Foro- Ciudad.com

A Xironda - Orense

Poblacion:
España > Orense > A Xironda (Cualedro)
25-02-09 22:22 #1850931
Por:plutarco

A Xironda,a beira do larouco
Chégase ó lugar dende a Pedrosa polo antigo camiño da misa,cortado hoxe por outras sendas da concentración parcelaria.Xironda estaría cos termos históricos tan coñecidos como os de Garonne e Gironde,na veciña Francia,a Girona Catalana,a Guareña burgalesa,etc.Espallarian progresivamente estes nomes un grupo de invasores indoeuropeos,posiblemente célticos xa,que emigrarían dende bases belgas ou xermanasdespois do século VI antes de cristo,tal vez.Un garfexo deses emigrantes iriase abrindo camiño,paseniño,ata a nosa comarca e estableceríase aquí,dando o propio nome étnico á súa primeira fundación.Esto,alomenos,e o que di a erudición.que non xempre coincide coa verdade histórica.Está claro,polos testemuños recollidos,que a parroquia e Couto da Xironda pertenceron dende o Medievo ó Mosteiro de Melón,que exercía aquí a sua xurisdicción,nomeando ás autoridades locais que o representaban.Xironda foi capital de concello dende1820 ata1836,durante un ano xuntamente con Penaverde e despois soa.Recurriron os seus veciños no ano 1837 contra a resolución da Deputación de Ourense de trasladalo a coaledro,mais perante os informes do deputado de Verín,non houbo nada que facer.Tal vez coaledro lle ganou a partida debido a sua posición mais centrada no ámbito do territorio municipal.Xironda sempre tivo unha grande poboación,por canto no século XVIII conta con 217 veciños,xunto con Pedrosa,ainda que os censos non son moi fiables,pois Madoz,un século despois,aduce que só contaba con 121,sendo 622 os habitantes.Esta é a descrición que no seu diccionario fai da aldea "GIRONDA (SAN SALVADOR).FELIGRESÍA CON TÍTULO DE VILLA EN LA PROVINCIA DE Y DIÓCESIS DE ORENSE (9 LEGUAS),PARTIDO JUDICIAL DE VERÍN (3)AYUNTAMIENTO DE COALEDRO,SIUADA EN LA FALDA ORIENTAL DE LA SIERRA DE LAROUCO,CON LIBRE VENTILACIÓN Y CLIMA SANO.TIENE MAS DE CIEN CASAS,ESCUELA DE PRIMERAS LETRAS,FRECUENTADA POR INDETERMINADO ÑÚMERO DE NIÑOS,Y UNA IGLESIA PARROQUIAL DEDICADA A SAN SALVADOR,SERVIDA POR UN CURA DE ENTRADA,Y DE PROVISIÓN ORDINARIA EN CONCURSO,EL EDIFICIO ES BASTANTE REGULAR,DE ARQUITECTURA GÓTICA,Y EL RETABLO MAYOR TIENE COLUNNAS SALOMÓNICAS,Y ALGUNAS FIGURAS EN MEDIO RELIEVE DE BASTANTE MÉRITO.EL TERRENO PARTICIPA DE MONTE Y LLANO Y ES DE BUENA CALIDAD.LOS CAMINOS LOCALES Y DE HERRADURA.PRODUCCIÓN:MAIZ,MUCHO Y BUEN CENTENO,PATATAS,LINO,LEGUMBRES Y PASTOS,SE CRIA GANADO VACUNO,DE CERDA,LANAR Y MUCHO CABRÍO,CAZA DE VARIAS ESPECIES Y PESCA DE TRUCHAS Y ANGUILAS,INDUSTRIA Y COMERCIO,LA AGRICULTURA Y TELARES DE LIENZO ORDINARIO,HABIENDO ALGÚN TRAFICO CON LOS PUEBLOS INMEDIATOS DE PORTUGAL EN GRANOS,LANAS,JABÓN Y OTROS EFECTOS.EN 11 DE CADA MES SE CELEBRA UNA FERIA POCO CONCURRIDA CUYAS PRINCIPALES ESPECULACIONES CONSISTEN EN GANADOS.A través doutras novas sabemos igualmente que na Xironda existía unha importante aduana e que por ali pasaba unha ruta comercial bastante activa con Xinzo e terras portuguesas,que seguía preferentemente o camiño da Serra,por Lucenza e Gudín.Outro camiño importante era o que levaba ata Lucenza,Coaledro e Vila de Rey.Pero suliñemos que Madoz precisa que Xironda tiña o título de Vila Maior da Xironda,aínda que o patrón era San Salvador.E por elo que non sabemos se tal título e denominación foi concesión poterior das autoridades reais ou do mosteiro ou se no seu orixe está ser epicentro no que confluiron os habitantes das poboacións,hoxe desertas,espalladas polo seu termo e certamente orixinarias da época romana,como son as de Viduedo,San Froitoso,Carbas e Grou,que tamén serian coñecidas con nome de vilas,ainda que menores.Se cadra a primeira das hipóteses é a mais probable.Da mesma maneira que noutros moitos lugares de Galicia,mantense na Xironda a lenda da Raiña Loba,unha perduración semiconscente das angurias tributarias de pasadas xeracións.A versión que aquí perdura na memoria colectiva do pobo e a de que,achándose os da Xironda e demais habitantes da comarca esclavizados polos tributos de toda clase