Foro- Ciudad.com

Centro Penitenciario de Lugo -monterroso - Lugo

Poblacion:
España > Lugo > Centro Penitenciario de Lugo -monterroso (Monterroso)
29-08-12 22:20 #10483047
Por:Iris Mateluna

IU avoga pola creación dunha empresa pública para soster o prezos do leite das pequenas explotacións
IU avoga pola creación dunha empresa pública para soster o prezos do leite das pequenas explotacións

noticiasgalicia.- Esquerda Unida avoga pola creación dunha empresa pública para soster os prezos do leite das pequenas explotacións. Semella inaceptable que o futuro de milleiros de labregas e labregos e das explotacións que artellan produtivamente e no social o rural deste país resten en mans dos especuladores.

A Xunta de Galicia, a nova Xunta que vai vir, terá que artellar esa ferramenta estratéxica de intervención, que salvagarde o futuro das explotacións deste país. A executiva nacional de Esquerda Unida lamenta as palabras do ministro Arias Cañete ante a Mesa do Sector Lácteo.

Esquerda Unida lamenta "o rosario de palabras sen feitos que o ministro Arias Cañete levou á Mesa do Sector Lácteo", na que rematou deixando as negociacións en mans da boa vontade dos grandes distribuidores cuxa maioría ten os seus intereses fóra de Galicia. Cómpre actuar e facelo xa e en favor dos nosos produtores. Non pode ser que a vida de milleiros de persoas quede ao arbitrio das empresas distribuidoras. Correspóndelle as administracións públicas intervir en auxilio dos produtores sancionando incluso as malas prácticas da distribución. Yolanda Díaz, coordinadora nacional e candidata á Xunta de Galicia, considera que "é estratéxico soster os prezos do leite para artellar social e territorialmente o país". A existencia dunha empresa pública é unha ferramenta estratéxica por canto terá como finalidade aliviar a situación de labregas e labregos que hoxendía traballan para ver como cobren custos e restan nas mans dos especuladores.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Un trabajador de una empresa de muebles muere atrapado por una prensadora en Artesa de Segre (Lleida) Por: Iris Mateluna 20-07-12 00:33
Iris Mateluna
0
Una ciudad alemana hace un parking para hombres "porque ellos aparcan mejor" Por: Iris Mateluna 11-07-12 07:56
Iris Mateluna
0
Marruecos espera "mejores días" para hablar con España de la soberanía de Ceuta y Melilla Por: Iris Mateluna 26-06-12 11:24
Iris Mateluna
0
En marcha el proceso para incrementar la plantilla de la Policía Autonómica Por: Iris Mateluna 16-06-12 07:15
Iris Mateluna
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:08/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com