13-04-05 15:26 | #54489 |
Por:No Registrado | |
Informacion Castillo Desearia informacion , Blibiografia , sobre el castillo de A Peroxa segun tengo entendido , fue una dote de una Fernandez de Temes que caso con un Conde de Rivadavia ...... Gracias por anticipado | |
Puntos: |
05-08-05 12:30 | #93139 -> 54489 |
Por:No Registrado | |
RE:Informacion Castillo Sobre o Castelo de A Peroxa comentar que por desgraza, como caseque todo o noso patrimonio, está pouco estudado e tamén o estudado pouco divulgado. O Castelo está asentado nunha pequena elevación de carácter circular. Pequena elevación pola banda de cara á actual povoación capitalina de A Peroxa, xa que polas outras bandas presenta un pronunciado desnivel, o cal a fai perfecta para a defensa dos que alí morasen. Ao pé desta elevación discurre o rio Rial, na súa baixada cara o Miño, feito que garantizaba abondasa auga potábel. Os primeiros moradores de seguro que foron xentes da cultura castrexa, xa que as características do terreo son inmellorábeis para a concepción dun asentamento deste tipo. Considera-se que no 793, reinando Afonso II, a familia Temes foi quen comezou a actual edificación, que é hoxe unha das sobranceiras do concello de A Peroxa (mágoa que coa delimitación provincial do século XIX, propugnada por Javier de Burgos, a parroquia de Temes e a de San Román foran escindidas de A Peroxa pasando non so a Carballedo, senón á provincia de Lugo, tendo por medio o rio Búbal como barreira natural, distando poucos quilómetros de A Peroxa vila, e poucos máis da cidade de Ourense. Foi pois unha decisión, pouco comprensíbel). Dende o castelo, os Temes governaron as súas posesións. As lendas, ou a historia segundo a quen se lea, contan que os mouros e concretamente Abd Al-Kharim atacou e apoderou-se do castelo, facendo saidas e aterrando á povoación. Unhas lendas contan a existencia dun tunel polo que os mouros saian e tamén levaban a beber aos seus cabalos. Outras contan que quen levaban a beber aos cabalos eran os sitiados. De todos os xeitos a existencia en penedas cercanas de gravacións de ferraduras, ou que asemellan ferraduras, son os pasos ou saltos que deu o cabalo de Santiago, quen veu para expulsar aos mouros. No século XIII, o castelo de A Peroxa foi o lugar de residencia do "Adelantado Mayor de Galicia" (de seguro que a maioria das xentes de A Peroxa descoñecen que dende eiquí se governou Galiza). No ano 1370 foi nomeado "Adelantado Mayor de Galicia" Pedro Ruiz Sarmiento, o primeiro conde de Ribadavia. É por iso que aínda hoxe o concello de A Peroxa conserva no seu escudo o castelo e os trece roeles dourados da casa de Sarmiento. Houbo un proxecto de reforma do escudo no concello, pero eu como voceiro do BNG no concello opuxen-me en inicio, e até o de agora non se volveu a sopesar a cuestión. No século XV os irmandiños tomaron e derrubaron parte do Castelo. No XVIII foi desamortizado como tantas outra propiedades señoriais ou eclesiásticas. Pasou a ter as dependencias co concello e nos seus arredores seguiron celebrando-se as salientasbeis feira de A Peroxa. No 1920 un particular mercao e vende pedra do Castelo para a construcción da Igrexa de A Peroxa (antes Fontearcada). Hai uns anos escomezaron unhas labores de roza e adecentación do Castelo e arredores. Fixeron-se relativamente ben e adecentou-se o rio Rial, un muiño ao seu carón e preparou-se un carreiro sinalizado pola beira do Rial dende a aba do Castelo até a localidade de A Peroxa perto da Igrexa. Ademais pechou-se con rede aceirada unha zoa raiá co Castelo, onde a natureza tenta voltar a ser o que foi. Todas estas actuacións son aplaudidas por residentes e visitantes do Castelo e de A Peroxa, non así as escaleiras de pedra que se fixeron para acceder ao Castelo, que son un atentado terríbel ao lugar, aos restos da construcción que se manteñen en pé e a calquera sensibilidade. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Elecciones Generales 2016 - Resultados electorales en A Peroxa Por: Foro-Ciudad.com | 26-06-16 22:38 Foro-Ciudad.com | 0 | |
Presupuesto detallado del Ayuntamiento de A Peroxa - 2014 Por: Foro-Ciudad.com | 30-06-15 17:50 Foro-Ciudad.com | 0 | |
Ayuntamiento de Peroxa, A - Aprobados 253.728 € - Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local Por: Foro-ciudad.com | 12-11-09 20:57 Foro-ciudad.com | 0 | |
Carretera da peroxa Por: cuibi | 16-09-06 12:26 cuibi | 0 |