a pita tola Maria, chama as pitas pra drento, que van coller gripe. Manda carallo na habana, primeiro torean-nos cas vacas tolas, que si se nos iba poñelo cerebro coma unha esponxa e íbamos tolear hasta morrer, que resulta que como se volveron canívales por que comían pienso de vaca, pumba, a matalas pobres vacas. E agora resulta que as pitiñas collen a gripe, e ademais de morrer elas, pódenola contaxiar as personas. Mecajo na tos, non vou dar feito pra lle mercar antigripales as pitas, co caro que vai o frenadol, casi que vou comprar un tarro de visvapuru e botarllo polo peitiño.Tamén é mala raza, carallo, eu cando collo a gripe non llela ando pegando os pitos. Que é o que está a pasar neste louco mundo, que se non é unha cousa é a outra, pero o caso é que haber si hai algún mal que tumbe a xente. A min, personalmente, paréceme que algén ande argallando algo pra chimpar o exceso de poboación, ou algo así, eu que sei, só é un pensar |