Foro- Ciudad.com

A Pedrosa - Orense

Poblacion:
España > Orense > A Pedrosa (Cualedro)
12-03-08 02:31 #749568
Por:No Registrado
pedrosa
no es mejor quien mas gana
Puntos:
07-04-09 21:03 #2057144 -> 749568
Por:No Registrado
RE: pedrosa
Vaise por un terreo chairo ata o regato da Millara.Aquí,na Millara había un muiñiño dos Ferreiros que só moían no inverno sobre todo para pienso dos animais,á non ser no ano da fame,xa que,ó estar fóra de control das inspeccións de Abastos,non logrou unha nutrida clientela.
Despois,chégase a Pedrosa,sempre abrigados dos aires do norte pola mole inmensa do Larouco.A Pedrosa é máis ou menos da extensión da Saceda,pero as súas xentes posúen unha psicoloxía diferente;son,se cadra,de carácter mais aberto.
Chámase Pedrosa porque dende sempre deberon abondar no lugar no lugar pedras e penedas.En todo caso,o núcleo urbano antigo áchase construido sobre un extenso laxedo granítico.Precisamente,nunha destas laxes,preto da casa do Saturnino,hay gravadas unha constelación de coviñas artificiais que ó que máis se asemellan pola súa disposición é ás estrelas do ceo nunha noite limpa de nubes.O home prehistórico deixou indublidablemente a súa pegada aquí,ainda que cronoloxicamente non saibamos a que datas atribuílas.
Mellor andan as cousas no que respecta ós achádegos do Chedeiro,consistentes en enterramentos datables hai catro mil anos,quizáis os máis antigos da comarca.Estudiounos primeiro Taboada e depois no ano tetenta,sendo de supoñer que alí existíu unha necrópole,o poboado correspondente non debe andar lonxe.Nembargantes,o primeiro asentamento da Pedrosa histórica estaría nas Fontes,á beira da serra,onde se atoparon variados vestixios dunha vila romana.É tradición que unha plaga de formigas cabalares obrigou ós moradores a emigrar para o actual solar da Pedrosa.
O urbanismo tradicional maniféstase nun trazado anárquico de rúas e na existencia estratéxica de placiñas ben situadas topograficamente,ainda que estragadas nos derradeiros tempos por arranxos bastante discutibles.
Un recanto dos máis típicos hoxe é o da sida cara a Xironda,con fontes arcadas de boa feitura,pátina secular e unha sucesión de pozos e bebedeiros graníticos que demostran o coidado que noutros tempos se puña na rega de hortas e navás.E un pouquiño afastada da antiga poboación,a capela do San Cirioz,hoxe no medio dunha verde relva delimitada por cadeas baixas de ferro.Exterior digno,axeitado ó lugar e á función,e interior impecable,semellando unha capeliña de monxas polasúa limpeza.No interior da igrexa existe un altar romano coa inscrición medio borrada que fai de pía de auga bendita.É un dos monumentos máis antigos e representativos do lugar.O deus alí venerado chamábase Ralmueno ou Palmueno e a dedicatoria do altar faríalla devotamente un tal Melvio Flavino,o primeiro habitante de nome coñecido da Pedrosa,que viviu hai uns 1800 anos.
A Pedrosa,en fín formou parte sempre da parroquia da Xironda e por iso perteneceu durante a administración do antigo réxime á xurisdicción do Mosteiro de Melón,preto de Ribadavia.
Puntos:

Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com