Foro- Ciudad.com

A Xironda - Orense

Poblacion:
España > Orense > A Xironda (Cualedro)
04-11-05 02:28 #129094
Por:A´Maranta

mais sobre o lume
Cando os nosos avós ainda eran cativos, cando para poder levar un anaco de pan para a boca, que nos non o coñecemos pero así foi, tiñan que traballar a reo dende a saida ata o solpor, todo o terreo que se podía ollar arredor de si era terreo de labranza. Eran pequenas leiras, navales, lamarellos e lamas comunais, pero non era sinxelo atopar polo monte espalladas xestas e carqueixas, pois boa falla facían as terriñas para soster unha familia e a sua facenda, polo que se tiñan limpas e listas para o cultivo do ano seguinte. pouco terreo había que non fora labradío. existindo pola cercanía do pobo algúns soutos de castiñeiros ou algunha carballeira que outra, tendo a xentiña que se desprazar moi lonxe, ata a serra acotío, para se facer cunha pouca leña de xesta ou arrincar torgos da terra para queimar no frio inverno. Agora, o xeito de vida dos xirondinos tornou, e son poucos os que inda adoitan empregar as terras para a labranza. Somentes os maiores que non se queren resignar a deixar de poula os terreos que tanto traballaron de novos, pero a maior parte da comarca está abandoada a sua sorte, enchéndose de xestais descomunais e monte acarqueixado. Abonda que haxa un desalmado que disfrute destruindo o mundo natural co que moitos de nos disfrutamos para que se perda o que ata ese intre a natureza creara, non dándolle tempo a evolucionar unhas especies que se estaban a afianzar na terra, recordos de tempos milenarios de cando o home inda non aprobeitaba os terreos para o seu sostén, para crear así un novo ciclo natural de orden desordenado natural.
por esto, démoslle unha oportunidade a natureza para que faga da Xironda un lugar para disfrutar.
Saudos a tod@s.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Foto: o lume Por: No Registrado 05-11-09 13:18
No Registrado
1
outro vrao mais Por: cheira9 27-09-08 00:29
No Registrado
2
sobre las fotos Por: debora 27-06-06 00:02
A´Maranta
1
lume + lume = desierto Por: No Registrado 03-11-05 23:22
No Registrado
8
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com