Foro- Ciudad.com

Quiroga - Lugo

Poblacion:
España > Lugo > Quiroga
13-02-06 03:12 #185348
Por:No Registrado
quiroga e caurel
QUIROGA E A SERRA DE O CAUREL

Polo feito de estar atravesada por unha estrada principal, a N-120, é a circunstancia que converte a Quiroga nunha cabeceira comarcal, factor que representa un reforzamento do comercio minorista e unha certa diversificación dos servicios tanto públicos coma persoais (sanidade, educación, establecementos bancarios, etc.)
Está limitado entre as bacías dos ríos Lor a un lado, e o Soldón ó outro. Todos son afuentes do Sil, pero é o primeiro o elemento hidrográfico deste territorio. O Lor, unha corrente típica de montaña, descende dende as terras do Cebreiro ata confluir co Sil, a altura de Augasmestas, cun percorrido de 54 quilómetros. O leito decorre por un relieve violentamente pregado e fracturado, polo que adoita a revoltas e bruscos cambios de dirección.
A presenza de formacións calcáreas posibilita a creación de covas, contrariamente ó resto de Galicia. Asimesmo, as condicións xeolóxicas favoreceu o longo da súa historia un papel fundamental dos recursos económicos, o desenvolvemento da minería (chumbo, cinc, cobre, ferro e ouro).
Trátase de terras habitadas dende tempos remotos, tal como nos testemuñan os restos óseos e cerámicos, datados na idade de bronce, atopados na Cova do Oso, en Pacios da Serra. En relación co apoxeo mineiro, explícase o aproveitamento do meandro de Montefurado, no lugar de a Boca do Monte. Nese lugar, o río Sil topa cunha formación de rocha dura que actuan a modo de barreira que obriga a corrente a desviarse da traxectoria. A menor velocidade da auga na beira convexa do meandro producía un depósito de alubións, areas auríferas que foron aproveitados polos romanos mediante un enxeñoso procedemento, consistente en furar a montaña para desviar o leiro do río. Durante o periodo invernal de enchente, o tunel resultaba insuficiente para evacuar todo o caudal, polo que a circulación vai polo cauce fluvial orixinal, co conseguinte depósito de materiais auríferos. Logo, no verán, ca seca, o río pasa polo tunel, posibilitando a recollida de pebidas de ouro depositadas con anterioridad.
A comarca conservou o antigo explendor durante os tempos mediavais. Desa época proceden unha enorme cantidade de mazos e forxas, algún deles, coma o de Soldón, seguiron funcionando ata principios do século XX.
O ano 1.834 supuxo un golpe moi duro. O Caurel caiu no mais profundo illamento e abandono, as vías de comunicación continuaron a ser as mesmas que trazaran as romanos ata hai ben pouco; de feito, ainda hoxe exinten núcleos rurais enlazados a través dunha rede de comunicacións moi deficiente. Ata o ano 1.935 non remataron as obras de construcción da estrada que comunica Quiroga con Seoane, núcleo que foi cabeceira do concello de Caurel ata que, en 1.940, o ter rematada a guerra, a capitalidade foi transladada a Folgoso do Caurel. Pero resulta que a comunicación con Pedrafita é moito mais recente, só ten 20 anos. Nestes lugares comenzaron a dispoñer de luz eléctrica non hai mais de 25 anos, e o teléfono chegou a moitos deles ultimamente.
Ten un carácter de fronteira bioclimática, de espacio de transcisión entre os rigores eurosiberianos dos montes do caurel, co predominio de fragas de caducifólios e a benignidade mediterránea do val do Sil, onde se poden atopar erbedeiras, loureiras, sobreiras, xaras e outras especies mediterráneas, o que da lugar a que se poidan catalogar mais de 800 especies (40 % da flora galega), con 52 endemismos (16 % do total), riqueza florística que adquire a máxima vistosidade nas devesas, formacións boscosas de carácter mixto en lugares moi costentos e húmidos, condicións nas que conviven especies como bidueiras, teixos, sobreiras, abeleiras, acivros,etc, sempre baixo a presenza de carballos e faias. Quizais a mais ampla e completa de tódalas devesas sexa a da Rogueira, o que contribuíu a apertura dunha aula da natureza. Pero podemos atopar outras devesas como a de Escrita, en Paderne, a de Romeor, Riocereixa, etc.
Quiroga queda en territoria mediterráneo. Posúe unha flora e unha vexetación que alcanza o óptimo nesta rexión e que manifesta adaptacións a un longo e seco verán. Teñen carácter mediterráneo incluso as fragas ribeiregas do Sil, con freixo, olmo, choupo, abruñeiro, etc.así como os salgueiros que hai na beira da auga. As fragas están dominadas pola aciñeira e as matogueiras son semellantes as existentes en zonas occidentais da península. O monte baixo é moi extenso é está dominado polos xarais, rico en prantas coma a propia xara, a lavanda, o tomiño salseiro, o ourizón, a sempreviva e a carqueixa. Moi frecuentes tamén, ainda que non tan extensos son os erbedeiros, onde habita xunto co érbedo a uz, a carpaza. Torvisco, labaza, xesta, ourego, rubia, etc.
Antigamente a castaña xogou un papel fundamental na alimentación humana ata o punto de que cada lugar posúe un souto. Ata hai 25 anos, a castaña era a base da alimentación en moitas aldeas do Caurel, e consumíase de moi variados xeitos; o caldo de castañas para almorzar, xantábanse castañas con touciño ou carne e a cea consistía en leite con castañas.
Na parroquia de Esperante localízase a cova de Campelo, lugar que cos 160 metros de fondura resulta ser o maior abismo dos que se coñecen en Galicia. Entre o monte Formigueiros e o Porto Mourelo, descendendo hacia A Seara, a formoxénese glaciaria posibilitou a formación da lagoa de Lucenza, arixinada por unha obturación de pedras arrastradas por un glaciar a uns 1.420 metros de altitude.



Puntos:
04-04-06 23:22 #210246 -> 185348
Por:cubilete

RE: quiroga e caurel
no te entiendo
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
ooooo caurel Por: No Registrado 21-07-10 23:52
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com