escribían e crónicas e tratados e os acordos dos concellos en galego eran labrados. Mais despois tempos viñeron que Galicia esmorecía, porque nobres e señores cometeron felonía. XIV Foron anos de silencio, de persecución e pranto: "A longa noite de pedra" enchía os peitos de espanto. or fin foron renacendo novas luces pequeniñas e Galicia agurgullaba nas xuntanzas clandestinas. Novos poetas cantaron, contaron os narradores, e "a longa noite de pedra" clarexaba cos fulgores. Galaxia, O Castro, Castrelos editaban en galego a patria nosa xurdía, e empezaba a ve-lo cego. | |
Puntos: |
17-05-13 21:14 | #11313511 -> 11313432 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: Re: dia das letras galegas Escritos de rosalia de castro. | |
Puntos: |
16-05-14 23:54 | #12047179 -> 11313511 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: Re: dia das letras galegas FELIZ DIA DAS LETRAS GALEGAS ![]() | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017 Por: xirondesa1 | 17-05-17 14:27 xirondesa1 | 3 | |
Cantigas Galegas Por: xirondesa1 | 23-04-15 12:05 xirondesa1 | 14 |
![]() | ![]() | ![]() |