que tiñan que pagar a súa Señora,á que,polos seus abusos e voracidade chamaban a Raiña Loba,mandaronlle unha embaixada solicitando humildemente que os libertase de tales cargas,ou polo menos que llas diminuíse.A Raiña Loba quedou pensativa e,ó fín díxolles que sí,pero sócando polas rodeiras do Larouco baixasen carros cargados con més,unha cousa aparentemente omposible por canto as llanadas do cumio do Larouco xamais poderían ser cultivadas.Pero os da Xironda aceptaron a condición e fixaron para a próxima acarrexa a determinación de cumplila.E,sexa serra arriba,cargando só as estadulleiras,sexa dando a volta pola serra de Lucenza,foron almacenando durante alguhas noites varios carros de mollos na Fonte do Torgo.Unha das ultimas mañáns do mes de San Xoán puidose ver dende a aldea cómo descendian cantando polas beiradas do Larouco ata media dúcia de carros cargados de més que "milagrosamente"o Larouco producira.Foi entón cando unha criada da Raiña Loba avisou a súa señora do suceso,quen,enrabechada fuxiu do lugar,non sen antes mandar arrincarlle os ollos á criada que tan malas novas lle dera.A lenda é fermosa e o contido antropolóxico/hitórico rico,nembargantes,non podo parar a explicalo.O monumento máis sobraceiro da Xironda é a súa igrexa,non só dende o punto de vista artístico senon tamén topográfico,xa que se asenta sobre ocuruto máis relevante do lugar.O campanario é de sinxela espadana,mais a portada principal áchase enmarcada entre columnas estriadas ás que coroa un frontón triangular de reminiscencias barrocas ou neoclásicas,propias dos séculos en que se levantou o conxunto,o XVII e o XVIII,según rezan varias artísticas inscricións distribuidas polos lenzos exteriores do templo,a traves das que sabemos que o sector da fachada e nave principal sería rematada polo abade Joao da Ceiza ou Bazeiza nas décadas finais do século XVII,posiblemente en 1674,segundo reza unha cartela situada á beira da porta lateral,pola banda sur,o resto sería da autoría do artista canteiro Domingo Perez Palomanes,veciño de San Millao,quen remataría as obras en 1727,segundo proclaman dúas artísticas cartelas empotradas nos lenzos exteriores da capela maior.A planta do templo é de cruz latina e a cuberta interior moi ecléctica,bóveda granítica de crucería na capela maior,bóveda de aristas no tramo do cruceiro e artesonado rudo de madeira no resto,ainda que este último áchase parcialmente oculto por un enxendro extemporáneo de bóveda de cañón construido hai pouco tempo,que agardamos sexa botado abaixo cando se leve a cabo unha reforma integral deste magnifico conxunto.Pero o que máis chama a atención da igrexa da Xironda é o retábulo do Altar Maior,obra de Fr Pedro García,Mercedario do convento de Verín e,para min,un pequeno xenio da escultura sobre todo no que se refire ás tallas exentas e ós relevos.Pretendeu representar no retábulo as escenas mais sobranceiras da vida de Xesús,especialmente aquellas relacionadas coa sua paixón e resurrección.O eixo central do retáblo está coroado pola representación do Espíritu Santo en forma de pomba,ou quiza de pelícano que está nutrindo co seu propio sangue a dous poliños,loxicamente de menor tamaño.Sígueo un Pai Eterno barbado.con faciana maxetuosa pero ó tempo fermosa expresiva e ata humana.Para min é unha das mellores tallas do conxunto.Ocupa a posición seguinte a escena da transfiguración,tamén de alto valor,xa que non en balde o templo está dedicxado a San Salvador.O fondo o baldaquino da Virxe do Carme,dotado de unha grande minucia decorativa,que conten unha imaxe de cativo tamaño excelentemente executada .Debaixo,o sagrario enfeitado con multiples relevos pequeniños.Nos laterais son tamén admirables as imaxes de San Pedro e San Pablo,do mesmo xeito que as da Dolorosa e San Bárbara,asentadas fronte ós ocos das finestras baixas abertas a cada lado da base do retábulo,a súa luz consigue recrear no conxunto unha certa escenografía barroca mediante un efectista claroscuro producido por unha iluminación lateral.Entre os relevos,quixera suliñar polo seu encanto e sinxeleza os da Ultima cea e lavatorio dos pés,aínda que