Foro- Ciudad.com

A Xironda - Orense

Poblacion:
España > Orense > A Xironda (Cualedro)
03-05-07 10:47 #360650
Por:Xan Cantos

eleccións
Haya paz!! Veña o, non vos enfadedes! Non vale a pena. Son os políticos os que teñen que traballar por nós, e se nos pomos a discutir como tolos por eles solo crearemos crispación e difumínase a verdadeira cuestión de fondo, a saber, o interés do Concello, de TODOS os habitantes do Concello. O que debe prevalecer en última instancia é o ultraproteccionismo de un color político ou outro, penso eu que sobretodo na política municipal, o pobo debe otorgarlle o poder a aquela persoa-candidatura que mellor os represente, que máis trate de investir no beneficio de todos, que mellores proxectos teña, en definitiva, que máis "tire" por elevar no posible a calidade de vida no noso concello. Que sean os políticos os que discutan por nós, que se den duro por ofrecernos a cuàl mellores propostas, mellores ilusións. Se discutimos nós por eles darémoslle moi feito o traballo, que se molesten en, por o menos, facernos discutir!
O que entendo eu por política é unha confrontación de ideas, loita de proxectos e de traballos, moi lonxe da descalificación personal e enemistades. Cada un que presente as súas ideas, nós votaremos as que creamos maís beneficiosas para o concello (creo que se chamaba democracia, ou algo así). Se tú ganas, eu felicítote e advirtoche que para as próximas valo ter máis complicado porque vou levar mellores proxectos para que o Concello crezca sempre. Se gano eu, fai tú o mismo (deberían decir os candidatos). Debe primar a unión e boa fe das persoas, iranos mellor a todos, non olvidando nunca que loitamos todos por un ben común, O INTERES DO NOSO CONCELLO!
Puntos:
05-05-07 22:54 #362757 -> 360650
Por:No Registrado
RE: eleccións (votante cabreado)
Sería moi fermoso que a vida se decidise así de sinxelo, coma dis ti, dándolle o voto a que mellores propostas faga, quen mellores proxectos prometa e a quen nos de mais ilisión. Pero a verdade é que non vexo ilusión por ningures. A oposición, o non ter gobernado nunca, non sabemos con que ilusións gobernaría, pode que en anteriores campañas prometeran esto e o outro, o ouro e o mouro, pero nunca se puido demostrar se o darían, pois nunca gobernaron. Pero o que realmente fire de corazón é que un equipo de goberno, de un goberno que leva presidindo a alcaldía de Cualedro, goberne o concello CON LETRA MINUSCULA, pois é de ver as inversións que levan feito no territorio do concello, por algo, non sin motivo, Cualedro é un dos concellos de menos entidade de toda España e parte de Europa. En tantos anos que levan gobernando, ben poderían ternos cheos de servizos e infraestructuras, de ver as carencias dos pobos, de entender as inquetudes dos xóvenes votantes, que a fin e a conta éstes son os que van quedar pra "disfrutar" do que se non deixe do xeito en que se nos deixe. Miremos pra adiante, e non para atras, que os tempos da fame xa pasaron, que non se pode mendigar con feitos de pouca entidade, que a xente nova ben sabemos que os fabores que se tratan de vender son "de dereito" acorde cos tempos en que vivimos. Polo tanto pensade en nós, os que herdaremos a terra "quede coma quede".
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Lagrimas! Por: xirondesa1 07-10-12 22:55
xirondesa1
3
Foto: Procesión dos faroles Por: No Registrado 05-04-12 22:19
xirondesa1
2
Estamos con lorca Por: xirondesa1 05-01-12 20:28
xirondesa1
1
hablar por hablar Por: No Registrado 21-06-09 16:16
No Registrado
1
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com