08-11-08 12:45 | #1384827 |
Por:No Registrado | |
Antigas lendas da Xironda Moitas son as lendas que se veñen contando de xeración en xeración dende as noites dos tempos. Son lendas que os vellos contaban con moita retranca para enchoupar a mioleira dos máis inocentes que as escoitaban sen pestanexar. Unha das máis fascinantes lendas, era a da trabe do ouro. Contaban que porbaixo da terra había unha trabe de ouro e ao seu carón un pasadizo que ía dende a cidade do Castro á cidade de Grou, por onde transitaban os mouros para que os cristiáns non os poideran ver nin sentir. E que esa fermosa trabe de ouro aínda seguía aí enterrada e, que se alguén petaba moi forte cun aixadón porriba dela, que tentenexaba. | |
Puntos: |
29-11-08 01:02 | #1467168 -> 1384827 |
Por:No Registrado | |
RE: Antigas lendas da Xironda alguien podría contar alguna leyenda más antes se escuchaba más a nuestros mayores que ahora. Sería interesante si alguno se acuerda que la diga yo me se una canción que me enseñó mi abuela, y a ella se la había enseñado su abuela...yo se la enseñaré también a mis nietos... | |
Puntos: |
05-12-08 13:17 | #1509208 -> 1467168 |
Por:No Registrado | |
RE: Antigas lendas da Xironda A lenda da cabra: Quen mellor contaban esta lenda, eran os veciños de san Millao. Había quen afirmaba que unha cabra de ouro con dous cabritiños estaban enterrados no medio da cidade do Castro. E outros contaban que tamén había unha espada coa empuñadura de ouro fincada de punta na terra pero, que ninguén era capaz de arrincala, e ás veces, que brillaba o mesmo que unha estrela. | |
Puntos: |
09-12-08 18:59 | #1520915 -> 1509208 |
Por:No Registrado | |
RE: Antigas lendas da Xironda Eu sentín falar moito dun personaxe, que a miúdo facía arrepiar ós máis cativos. Tratábase da "ESTANTIGUA DO CARBALLAL", a que sempre defenían como unha figura moi alta vestida de branco dende a cabeza ata os pés, coa cara amarela de moi demacrada que se deixaba ver nas noites de lúa chea. Tamén contaban que ás veces petaba nas portas dos veciños a altas horas da madrugada. Pero un día, que lle zumbaran coa tranca da porta e que dende aquela, ninguén a volveu a ver. | |
Puntos: |
09-12-08 23:41 | #1522445 -> 1520915 |
Por:No Registrado | |
RE: Antigas lendas da Xironda Alguien sabe la leyenda de los panes... | |
Puntos: |
14-12-08 20:36 | #1538021 -> 1522445 |
Por:No Registrado | |
RE: Antigas lendas da Xironda Contaban os velliños da Xironda, que nunha ocasión que os veciños do Viduedo andaban arando a terra cun arrado moi grande ao que chamaban carruaca, que sentiron os berros abafados dos mouros que saían da profundidade da terra e que dicían: "¡Ei labregos!, non arredes tan fondo, que nos estades rompendo as tellas do tellado coa punta da rella." | |
Puntos: |
14-12-08 21:06 | #1538167 -> 1538021 |
Por:No Registrado | |
RE: Antigas lendas da Xironda Quen non escoitou falar da ola do Castro, desa grande ola que a fervenza da auga foi perforando nas duras pedras do leito do río de retorta?. Contaban que nunha ocasión que os veciños da Xironda acordaran atar sete cordas dos carros unhas a outras e que lle amarraran unha machada na punta, e que cando tiraron da corda para arriba, que o mango da machada saíra carbonizado. Que foran os muros da cidade que lle prenderan lume nas profundidades. Non sei por que razón, os mouros das lendas sempre moraban debaixo da terra, e sempre se lle relacionaba con tesouros e riquezas. | |
Puntos: |
16-12-08 12:00 | #1543238 -> 1538167 |
Por:No Registrado | |
RE: Antigas lendas da Xironda "A reina loba": este mítico persoñaxe, que nin sería reina nin sería loba, non sei por que razón o situaron no Viduedo. Contaban que era unha muller grande e forte cun traseiro que non cavía no sellado do carro e as suas tetas que eran como campas. Que era unha cran devoradora de carne crua, e que cando lle entraban aquelas ansias pola carne, que axiña os seus criados lle mataban un boi para sacarlle as asaduras, que era a tallada preferida da debandita reina loba. E que aquela muller nunca se daba farta de carne, e que daí lle ven o alcume de "reina loba". Pode que na atiguedade existira algún personaxe semellante no termo do Viduedo. Certo ou non, aí queda unha lenda máis das moitas que se contaban por toda esta comarca. | |
Puntos: |
22-12-08 23:49 | #1565507 -> 1509208 |
Por:No Registrado | |
RE: Antigas lendas da Xironda CREO QUE HABEIS VISTO MUCHAS VECES LA PELICULA DEL REY ARTURO Y LA ESPADA SE LLAMABA ESCALIBUR NO OS EQUIVOQUEIS.QUE TANTA HELADA HACE DAÑO AL CEREBRO Y TODOS SABEN QUE NUESTROS ABUELITOS, ANTES DE IR A LA ARADA SE MANDABAN UNA COPA DE BUEN ORUJO POR LA MAÑANA. | |
Puntos: |
24-12-08 13:51 | #1569548 -> 1565507 |
Por:No Registrado | |
RE: Antigas lendas da Xironda ostras tu!, pues es normal, para proteger la faringe del frío, dime? que vacuna de la gripe se ponían? eh? ah! y así se protegían el cerebro también del frio, así estamos la juventud, en vez de tanta cocacola tendriamos que tomarnos una copitita de orujo de buena mañana, verias tu que felicidad, jajaja felis navidad | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Cantigas Galegas Por: xirondesa1 | 23-04-15 12:05 xirondesa1 | 14 | |
CANTIGAS Por: No Registrado | 19-01-13 15:05 No Registrado | 6 |
![]() | ![]() | ![]() |