04-05-12 23:06 | #10012980 -> 10012975 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: AdiÓs, rÍos, ados, fontes Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado. Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. Adios Virxe da Asunción, branca como un serafín; lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... ¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios! ¡Adios tamén, queridiña!... ¡Adios por sempre quizais!... Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar! | |
Puntos: |
04-05-12 23:14 | #10013013 -> 10012980 |
Por:xirondesa1 ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: AdiÓs, rÍos, ados, fontes Cancion galega Da nosa RosalÍa de castro. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Fontes do pueblo da Xironda Por: xirondesa1 | 17-12-13 22:48 No Registrado | 5 | |
Fontes da Xironda Por: xirondesa1 | 09-11-12 00:18 No Registrado | 3 |
![]() | ![]() | ![]() |