13-10-14 11:34 | #12278608 |
Por:No Registrado | |
5 mozas e un mozo forman parte do elenco de Sanluqueir@s deste ano 2014 Estes son os compoñentes do elenco de San Luqueir@s deste ano 2014. A máis veterana do grupo Fina Leiras, 70 anos, mestra xubilada, sinala que “é a primeira vez vai subir a carroza das San Lucas”, e asume este reto como unha “experiencia mais na miña vida, moi contenta e ilusionada de participar nas tradicións da miña cidade”. Ana López Iglesias, 49 anos, tamen é a primeira vez que vai de San Luqueira. “Estou encantada e ilusionada”. Ademais Ana participa acompañada da súa filla Maka López e os seus sobriños Merce, David e Noemi. Merce López López, 40 anos, participa por primeira vez como San Luqueira “por eso me fai mais ilusión aínda”. Neste caso Merce vai acompañada de seu fillo David , e con este xesto quere dar oportunidades á xente para que participen nestas festas e neste tipo de celebracións. “Si vou subida a carroza é porque a meu fillo faille ilusión, fago por él”. Maka López López, (filla de Ana), 25 anos. É a única das participantes que xa foi de San Luqueira cando era nena. Asegura que agora volve “para recordar vellos tempos e aventuras, e tamén porque vou acompañada da miña familia e faime moita ilusión, estou desexando que chegue o día”. David Veiga López (fillo de Merce), 11 anos. O único neno da carroza afirma estar “moi contento, sobre todo porque vou con miña mai, eso é o mellor que me podía pasar”. Noemi López Carracedo, 1 ano. A máis nova da carroza. | |
Puntos: |
13-10-14 14:41 | #12278806 -> 12278608 |
Por:No Registrado | |
RE: 5 mozas e un mozo forman parte do elenco de Sanluqueir@s deste ano 2014 Saúdos e grazas | |
Puntos: |
13-10-14 17:22 | #12278956 -> 12278806 |
Por:No Registrado | |
RE: 5 mozas e un mozo forman parte do elenco de Sanluqueir@s deste ano 2014 Ánimo os que fan algo por Mondoñedo. | |
Puntos: |
01-11-14 20:25 | #12306701 -> 12278956 |
Por:No Registrado | |
RE: 5 mozas e un mozo forman parte do elenco de Sanluqueir@s deste ano 2014 Sigue, trol, no te canses. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Presupuesto detallado del Ayuntamiento de Mondoñedo - 2014 Por: Foro-Ciudad.com | 30-06-15 17:49 Foro-Ciudad.com | 0 | |
Elecciones Europeas 2014 - Resultados electorales Mondoñedo Por: Foro-Ciudad.com | 26-05-14 02:38 Foro-Ciudad.com | 0 |