poderían ser mencionados co mesmo dereito os alusivos á oración no horto das oliveiras ao mesmo o da flaxelación,por no aludir ódos catro evangelistas e demais escenas tanto do Antigo como do Novo Testamento.Pero a perfecte execución das imaxesconstrasta coa vulgaridade da arquitectura do retábulo,xa tocado por un barroco decadente ou rococó presente na silueta apiastrada dos soportes.E preciso destacar tamén a capeliña de San Sebastian,preto da que hai poucos anos apareceron enterramentos de datación indeterminada.Pequeniña `pero de arquitectura popular selecta,na que non falta correspondente "cabildo".Outros dos monumentos artístici/etnográficos a admirar é forno do concello,de arquitectura semellante a do da Saceda e a algúns de lugares próximos de Portugal,de onde sospeitamos que proceden os mestres canteiros.A fábrica é enteiramente de granito e a cuberta interior de bóveda de medio cañon sostida por varios arcos faixóns dos que os contrafortes se proxectan a ámbolos lados das paredes lonxitudinais.Enriba da bóveda,unha plataforma de lousas rectangulares de pedra superpostas á maneira dun tellado.Pórtico meridional aberto para almacenar a leña,achándose no interior da nave o capelán ou cámara de cocción,esta vez recuberta de cúpula,a formalleira,os tendais para manipular a masa,etc.Ademais,na praza da Picota,centro neuralxico,existe un esbelto cruceiro con lendas na base,un chafariz de hai cincuenta anos,de auga abundante procedente da serra e algúns pequenos edificios de pasados séculos,que imprimen moito carácter ó lugar.Pero na Xironda existe ainda mais aspectos que explorar.O seu caracter de centro comercial a carón de Santo André e Vilar de Perdizes,antano polarizado no comercio dos Grandes,dos Fariñas e de outros permanece hoxendia vizoso nos do Enrique,do Juan e outros varios da vila.Que non se inquiete o visitante,xa cansado,porque hai dabondo onde comer e beber.Mais tamén cabe suliñar a vena artistico/musical de grande parte dos habitantes do lugar,da que deron mostras dende hai moito tempo.Había na Xironda dúas bandas de música"a nova e a vella"á que chamaban de mal nome a dos trigos,anos despois pasou de mestre pola Xironda don Luis Canal,quen ademais de mestre de escola,foi un excelente director de banda,que fixo estudiar solfeo a homes,mozos e rapazolos,logrando un conxunto disciplinado de mais de 35 números que empezou a ser chamado para festas de lugares lonxanos de toda a provincia e de fóra dela.A banda da Xironda cgegou a ser entón de moita sona.Eran os tempos nos que a Xironda.ainda sen ser capital de concello,contaba con dous ou tres mestres,abade,médico e posto de garda civil.Agora quedouse sen nada.!MÁGOA!Tralo traslado do director ,a banda volveu decaer,pero a constancia do seus antigos membros,adaptándose ás novas circunstancias,evitou a súa desaparición.Por eso,a semente xerminou de novo recentemente nun grupo de rapaciños por iniciativa dunha persoa boa,que deus quixo chamar pronto.Pero a obra iniciada continúa e esa banda infantil comenza a asobrar polo seu bon facer.A gran festa do lugar e a do Carme,na que confluian galegos e portugueses de toda a redonda.Nas datas en que se celebraba,mediados de xullo,a paisaxe recendía de luz e de verdor,e naquelas tardes luminosas,co campo de San Sebastian repleto de xente,os sons ledos,á par que queixumentos,da banda poboaban de ecos feiticeiros todas as aldeas do val,mentres o sol,cada vez mais mareliño,iba caindo morriñoso detrás do Larouco,prometendo vcoltar pronto.Pero a visita a Xironda non remata aquí.Os valentes teñen que camiñar dous quilómeros ata Grou para admirar alí un castro certamente orixinal e unha extensa vila romana ó pe,os seus muros son aínda recoñecibles a rentes do chan.E,preto,unhas mostras de arte rupestre certamente insólitas,nas que o elemento mais representativo é a pegada dun boi.Dende alí pódese cruzar ata Carbas,na estrada cara Vilar.Veranse neste xacemento arqueologíco camións de tégulas romanas.Foi un poboado daquelas datas que permaneceu,quizais,ata hai catrocentos anos.
Puntos:
28-03-09 23:36 #2006761 -> 1850931
Por:plutarco

