Foro- Ciudad.com

A Xironda - Orense

Poblacion:
España > Orense > A Xironda (Cualedro)
25-04-07 14:09 #354836
Por:Xan cantos

eleccións municipais
Ola foreiros. Que tal andades? Xa había tempo que non vos visitaba. Acércanse ahí as eleccións, que sensacións tedes? preferides o continuismo ou apostades por o cambio? Eu creo que o asentamento no poder leva ó acomodamento, pareceme necesario faer revivir o noso pueblo, o noso concello. Deberíamos tratar entre todos de non saír nas noticias por ser o concello onde peor se vive de toda Galicia, impactoume moitísimo cando o leín na prensa. Elixamos uns representantes que velen por os intereses de todos!
Puntos:
25-04-07 19:48 #355162 -> 354836
Por:No Registrado
RE: eleccións municipais
Boas a todos, a túa intervención pareceume moi..........como o diría, ......moi sutil, demasiado diplomática. Eu digo o mesmo ca ti, mais non podo ser tan modoso. O que fai falla e que deixen de asoballarnos, que xa é hora de que miren polos intereses dos pobos do concello e se esquezan dos seus propios. Non é que o PP fixera unha mala política en Cualedro, E QUE NON FIXO POLÍTICA. So vexo caciquismo e mais caciquismo, e o que mais me doe e ver como a xentiña dos pobos lle "debe" "favores", "respecto".... a esa xente de Cualedro, non o entendo, hai xente que pensa que lle "debe" algo, cree que son "alguén".....non o entendo. Pois nada, o dito, oxalá desta vexamos un cambio, creo que o precisamos.
Por certo, sabendes que un rapaz veciño (de San Millán) se presenta a alcalde en Barbadás polo bloque?? Eu non sei quen é, dixéronmo.
Saúdos.
Puntos:
26-04-07 18:30 #355934 -> 355162
Por:patamelo veloz

RE: eleccións municipais "A PRECAMPAÑA"
Hola meus.Vaia medio temos para intercambiar impresións, neste caso políticas. É un medio bon, dende logo, e a bo fe que ben podería servir para espallar os compromisos cos que nos "agasallan" os "homes e mulleres de ben" que nos han representar no concello, au cando menos, facelo intento de ascender ata o alto da tribuna presidencial. É por iso que, falo no meu nome, non me importaría que se deixasen neste foro, por parte destes "opositores" a alcaldía, e mesmo dos representantes desta,as mensaxes que de non ser deste xeito, non traspasaría a fronteira física do concello, e así poderlle chegar a "diáspora" esas mensaxes que precisan coñecer para así ter unha visión mais obsectiva da situación, enmendas e arranxos que se propoñan, independientemente do partrido do que se trate, pois penso que é importante que os votantes han de ser obsectivos a hora de emitir o seu voto, e ter un coñecemento mais persoal de quen nos vai representar.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
POEMAS GALEGOS Por: xirondesa1 27-06-15 16:40
xirondesa1
15
BUSCANDO Por: MISASI 11-06-13 23:24
No Registrado
2
EL TRECE DE MAYO Por: xirondesa1 01-06-13 01:20
xirondesa1
3
BLOG DE XIRONDA CREADO NO FACEBOOK Por: No Registrado 18-02-09 18:23
No Registrado
4
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com