Foro- Ciudad.com

breve historia da Xironda

Poblacion:
España > Orense > A Xironda (Cualedro)
breve historia da Xironda
A Xironda, situado nun outeiro a 763 metros de altura e observada a vista de páxaro dende as elevacións da serra do Larouco (Deus romano dos gerreiros caídos), está aveciñando cás aldeas portuguesas de Vilar de Lebres e Santo André, veciños cos que foron cotiáns ferventes disputas, polo andar da historia, motivado polo uso das pasteiros e leiras raianas, ocasionando en ocasións hasta mortos, polo que, aló, polo ano 1852 houbo mediar o Gobernador de Vila Real e o de Ourense, acordando partir as diferenzas, impoñendo a fronteira de xeito que se aprobeitasen dos terreos en partes iguais, así coma para a fabricación do carbón vexetal.
Xa antes de ocurrir estes feitos, cando Portugal, no ano 1640 comezou unha contenda bélica con aspiracións de independencia, existiron as aldeas nas proximidades do camiño de Vilar de Perdices, San Froitoso, Teixugueiras e Salgueiral, nome que inda segue conservando a fonte do camiño vello de Vilar, que debido a fraca organización militar galega, xa que as forzas españolas se atopaban liados noutras accións bélicas, resultaron atacados con dureza polos portugueses, arrasando estas pequenas aldeas, refuxándose os seus supervivintes en Vilamaior de A Xironda.
A Xironda está asentada nun outeiro, na procura de obter maior defensa ante as invasións portuguesas que daquelas aconteceron, onde, como todo pobo católico, foi construida unha capela, a de San Sebastián, e que posteriormente foi reemprazada pola igrexa actual, construída no ano 1727 por, según reza unhas verbas gravadas a cincel na parede sur, Peré de San Millán, e situada no cumio do outeiro, denominado O Pombal, nome que lle deu un pombal que ainda se pode observar e que se atopaba nun extremo da que era daquela a casa rectoral.
Tamém podemos gabar dun dos fornos mais hermosos construído na sua integridade en granito que se atopa na rua das Penedas. Pero a bo fe que, postos a dar envexa a outras poboacións, a Xironda distínguese por ter o Peto das Ánimas, todo tallado en pedra coa imaxe da Virxe do Carme, que se atopa incrustado nunca casa, que como case todas, construida de porpiaño, na que reside a familia de Ramona Casado.
Pero o realmente atractivo do noso pobo e o peculiar entorno que debuxan as casas, algunhas con corte señorial, pero todas armonizando cunha construcción en pedra, con grandes corredores algunhas, xinxelas outras, ou con escaleiras de por fora, creando canellóns e ruas estreitas e antigas.
En 1934, o mestre nacional da Xironda Luis Canal Freire creou unha banda de música, sendo él o director de 35 músicos, chegando a ter gran fama entre as bandas de Galicia, hasta que aló polas décadas dos 50 e 60, a emigración fixo que se reducira a so 12 músicos, entre os que se atopaban os hirmáns Francisco e Arsenio. Logo, Sergio Álvarez Rego, fillo de Francisco e sobriño de Arsenio, con coñecementos e aficción musicais, creou o grupo “Orquesta Xironda”, trocando de nome posteriormente, pasando a chamarse “Orquesta Armonía”, e volvendo a trocar logo de novo o nome por “Charanga-Xironda-Bois”. Este emblemático persoaxe, Sergio Álvarez, lonxe de se conformar cos cometidos musicais creados, fundou unha nova banda de rapaces de curta idade, da que non moito puido disfrutar, pois o día 9 de abril de 1992 lle sorprendeu a morte.
Enviado por: patamelo veloz | Ultima modificacion:25-04-2007 13:01
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:15/01/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com