RE: A Xironda,a beira do larouco
Yo solo quiero un camino que me lleve hasta el portal de mis sueños.
Cien años para mi madre,la paz para los pueblos,juguetes para los niños y ternura para el abuelo.

A las faldas de la sierra del larouco,
en un marco incomparable de verdor,
sw levanta majestuosa a xironda,
coronada por la iglesia de san salvador.
Son su gente,sus montes y sus rios,
los que dan a este pueblo su esplendor.
Que a xironda es un pueblo hermanado,
lo dicen los pueblos vecinos en general,
mirar si es solidaria a xironda,
que tambien lo dicen en Portugal.
En a xironda tenemos de todo,
y la fiesta del Carmen en particular,
el que viene no se siente forastero,
pues su gente irradia bondad.
Un corazón de camino,desde su canto regresa,
a despertar el destino,que el pueblo,
de a xironda en su pecho lleva.

Saludos para todos/as
Puntos:
29-03-09 00:10 #2006911 -> 1850931
Por:No Registrado
RE: A Xironda,a beira do larouco
GRACIAS PLUTARCO, ES VERDADERAMENTE INTERESANTE
Puntos:
31-03-09 11:43 #2019137 -> 2006911
Por:No Registrado
RE: A Xironda,a beira do larouco
Á atención da dona Plutarca, da dona dos soños.
Semella que che fallaron as fontes da información. Andiveches copiando de todas as partes para ofrecernos unha historia atrapallada e confundida que deixa moito que desexar, polo que en vez de informar o que consigues e desinformar. E xa sabes.... unha persoa sin imformación é unha persoa sin opinión.
Puntos:
01-04-09 23:09 #2029833 -> 2019137
Por:No Registrado
RE: A Xironda,a beira do larouco
pues venga un cable y si crees que hay una infomación errada pues o se lo dices por mensaje privado o lo rectificas tu y ya esta, pa que darle mas vueltas.
Puntos:
20-04-09 22:51 #2113624 -> 2029833
Por:No Registrado
RE: A Xironda,a beira do larouco
Deixo amores na Xirnda,
amores na miña terra´
deixo amores poro aire,
deixo amores nuha pedra,
amores que van boando
é que queren merrer nela.

Con cariño de unha xirondesa.
Puntos:
24-04-09 23:12 #2139460 -> 2113624
Por:No Registrado
RE: A Xironda,a beira do larouco
ESto es para el que escrivio a Plutarco el 31/03/09 es muy facil tirar la piedra y esconder la mano eso es de cobardes.
Tan listo y perfeto te crees, porque no informas tu en vez de criticar y hayudas a que el foro sea un centro de reunión de todas las personas que estamos fuera,no ayudes a enterrar el foro, ayudalo a salir a flote, en el foro no se necesitan personas negativas.
Saludos para todos/as.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
DIOS LAROUCO Por: xirondesa1 11-09-17 14:35
xirondesa1
0
Larouco... Por: xirondesa1 15-11-16 18:31
xirondesa1
1
LUME NO LAROUCO Por: xirondesa1 04-03-12 16:35
nebari
4
Foto: Pico de larouco Por: xirondesa1 10-02-12 22:11
xirondesa1
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com