19-01-06 11:25 | #169103 -> 169087 |
Por:A´Maranta ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE:A caza . Domingos de caza Xa estamos como tódo-los anos. Acabouse o fuxir os domingos o campo, subir os montes, perderse pola fraga. Cando o outono palidece en amarelos e ocres, cando a natureza alcanza un dos intres mais fermosos, agora non podemos disfrutala. Durante tres meses, unha elemental prudencia exixe que qedemos na casa, que non saiamos do pobo, ainda que o corazón e as pernas tiren de nos cara os espazos abertos, cara os regatos, cara un ceo de águias. Cóstanos renunciar, quiséramos atrevernos, é o tirón do mundo natural, da vida ceive e salvaxe casi nos arrastra. Pero o perigo e certo demais, omnipresente e ameazante. Os cazadores roubáron-nos toda unha estación do ano. Apoderáronse do escenario das nosas relaxadas andainas, sementaron de morte entre as proves e indefensas bestiñas e encolleron o ánimo do alleo camiñante a tan cruenta actividade. Resoaron os disparos a dereita e esquerda, voaron os perdigóns. Asemella que estalou a guerra, ainda que nesa guerra o inimigo só lle queda agocharse, fuxir e aterrorizarse. As perdices son casi un mero recordo, o coello sábese peza codizada, todos asisten atónitos o vendaval de pólvora e chumbo. Todos incluidos nós, que tememos pola nosa integridade ante o imponente desplegue. Os lugares habituais de observación, os percorridos feitos unha e mil veces con absoluta tranquilidade convertíronse nun sinistro "pimpampum" onde os paxaros ven rompido o seu derradeiro vó e os raposos sua postreira fuxida. Mellor, mellor retirarse antes de que sexa tarde. Velaí aotra das razóns contra a caza, quizais a terceira en importancia trala razóna ética (¿como xustificar o matar por entreteñimento?) e maila ecolóxica. Ese ben común que é a natureza - cada vez mais demandado pola xente - non debe ser usurpado por un grupo (nutrido, eso si) de persoas que forman un exército perigoso e potencialmente mortífero para os demais. En fin, que noble deporte é a caza, dicimos pechados na nosa casa mentres vemos pasar con envidia as nubes. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
EL PERIODICO Por: xirondesa1 | 11-06-11 11:19 xirondesa1 | 5 | |
Que me quiten lo bailau Por: xirondesa1 | 15-05-11 00:38 xirondesa1 | 9 | |
Sin Asunto Por: | 09-05-10 12:57 xirondesa1 | 2 | |
Foto: banda de musica na picota Por: No Registrado | 17-05-09 17:21 No Registrado | 5 |
![]() | ![]() | ![]() |