04-09-09 01:28 | #3131317 |
Por:No Registrado | |
Noite de ilusión -Que noite tan estrela, que romántica para pasear. -Entón que, dixo ela ¿vamos camiñar? -¿Camiñar?, preguntei eu facendo o parvo, e sin apenas escoitar. -Camiñar, si. Xa verás como paga a pena. -Pero entón se imos, imos xa. Que logo faise moi tarde, e aínda teño que cear. Sin mais puxémonos ó camiño e comecei a cavilar, ó ver os devaneos do seu corpo e o seu donaire ó andar. -¿Ves aquela estrela que tanto alumbra, que non deixa de brillar? -Non, non, non a vexo. -¡boh!, eso é porque non queres, ou que non pos atención. ¡Vale, vale!, ¿A cal delas te referes? ¿Aquela de alí? -Si, si, a esa mesma. -Esa é o luceiro. -¿O luceiro?, non será venus. -Bueno muller, o luceiro e venus son a mesma cousa. O luceiro ou "luceiro da alba" é un nome popular co que se coñece venus dende a antigüedade, que é o obxecto máis luminoso do ceo despois do sol e a lúa. -¿Sabes a canción do luceiro? -Nunca oin tal cousa. -Pois escoita: "estreliña do luceiro, estrela da claridade; vaise o día e vaise a noite, e non deixas de alumbrare vaise o día, vaise a noite, vaise a nosa mocidade." -Segue, segue, que é moi bonita. -Non sigo, non sigo, porque non sei nada máis -Que malo eres, ¡Malo! -Escoita este conto: "Unha estrela con astucia lle preguntou ó luceiro, se era verdade que a quería, toda chea de rubor; o que o luceiro apurado, contestou tímidamente. De ti estou namorado, porque es moi diferente, fas que me sinta feliz, cando te vexo sorridente." | |
Puntos: |
04-09-09 08:41 | #3131878 -> 3131317 |
Por:No Registrado | |
RE: Noite de ilusión A miña presencia entera perteneceche. Solo quero estar a o teu lado. Gracias por chegar a miña vida. Gracias por facerme sorreir. Gracias por estar ahi. | |
Puntos: |
04-09-09 13:36 | #3134436 -> 3131878 |
Por:No Registrado | |
RE: Noite de ilusión María a estreliña, non deixaba de soñar; quería atrapar o luceiro, e non deixalo escapar. O apaixoado luceiro, non deixaba de pensar; que a estreliña era bonita, e que o quería namorar; para tolearlle o sentido, e non poidera alumiar. Pero a estreliña ben sabía, que nunca o ía lograr; porque había outra estrela, ocupando aquel lugar. | |
Puntos: |
04-09-09 14:02 | #3134753 -> 3134436 |
Por:No Registrado | |
RE: Noite de ilusión ¿Que es la vida? Un frenesí. ¿Que es la vida? Una ficción, una sombra, una ilusión, y el mayor bien es pequeño; que toda la vida es sueño, y los sueños, sueños son. Calderón de la barca | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Oración Por: xirondesa1 | 12-02-15 01:36 xirondesa1 | 0 | |
TODO TERMINA Por: xirondesa1 | 09-01-12 22:19 xirondesa1 | 1 | |
Procuro Familia de Xironda Por: Armando Ribeiro | 13-05-10 18:56 Karmella | 3 | |
Xironda,te enviaré mi canción esta tarde Por: plutarco | 26-02-09 21:08 plutarco | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |