Foro- Ciudad.com

A Xironda - Orense

Poblacion:
España > Orense > A Xironda (Cualedro)
21-03-06 20:40 #204408
Por:laberca

¿cada canto me teño que duchar?
Auga por fora, auga por fora… Arrenégote demo!!! Eu que son moi macho, que a home non me gaña ninguén, adoezo polas mulleres. Xa de pequeño, cando a miña nai me bañaba, cá frotadela, que si raña aiqui e raña alá, ó chegar a entreperna, un home é un home, que se me puña a picharoca dereita ollando ó ceo como a un cirineu “morenaso”. Dunha vez, aló po mediado do verán dun ano que xa choveu dende entón, indo cás vacas cara a lama de Pai Louco, que se lle antoxou a unha jatita vir conmigo levar a facenda. Eu sempre adoitaba levar unha pelota para enredar xogando ó futbolista caneando as canelas das vacas, pero coma daquela levaba de compaña unha garota, xa non me cumpriron as patas da nobela e a marela, así que nos puxemos a darlle ós couces a pelota un cara acó e o outro cara aló, hasta chegar ó rebumbio de canear un contra do outro, canea para aquí e canea alí, e claro, os arrimes dos futbolistas son parte do enredo, hasta que rematamos embulleirados polo chan, e claro, aporfiando pola pelota, sempre se toca manteca, e a garota a bo fe que xa tiña e amais se deixaba agarrar, e eu, que a home non me gaña ninguén, alá que se me puxo a caralla tesa que me quería furar o pantalón. O que aconteceu logo, case que non volo vou contar. Que magua que a xuventude só sexa cando un é novo.
Puntos:
22-03-06 01:26 #204535 -> 204408
Por:laberca

o sapo cunqueiro
Queiras ou non queiras, un sapo e un becho ben feo. Lémbrome dunha vez, sendo eu cativo, disque ese ano houbera fartura de patacas e na bodega habia fartura delas, asi que miña nai, aló polo mes de abril, xa as patacas eran vellas, e púxose a apaña-las patacas vellas, xa todas desvaloradas e apodrecidas, e guindounas a cestos nunha sorreira cercana. E cousas de meniños, que eu sentín curiosidade pola manobra, e púxenme a enredar con elas, e claro, o sentilas tan mol, comecei a espapallalas nas mans, facendo papas delas, coma quen colle plástico emburbullado de embalar e se pon a estoupar as burbullas. É de ben saber que as patacas desvaloradas teñen unha textura arruinada e arrugada, e o ser tan mol, espapallanse doadamente con pouca forza, que quixo a sorte que entre as patacas se atopaba agochado un sapo cunqueiro, que a pouco que te fixes, parece unha pataca vella chea de verrugas. Estaba eu cun ritmo frenético espapallando nas patacas, que me bolsaban as papallas entre os dedos de tanto apretar, que fun apañar o sapo e comecei a apertar forte para espapalllar aquela pataca tan grande que collera, que eu xa sentin que aquela pataca tiña a pel dura de mais, pero non se me resistiu, e rematei espapallandoa por entre os dedos, cando me fixei, e non eran papallas de pataca o que se vertía por entre os meus dedos, senon as tripas daquel infernal sapo cunqueiro que, maldita sea a miña sorte, estaba agochado entre as patacas desvaloradas.
Puntos:
27-03-08 23:13 #776288 -> 204535
Por:No Registrado
poema para o Pere...!!!
Bares son amores cando pechan tarde
E teño boas razóns para non ser razoable
Cando é a hora de ninguén é o día de alguén.
O pobo me ampara, ¡que intenten pararme!

Esta noite voume meter en líos
Esta noite é a miña noite
Esta noite o corpo me pide
Cuartelillo.

Se non me coñezo ¿para que preocuparme?
Cando me deteñas, será outro o culpable.
Dime, dime calavera, ¿Qué tes para min esta noite?
Que non me gusta o reproche de deixar as cousas a medias.

Esta noite voume meter en líos
Esta noite é a miña noite
Esta noite o corpo me pide
Cuartelillo.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Calles da Xironda Por: xirondesa1 03-11-12 21:49
xirondesa1
0
SALUDOS Por: xirondesa1 07-05-10 00:57
xirondesa1
2
DESEOS Por: xirondesa1 29-04-10 01:42
xirondesa1
0
hai que chorar Por: patamelo veloz 16-05-07 14:23
patamelo veloz
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com